Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 24 de xuño de 2016

IDEAS PARA AS VACACIÓNS DE VERÁN

Aquí tedes varias ideas para fomentar a lectoescritura no verán: escribir postais a familiares e amigos, facer a lista da compra e escribir un caderno das cousas chulas que imos facendo nas vacacións (viaxar, ir á praia, ler libros, comer xeados, descubrir un sitio novo, facer novos amigos, ir de campamento, montar en bici...). Déixovos os enlaces onde aparecen todas estas ideas máis desenvolvidas. Picade nas fotos e animádevos a facelas cos vosos fillos!

Trastadas de Mamá

Club Peques Lectores



mércores, 22 de xuño de 2016

FESTA DE FIN DE CURSO 2015-16

Hoxe celebramos a festa de fin de curso no pavillón de Sisán. Xogamos e bailamos baixo a atenta das nosas fans máis incondicionais: as nosas familias. Un día de festa para celebrar que acabamos un curso máis e que chegou a hora de disfrutar do verán. Vémonos en setembro!!













martes, 21 de xuño de 2016

GRADUADOS EN EDUCACIÓN INFANTIL 2013-2016 AULA DE RIBADUMIA B


Acábase un novo curso e con el acaban a súa etapa de Educación Infantil os nenos e nenas que comezaron no CRA aló polo curso 2013-2014, con só 3 aniños, algunha mesmo con 2. Agora son mozos e mozas maiores que pasan para Primaria. Desde aquí a  profe e os seus compañeiros desexámoslles moita sorte na súa nova etapa educativa, que a comecen con moitas ganas e non se esquezan de nós. Xa sabedes que podedes continuar seguindo as nosas aventuras do cole no blog e vir visitarnos cando queirades, estaremos desexando recibirvos e enchervos de bicos e apertas. Este sempre será o voso cole!


LUCÍA

RODRIGO

DIANA

OLIVER




ZAPATOCAS REVISTA ESCOLAR Nº 15

E xa van 15 edicións da nosa revista escolar Zapatocas! Hoxe levámola para as nosas casas xunto con todos os traballos realizados ao longo do terceiro trimestre. Agardamos que vos guste e disfrutedes moito léndoa en familia.


CUMPLES DE VERÁN






luns, 20 de xuño de 2016

O NOSO ALCUME MARÍTIMO NUN CHAVEIRO

Lembrades a proposta que se fixo desde o Equipo de Normalización para procurármonos un alcume marítimo? Pois grazas ao plástico máxico fixemos un chaveiro co noso nome, o noso alcume e o seu debuxo, que levamos hoxe para á casa na cremalleira da nosa mochila. A que quedou chulo?



domingo, 19 de xuño de 2016

AVISO IMPORTANTE: ÁBRESE O PERÍODO DE MATRÍCULACIÓN!




Do 20 ao 30 de xuño está aberto o prazo para formalizar a matrícula nos centros de Primaria nos que están admitidos os nenos e nenas de cinco anos que rematan Educación Infantil. Non esquezades pasar pola secretaría do centro de Primaria e pedir o formulario de matrícula. 

Tamén teñen que matricularse aqueles nenos e nenas que comezan o vindeiro curso no noso CRA e que aparecen na lista de admitidos. Nas diferentes escolas podedes pedir os formularios e despois entregar toda a documentación en Leiro.

mércores, 8 de xuño de 2016

PIRÁMIDE ALIMENTICIA

Falando de alimentarse ben, traballamos na aula a Pirámide alimenticia e a importancia de comer de xeito equilibrado e facer deporte. Nada de encherse de chuches e como mínimo hai que beber 8 vasos de auga ao día (pica no enlace e mira o vídeo)
Neste enlace podedes ler un artículo e ver un vídeo no que falan do "prato nutricional", que representa unha comida principal e a proporción de proteínas, verduras ou hidratos de carbono hai que comer.



P DE PIRINEO

No Pirineo aragonés atopamos dous dos picos de máis de 3000 metros que hai en España: Monte Perdido e Aneto. Outro xa o coñecíamos: o Teide, en Tenerife. E en Andalucía atópanse os outros dous: La Veleta e Mulhacén.

COÑECEMOS MÁIS OBRAS DE FRANCISCO DE GOYA








TEMOS UN XOGO NOVO: O TANGRAM

Non era tan doado como parecía, pero ao final saíron as figuras!


xoves, 2 de xuño de 2016

CONVIVENCIA CRA-CPI 2016

Un ano máis fomos ao CPI Julia Becerra Malvar cos nenos e nenas do CRA que o vindeiro curso comezan a Educación Primaria. Alí xuntámonos cos de 5 anos, que serán os nosos compañeiros o ano que vén. Unha xornada para coñecernos un pouco mellor e compartir vivenzas. Moitas emocións neste día véspera da Festa do Tinto. 












mércores, 1 de xuño de 2016

HOXE VISÍTANOS O AVÓ DE RODRIGO, UN DESEÑADOR GRÁFICO





A iso da hora do recreo veunos visitar o avó de Rodrigo S. José foi o que agora se chama deseñador gráfico e traballou nunha imprenta facendo moitos dos libros que temos na nosa biblioteca.  Para facer un libro hai que pensar primeiro un texto e escribilo, facer as ilustracións axeitadas ao texto e despois aínda queda montalo. José falounos de como agora existen unha chea de máquinas que aforran tempo e traballo: impresoras xigantes que imprimen moitas páxinas xuntas, pregadoras que pregan ese papel que mide 1 metro por 70 centímetros e o preparan para cortar coa guillotina, máquinas que cosen as páxinas e encolan para pegar no lombo... Tamén nos dixo que todas as cores que aparecen nun libro fanse só con 4: maxenta, amarelo, azul e negro, que cómpre mesturar para conseguir as outras.
Tamén houbo tempo para debuxar. A José, igual que ao noso compañeiro Rodrigo S., encántalles debuxar e pasan moitas tardes facendo debuxos xuntos. José díxonos que a debuxar apréndese debuxando cousas, moitas cousas, cousas que che gustan, comezando por algo sinxelo e mellorando coa práctica. Despois fixemos un xogo: un voluntario facía unhas raias, unha borracha, unhas liñas... e José convertíaas nun debuxo. Mirade nas fotos cantas cousas bonitas saíron! 
José agasallounos con dous libros para a escola e un caderno para cada un de nós, un caderno de artista, onde poder debuxar todo aquelo que se nos ocurra. A visita finalizou con aplausos e unha merenda fóra (aproveitando que o tempo fai honra ao refrán do día de hoxe: Cielo de junio, despejado como ninguno) na que non deixamos nin unha miga das magdalenas que trouxo a nai de Rodrigo S.
Moitísimas grazas ao avó Otero pola visita e por todo o que aprendimos hoxe con el. Foi unha mañá moi especial!