Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 31 de xaneiro de 2020

CANTAS FROITAS!

Remata o mes de xaneiro e moitos Comefroitas xa teñen todos os selos, comeron máis de catro froitas diferentes e gañaron a pegatina multifroita. Parabéns!


martes, 28 de xaneiro de 2020

A POMBA DA PAZ

A pomba da Paz foi visitar o veterinario. Que difícil é manter a Paz no mundo! Nós imos axudala converténdonos nos seus axudantes O 30 de xaneiro lembramos que para axudar a pomba da Paz temos que traballar todos os días do ano. Un libro sinxeliño pero que nos deu moito que pensar...





Coas nosas mans convertidas en pombas, mandamos as nosas mensaxes de Paz para a Terra, o planeta no que vivimos e convivimos.










E se aínda non sabedes que é a Paz, picade na imaxe e veredes onde podemos atopala.







venres, 24 de xaneiro de 2020

VIVAN LAS UÑAS DE COLORES!


Sabedes por que Juan pinta as uñas de colores? Pois porque lle gusta. Así de simple. E a nós tamén! Cos pintauñas pintamos no papel e as nosas uñas puxémolas postizas con plastilina. Vivan as uñas de cores!





xoves, 23 de xaneiro de 2020

DANA REMATA O SEGUNDO ÁLBUM DE BOCATAS DE PEIXE!


Comezou o 14 de maio de 2019 cun bocata de sardiñas e despois de moito poñerlle as pilas aos seus bocatas e mesmo á empanada de atún da súa avoa, o 21 de xaneiro de 2020 rematou o seu segundo álbum! Parabéns, Dana,  Capitá Arroaz!

UN FOGAR PARA OS CANCIÑOS




xoves, 16 de xaneiro de 2020

XOGAR A PENSAR CON JUANITA

Juanita veu visitarnos e, coma sempre, traía algo para compartir: unha foto que fixo nunha das súas últimas viaxes.
Quería que a axudásemos a saber que era o que aparecía na foto e que opinábamos nós. 
Despois de darlle a benvida e das presentacións, revisamos as normas para xogar a pensar e comezamos a sesión.




