Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 28 de febreiro de 2022

DÍAS DE ENTROIDO EN FAMILIA

 Estamos de Entroido e queremos compartir o que estamos facendo en familia e coa nosa alegría de sempre: disfrazarnos, cociñar e comer sobremesas típicas destas datas, xogar, debuxar... 

Sofía e a súa irmá Elisa disfrazadas. Que non
falten os puntiños e os lunares nin nos zapatos!

Mateo fixo un debuxo do cole!

Xulia e o seu disfrace de puntos de cores!
Totalmente Yayoizada!

Luciana e seu disfrace cheo de puntos co seu irmán
Juan tamén disfrazado. Festa rachada!

Na casa de Sofía son de chulas e de filloas de Entroido.
Entra fame só con miralas!


Atenea disfrazouse de Brancaneves e cociñou filloas
con mamá!

Sofía e o seu disfrace de Brancaneves cheo de 
flores!

Adriana vestida da serpe de Yayoi Kusama!





Mateo tamén se disfrazou!



Quen será este superheroe?



Martín, o seu irmán Rodrigo e a súa nai Lorena
disfrazados en familia



Alicia vestida de Yayoi Kusama!

xoves, 24 de febreiro de 2022

XOVES, VIMOS AO COLE EN PIXAMA

 

Ao cole en pixama!




E como viña moi a conto, limos 10 en la cama. Dez bebés disfrazados que están durmindo, rodan na cama e van caendo ao outro lado.






mércores, 23 de febreiro de 2022

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

 Este ano celébrase por primeira vez o Día de Rosalía o 23 de febreiro e non o 24 como se viña facendo ata agora. O motivo: a aparición de documentación que certifica que a data de nacemento real de Rosalía de Castro foi un 23 de febreiro.

Vimos o vídeo dos Bolechas que conta a historia do libro As miñas primeiras Letras Galegas. Rosalía de Castro. Podedes velo outra vez picando na imaxe. E no libro Cantares Gallegos buscamos os poemas aos que fan referencia na historia e límolos.




Coa profe Olalla fixemos un retrato de Rosalía con estampacións e collage e hoxe decorámolo con elementos naturais do noso patio: pétalos de camelias, follas, pauciños...
Feliz Día de Rosalía!




























MÉRCORES, A SAIA DA CAROLINA

 



Bailamos A saia da Carolina con Uxía Lambona? Picade aquí para ver o vídeo.




Poñemos a saia da Carolina en familia tamén!







NICOLÁS, REI COMEFROITAS!

 Nico xa ten a súa coroa de Comefroitas do mes de Febreiro. Parabéns, mociño!




martes, 22 de febreiro de 2022

MARTES, ALGO NA CABEZA

 


Cantos contos de Entroido na biblioteca! Limos Grisela e Carnaval en el zoo.


Canta variedade! Flores, orellas, gorros... Viva o Entroido!





Tamén en familia! Moitas grazas a todas por compartir as vosas fotos!







luns, 21 de febreiro de 2022

LUNS, UNLLAS DE COLORES!

 



Ademais de traelas ao cole, houbo quen se animou a mandar unha foto en familia! Vivan as unllas de colores nas mans de pequenos, medianos e maiores!





ALEXANDRE REI COMEFROITAS

 Parabéns, Alexandre! Xa tes a túa coroa de Rei Comefroitas do mes de febreiro!





sábado, 19 de febreiro de 2022

CHEGAN AS ORDES DO MECO!

 Entramos na semana de Entroido e o Meco manda! As ordes NON son acumulativas. O luns unllas pintadas: dunha soa cor, de cores, con debuxos... O martes algo na cabeza: un peinado de Entroido, unha perruca, antenas, cintas, orellas, sombreiros, coroas...O mércores poñemos a saia da Carolina: traemos un vestido, unha saia, un tutú, unha túnica... O xoves vimos directamente da cama co pixama e se temos frío, traemos tamén a bata! E o venres festa rachada: traemos o noso disfrace homenaxeando o mundo de puntos infinitos da artista Yayoi Kusama.

Animádevos a participar en familia: facede unha foto antes de saír da casa e mandádea ao noso correo electrónico para compartila!









RODRIGO REI COMEFROITAS

 Rodrigo completou o Comefroitas do mes de febreiro e xa ten a súa coroa. Parabéns, Rodrigo!



xoves, 17 de febreiro de 2022

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2022




As tardes dos luns 7, 14 e 21 de febreiro faremos as xornadas de portas abertas no CRA de Ribadumia. Se queredes coñecer as nosas escolas, solicitar información ou resolver calquera dúbida, contactade con nós e solicitade cita previa no teléfono: 666410195 (de luns a venres de 9-14 horas e luns de 16 a 18 horas) ou no correo electrónico: cra.ribadumia@edu.xunta.es.

Pica aquí para facer unha visita virtual polas escolas do CRA



A CANLE DE SUEZ E EXIPTO





 Atopamos a Phileas Fogg camiño da India e atravesando a Canle de Suez. Unha canle que aforrou tempo de viaxe aos barcos que a transitan diariamente cargados con mercadorías de todo tipo. Soubemos que hai case un ano o barco EVERGREEN quedou encaixado na canle de Suez. Formouse un caos que durou días ata que o barco foi reconducido e o paso liberado.

E xa que andamos por Exipto, visitamos as coñecidas pirámides de Guiza. Falamos de momias, labirintos, faraóns e tesouros. E tamén de xeroglíficos. Probamos a escribir o noso nome con este tipo de escritura e despois eliximos unha palabra que nos gustase para engadir no noso caderno de Coleccionistas de palabras. Palabras longas, nomes de amigas, dinosaurios...








Facendo unha pirámide