Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 13 de marzo de 2019

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA



Un ano máis celébrase a Semana da prensa na escola e nós seguimos traballando as noticias que falan de superavós e superavoas. Ademais aproveitamos para coñecer máis xornais diferentes dos que habitualmente traballamos. Un deles chamounos a atención porque trae un especial de mulleres deportistas que destacan en fútbol, baloncesto, bádminton, remo...e todo tipo de deporte que poidades imaxinar. Algún aínda asocia fútbol con homes e quedou abraiado cando veu a fotografía da selección feminina de fútbol española chea de mulleres futbolistas.




Ningún comentario:

Publicar un comentario