Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 26 de novembro de 2014

ARMOUSE O BELÉN!


Un ano máis o Concello de Ribadumia convocounos a participar no Concurso de Postais de Nadal. Aquí vos deixamos as nosas obras de arte. 







martes, 25 de novembro de 2014

ARTURO Y CLEMENTINA




Hoxe, día internacional contra a violencia de xénero, limos na biblioteca de Leiro o conto Arturo y Clementina. Xa na cuberta do conto tivemos moito que comentar porque houbo alguén que dixo que había unha "chica", a das flores, e un "chico", o do reloxo. E logo as chicas non levan reloxo?, preguntou a profe. Pensamos, e moitas mamás e avoas si tiñan reloxo. E os chicos non levan flores? Falamos, e Toni concluiu que se lle gustaban, claro que podían.
Despois da lectura do conto, a profe preguntounos se nos gustara e dixemos que si. Pero ante a pregunta: E que vos pareceu Arturo?...
-Mal
-Moi mal
Por que?
-Porque lle berra a Clementina sempre
-E rise dela
-E ponlle moitas cousas atadas e non se pode mover
-E non lle deixa tocar a flauta
-Nin pintar
-Eso no se hace
E que fixo Clementina?
-Marchou

Pois si, Clementina marchou para poder vivir unha nova vida, unha vida libre e feliz. E nós fixemos un debuxo do conto e os nosos debuxos enchéronse de flautas e de pinturas de cores para que todas as Clementinas do mundo saiban que poden saír adiante se marchan e que unha nova vida estalles agardando.



Quedámonos tamén coa imaxe da Campaña da Cruz Vermella deste ano, que pretende concienciar á mocidade contra a violencia de xénero: Conecta os sentidos, non todo é amor. E cun número de teléfono: 016







NARIZ DE OURO






—Eduardiño vai xirar a cabeza! 
—Corpo a terra! –berraban os nenos 
mentres se agachaban.


O protagonista de Nariz de ouro é un neno moi serio ao que non lle chistaba que lle chamasen Eduardiño, nin sequera Edu. Pero, por suposto, na escola todos, todos lle chamaban Eduardiño e ademais ríanse do seu nariz.

Vivir cun nariz enorme polo que tes que pagar dous asentos no autobús non é nada sinxelo, pero Eduardo conta co apoio incondicional da súa nai que todas as noites lle le O patiño feo.

Como é un neno espelido, Eduardiño xa sabe que ao final do conto o pato se transforma en cisne. Pero, a quen lle importa non ser un cisne? Que hai de malo en ser un pato?




xoves, 20 de novembro de 2014

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Os dereitos dos nenos e nenas na nosa biblioteca



O 20 de novembro, xa desde hai 25 anos, celébrase o Día universal da infancia. Este curso centrámonos no dereito de todos os nenos e nenas a ter un nome. Un nome que nos di quen somos e que serve para que tamén os demais nos identifiquen. Un nome que nos puxeron ao nacer as nosas familias, que nos queren e se preocupan de que teñamos alimento, unha vivenda, xoguetes, de que vaiamos á escola... e  de que teñamos todas as nosas necesidades cubertas. Non debemos esquecer que hai moitos nenos e nenas que non teñen esta sorte e debemos aprender a valorar que nós si a temos.

Unha lenda da Selva Amazónica, a do paxaro Chicua, serviunos para saber a importancia de saber os nomes, neste caso o das aves que habitan na Selva Amazónica. Sabedes que os nenos e nenas da tribu dos ticuna sábenos todos?

 Artigo de LA VOZ DE GALICIA
Pica na foto para acceder ao artigo da Voz de Galicia





mércores, 19 de novembro de 2014

VIRA, VIRA, MOE, MOE COMO A PEDRA DO MUÍÑO...



E vaia se viramos! Xogando á roda con esta canción ao dicir "millo" había que sentar no chan. O que sentase de último tiña que saír da roda e sentar no medio (a ver se a profe fai unha foto para a seguinte vez, que desta esqueceuse). Despois collimos os cartóns de leite e comezamos a pensar como imos facer para construír o noso... xa o veredes!