Juanita foi de viaxe e fixo unha foto que quere compartir con nós. Que vos parece que é?
Lí: Unha estatua!
J: No podemos escalarla porque nos matamos!
Di: Porque está en el medio del agua!
C: Y si hay tiburones nos muerden el culo.
X: Es una pistola de agua
Man: Una estatua de pistola
Ali: Una pistola de agua al suelo
Di: Un cordel que está enganchado por la pistola. Yo creo que es una pistola.
Mat: Es una pistola que ten un botón para disparar e sae toda a auga e se colle a auga e se tira ao mar
Ale: Es una pistola de tiburones
Onde ves os tiburóns?
Ale: En ningún lado.
Entón por que che parece que é de tiburóns?
Ale: Porque yo no veo el agua debajo del mar
Man: Yo sí que veo el agua, está allí
J: Yo sí que veo un reflejo
Man: veo basura na agua
Mar: Yo tengo una pistola de juguete y esa parte de abajo me suena. Así que debe de ser una pistola. Ahí tiene una cuerda gorda. Arriba.
E para que servirá?
Mar: No sé. Para no hacer daño a los humanos.
J: Está doblada así un poco para arriba
Mar: Será para hacer cohetes, o algo así.
C: Es una pistola, una estatua de una pistola
J: Yo creo que es una estatua de una pistola.
Lí: Eu creo que debe ser para disparar as nubes, porque como está para arriba…
J: Si disparara a las nubes, le caería aquí
Ale: Pero si dispara a las nubes, cae agua.
Lí: Las nubes son vapor, eh?
Para que serve unha pistola?
Man: Para disparar
Varios: Para matar!
X: Para lanzar agua a los malos que roban cosas
Ali: Para botar agua en el jardín si está mollado
Di: Para disparar
Mat: ten un botón para que se dispare e se bota agua ao mar e sale toda a auga: chusss
Ale: No sé
Lí: para matar
Para matar a quen?
Lí: a xente
Ale: como los ladrones
Mar: Para disparar a los animales malos
Que animal malo hai?
Mar: el T-rex
Existe el T-rex?
Mar: no
J: Hace ya que murieron
Mar: Sí, pero a los cocodrilos, que viven en el agua y aún siguen vivos.
E ti cres que hai que dispararlles aos crocodilos?
Mar: Sí, porque algunos son malos.
Ale: Sí, porque son malos y comen
Lí: Eu se fora a unha selva e vira un cocodrilo non o mataría, solo correría e xa está.
C: Para matar a los ladrones
Ti viches algunha vez que mataran un ladrón?
C: una vez papi vio una película de ladrones y matan a los ladrones.
E quen leva as pistolas?
C: los policías
J: Para disparar
Quen leva pistola?
Mar: cazadores
Lí: Policía
J: Policía
Di: Ladrones
Man: vaqueros.
J: yo creo que los vaqueros no usan pistolas, solo usan cuerdas
Lí: Por que ten unha corda?
J: eso parece como una cuerda de metal
Lí: ten como algo así
Di: está tan gorda…
J: Ah, no! No es una cuerda, porque son más largas.
Man: Hay basura, el agua está sucia
J: sí, eso también lo veo yo
Mar: es una cuerda que está cortada.
J: Es una estatua como con una cuerda corta de metal.
Achegádevos un pouco para mirar mellor.
Di: se parece a una pistola.
X: Lo veo! Es una pistola en el agua!
Man: lo sabía, era basura!
C: la basura está en el suelo
Lí: ten algo de metal na corda
Man: ahhhh, sabes para que é a corda? Para que non caia o cacho!
J: Seguro que estaba rota y le pusieron la cuerda para que no se cayera al agua. Y no salpica tanto.
Pensades que esa pistola funciona?
Todos: noooo
J: Porque es una estatua.
X: sí que funciona!
E que dispara?
X: juguetes
J: un misil
C: No sé
Mar: flechas
Lí: balas
Ale: bolas de fuego
Mat: Un triángulo e mata o sol e as nubes e a lúa
Ali: un teléfono
J: es imposible!
Man: Como va a disparar un teléfono una pistola? Flechas!
As pistolas de verdade que disparan?
J: Fuego
Lí: balas
Se alguén dispara unha bala, que quere facer?
Lí: matar
Mar: una flecha mata, también.
Lí: a Juanita seguro que non lle gusta
Man: si mata un ladrón, vale
Lí: pero se mata unha persoa inocente, non
Un ladrón é unha persoa?
Lí: si
J: no. Sí, pero es mala.
Entón as persoas que se portan mal, matámolas
Di: sí. O si no la policía.
X: la policía los lleva y los encierran en su guarida
Pensades que cando a policía atopa un ladrón, o primeiro que fai é matalo?
Varios: sí
Lí: non, matalo non! Colle as esposas y o encarcela. Méteno nunha cárcel para que non escape.
J: para eso tiene una llave y una cosa así para que se encierren y no escapen.
Lí: Logo cando lles promete aos policías que non vai facer nigún mal nunca máis, xa o solta.
Varios pensades que cando unha persoa se porta mal, hai que matala. Entón, cando vós vos portades mal, tamén?
Todos: nooooon
Lí: nos castigan!
J: a los niños no!
X: si alguien está malito, de comer la parte de delante de un peixe y  las espinas, después vas a la cárcel.
J: dirás al hospital!
Lí: se eu teño unha espiña na lingua, sácoa
X: y después llamamos a la ambulancia y los curan allí y después van al médico.
Juanita díxome que esta escultura ten que ver algo coa paz.
Lí: unha pistola!?? Eu creo que unha pistola… para o día da paz?? A mí me parece más raro que nunca. Lo que me faltaba por ver! Muy raro…
Vós sabedes o que é a paz?
Lí: Portarse ben
J: un día para estar tranquilos
Mar: La paz no tiene pistolas
Lí: A paz é portarse ben e querer os pais
Ale: No sé
Mat: Cando se cae e se leva ao médico
Di: lo de la Navidad, la gente que está…lo de los angelitos.
Ali: no sé
X: es dejar a alguien tranquilo si está jugando a otro juego.
Man: Saludar.
Juanita díxome que lle contaron que o que ten a pistola na parte de diante é un nudo.
J: queeee? pero como? Ay mi madre!
Sabedes o que é un nudo?
Lí: enredar un cordón
Di: como el de Lía!
Por que lle puxeron un nudo na punta?
Mar: se rompería?
Que lle pasaría a unha pistola se lle facemos un nudo na punta?
J: se rompe!
Lí: no dispara
J: cuando disparas, no te dispara y se rompe
E se non dispara e se rompe, que pasa con esa pistola?
Lí: No tenemos!
Entón por que pensades que ten algo que ver coa paz?
Lí: Porque non dispara! E porque a paz non é para matar!
Seguro que o escultor elixiu algo moi malo como unha pistola e pensou: que podo facerlle para que non mate?
Lí e J: un nudo na punta!
X: porque así no puede salir
Lí: e rompe
Para rematar imos pensar onde pensades vós que estará esta escultura
Man: Cambados
X: en la Villa de Elisa
Ali: en Vilagarcía
Mat: onde está a piscina de Coco
Lí: en Asturias
J: en Asturias no está seguro, que yo nunca la vi
Ale: en Santa Comba
C: En Barcelona
Mar: En Cambados
J: En Vilanova.
Imos mirar onde está: queredes sabelo?
Todos: siiiiii
Miramos no mapamundi e descubrimos que a escultura está en Malmö, unha cidade de Suecia.
Rematamos a sesión dicíndolle a Juanita se nos gustou o que nos trouxo. Moitas grazas, Juanita! Ata a próxima visita!





mércores, 15 de xaneiro de 2020

CONTACONTOS SORPRESA

Hoxe viñeron visitarnos Alba, Breixo e Lucía. Os tres xa están en Primaria e como non tiñan cole pasaron pola súa antiga escoliña de infantil para facernos un contacontos. Alba trouxo historias de dragóns, con Breixo lembramos o conto de Lúa e Lucía contounos La ovejita que vino a cenar. Moitísimas grazas por vir e compartir con nós o voso día libre. Encantounos a vosa visita!


venres, 10 de xaneiro de 2020

COMEFROITAS

Hoxe viñeron visitarnos os trasnos Comefroitas e deixáronnos unha carta, un conto e o segredo que teñen eles para estar fortes e sans. A que non imaxinades cal é? Pois si! Comer froita! No 2020, ademais de continuar poñéndolle as pilas ao noso bocata cos Arroases, imos ser uns Comefroitas de primeira. Na mochila levamos unha nota explicativa para as nosas familias e un cartel coas froitas de tempada do mes de xaneiro a modo de suxestión. En marcha, Comefroitas!





mércores, 8 de xaneiro de 2020

FELIZ 2020!

Voltamos ao cole e cambiamos de mes, de estación, de ano... Cantos cambios! Tiñamos moito que contar das vacacións. E ademais o Apalpador veu visitar a nosa escola e deixounos xoguetes de madeira para compartir. Comezamos o segundo trimestre de curso con moita enerxía. Feliz 2020!