Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 29 de abril de 2022

OS MAIOS

 Celebramos os Maios cun día de sol precioso e a música dos gaiteiros que nos mandou a ANPA do CRA de Ribadumia. Fixemos adobíos florais para o cabelo, vestimos o Maio en grupo, cantamos, bailamos...Benvido, Maio!























mércores, 27 de abril de 2022

martes, 26 de abril de 2022

PREPARANDO OS MAIOS

 


Lembrades a canción para cantarlle ao maio? Hoxe estivemos ensaiándoa e despois xogamos cos paus. Cantas construccións!










CH DE CHINA

 



Hoxe na biblioteca limos o libro Ch de China, co que aprendimos unha chea de vocabulario relacionado con este país. Despois xogamos ao bingo chinés!




venres, 22 de abril de 2022

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

Para celebrar o Día do Libro levamos para á casa un marcapáxinas de Zapatocas, a mascota da nosa biblioteca, e un contiño sorpresa co que nos agasallou a ANPA do CRA de Ribadumia. Moitísimas grazas!




Luciana e Juan cos libriños sorpresa!









ARTISTEANDO

 


DESCUBRINDO A CHINA

 

Estivemos aprendendo algo máis sobre os pandas xigantes que viven na China. Sabedes que se alimentan de bambú e que cando nacen non teñen pelo e miden  tan só 15 centímetros?





xoves, 21 de abril de 2022

GUÍA DE LECTURAS PARA DAR A VOLTA AO MUNDO

 Na Semana do Libro, Zapatocas e o seu equipo de biblioteca presentan a GUÍA DE LECTURAS PARA DAR A VOLTA AO MUNDO. Unha chea de libros que podedes atopar na nosa biblioteca e que tedes á vosa disposición para consultar ou levar en empréstito. 






martes, 19 de abril de 2022

SEMANA DO LIBRO 2022

 O vindeiro sábado 23 de abril é o Día do Libro e nós temos varias sorpresas preparadas para celebralo. A primeira delas foi transformarnos nos protagonistas dos contos que temos na biblioteca. Buscamos as ilustracións e as portadas que máis nos gustaban, fomos facendo probas e...tachááááán!