PROBAMOS OS ANACARDIOS

Hoxe Adrián trouxo unha bolsiña con anacardios e deunos a probar a todos os que quixemos. Toni dixo que a el lle sabían igual que os cacahuetes. A algún non lle gustou nadiña e a outros encantoulles. Xa podemos dicir que probamos unha froita da Selva Amazónica. Moitas grazas a Adri e á súa familia!!



xoves, 13 de novembro de 2014

XLSEMANAL: LA DESPENSA DEL AMAZONAS


A mamá de Rodrigo gardounos un artigo moi interesante onde fala dunha chea de froitas que se poden atopar no Amazonas. Estivemos lendo o nome e as características de cada unha e despois eliximos as 3 que máis nos gustaron. 
O Jambu nace nunha árbore que ten unhas follas que alivian a dor de moas, Os indíxenas empregan as sementes do Achiote para facer un colorante co que pintar o corpo. A froita do Ayamanchana é o caramelo dos nenos e nenas do Amazonas. Coa Priprioca fanse perfumes. E o Anacardo quedamos en que tiñamos que probalo, que seica o venden no "súper" pero moitos non o coñecemos. Todas estas e moitas máis froitas podemos atopar na despensa do Amazonas.






mércores, 12 de novembro de 2014

JUANITA TRAENOS UN PROBLEMA

Pois si, apareceu Juanita! Xa había tempo que nos andaba na cabeza onde andaría. E por fin veu de visita. Que nos traería desta volta? Saudámola, apertámola e presentámosllela aos nenos de 3 anos, que non a coñecían. Despois miramos na bolsa e... había un papel cun debuxo e un texto.


Diana: Estaba xogando na area e sen darse conta tiralo e enterralo.
P: Entón como podemos solucionar este problema?
Diana: Pois cavando…
Oliver:…un agujero grandísimo
P: A ver, outra solución
Rodrigo: Por lo menos empujó con la espalda la arena y lo enterró
P: O zapato, está enterrado?
Rodrigo: Sí
P: Entón que podemos facer?
Rodrigo: Pues coge una pala y cava y se lo encuentra y se lo pone
Diana: Y se lo ata también
Iria: A lo mejor estaba jugando y lo puso en la arena e hizo un agujero hasta el fondo y después lo enterró o puede encontrarlo porque hay mucha arena y puede encontrarlo en un agujero
Rodrigo: Sí porque como cuando lo tapamos pues está muy plana y se pone más abajo
P: Wences, como podías solucionar o problema? Como axudarías ti a Paquito?
Wences: Yo haría un “burato” muy grande y lo buscaría enterrado en la arena.
P: Todos pensades que está na area?
Toni: Ha saltado y se le ha perdido el zapato
P: Al saltar?
Toni: Sí
P: Entonces dónde estará?
Toni: Enterrado en un agujero. Seguro que saltó en un agujero y lo enterró.
P: Hugo, como axudarías ti a Paquito?
Hugo: Se lo quitó por aquí y lo enterró en la arena
P: Ti que dis, Lara?
Lara: A lo mejor al correr se le perdió debajo del tobogán
Oliver: Y si está sucio, el zapato? Yo era ese que perdió el zapato ese.
P: Entonces si encontramos el zapato de Paquito y está muy sucio?
Rodrigo: Lo tenemos que limpiar
Hugo: Y después se lo pone
P: E ti que dis, Adri?
Adri: Ao mellor foi xogar á casita e quedou escondido na casita
Rodrigo: Sí, en la arena, que hizo un “buraco” y le quedó allí
Iria: Ou está na casiña do perrito escondidito
Adri: Aquí non hai ningún perrito ni casas de perros
Lucía: Ao mellor está debaixo do columpio ou debaixo da ruleta que xira.
Rodrigo: A lo mejor Paquito estaba allí girando y se cayó y se le quitó el zapato
Adri: Ou debaixo do árbol dos pinchos
P: E que facía alí Paquito?
Rodrigo: Subía
P: Agora imos imaxinar que todo o mundo se pon a buscar o zapato e o zapato non aparece. Paquito só ten un zapato e ten que marchar para dentro do cole e ten que marchar para a súa casa. Que pode facer?
Varios: Mirar debaixo da alfombra, mirar debaixo da mesa…
P: Pero o zapato non aparece. Xa buscamos por todos os lados e non aparece. E el só ten un zapato. Que podemos facer?
Toni: Está debajo de la silla
P: Pero o zapato non aparece por ningures. Que pode facer Paquito? Como marcha para casa?
Lucía: Saltando a la pata coja
Lara: Ou vai a nai dentro do cole e o colle no cole e o mete no coche.
Adri: Ao mellor mete o coche dentro da escuela
Iria: Ou está debaixo das muñecas
Adri: Ao mellor está dentro do couso das joyas.
Iria: Tengo una idea! Y si está en la mano y no se da cuenta?
Adri: Ou ao mellor o ten no pé e non se dou conta
P: A ver, imos mirar o debuxo que nos mandou Juanita…
Iria: Pero que no está, Adri!
Iria: Está a la pata coja!
P: Ten o zapato?
Todos: Noooon
Rodrigo: Ten o pé
P: Entón para rematar ímoslle dicir a Juanita que podemos facer para axudar a Paquito
Lucía: No salón
Lara: Na cociña, no baño
Lucía: No salón da casa
P: Pero está na casa, Paquito?
Todos: Nooon. Está no cole!
Rodrigo: A lo mejor se lo dejó en el baño
Lara: A lo mejor al acabar la ficha se le desató y se le cayó y está debajo de la mesa
Iria: O a lo mejor se descalzó en el cole y se puso un zapato y otro no.
Lara: Ao mellor ao quitar as areas quedoulle fóra
Nerea: O podía estar debajo de la casita
Wences: A lo mejor está en la cocinita de juguete y en el horno
Lara: En el cajón de la profe.
P: E como podemos axudalo para que non vaia descalzo?
P: Imos imaxinar que non é Paquito, que é Lara, a que perde o zapato no cole e anda co pé descalzo e buscamos o zapato por todos os sitios e non aparece. Que podemos facer?
Lara non quere estar descalza e quere que a axudemos. Dicímoslle: Lara, non aparece, tes que ir descalza?
Rodrigo: Noooo, tenemos que encontrarlo!
P: Temos que buscar unha solución. Se non aparece o zapato que podemos facer?
Adri: Comprar un
Iria: Comprar un que sexa igual
Hugo: Comprar un zapato
Nerea: Comprar dos zapatos diferentes
Lara: Comprar unos zapatos de tacón
P: E aquí temos unha tenda?
Todos: Noooon
P: E podemos saír do cole para mercar un zapato?
Todos: Noooon
P: Onde ten Lara máis zapatos?
Rodrigo: Na casa!
Iria: Podemos buscarlos en casa y ponerlos
Wences: Llamamos a su mami y que le traiga otros zapatos y ponerlos


Paquito e a profe no patio da escola. Paquito cun pé descalzo, coa pa e o caldeiro nas mans de camiño ao areeiro, onde está soterrado o seu zapato.


 (Texto e debuxos tirados do libro: Cómo estimular el desarrollo del pensamiento creativo. Mario G.Rodríguez Mosquera, Blanca N. González García)


martes, 11 de novembro de 2014

NOVEMBRO E A TRADICIÓN ORAL



Novembro sempre o adicamos a comezar o traballo de tradición oral que pode estenderse mesmo ata final de curso se nos dá moito xogo. Este ano comezamos cunha adiviña que nos deu moito que pensar:

Anda e non ten pés,
come e non ten boca;
canta comida lle des,
toda lle parece pouca.

Dixemos unha serpe, os zapatos, un crocodilo, un gato... pero non eran, non. A resposta a esta adiviña daranos pé a comezar o noso proxecto de tradición oral. Mañán dicímosvos de que se trata.






CHOVEN CONTOS!....SAE E MÓLLATE!!








Por fin rematamos o noso mural para a biblioteca de Leiro. Con tanta choiva que está caendo estes días, puxemos a funcionar o maxín e pensamos que sería moi divertido que choveran contos. Contos divertidos, contos de medo, contos que aloumiñan... Que chovan contos!!!!


luns, 3 de novembro de 2014

CANTOS MORCEGOS!!

Morcegos saíndo de noite


A profe atopou na casa unha caixa chea de fichas de animais e buscando, buscando...atopou nada máis e nada menos que 9 fichas de morcegos diferentes!! O vampiro, o raposo voador, o morcego orellas de rato... Uns son insectívoros, outros frugívoros e o vampiro, que habita na Selva Amazónica, aliméntase de sangue de galiñas e outras aves. Lendo soubemos que os morcegos viven en colonias (non as que temos na casa e botamos para arrecender, como pensaban algúns!) que significa que viven en grupos e todos xuntos. E que posúen un "radar" que lles permite cazar e orientarse. Seguiremos investigando...




COMO MEDRARON OS PERIQUITOS DE IRIA!

Lembrades os periquitos que Iria e a súa nai nos trouxeron hai quince días? Mirade canto medraron! Xa non distinguimos cales son os pais e cales os fillos!