Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 28 de febreiro de 2018

ESTAMPACIÓNS


XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2018



Un ano máis abrimos as portas das escolas do CRA de Ribadumia para as familias con nenos e nenas que comezan o segundo ciclo de Educación Infantil o vindeiro mes de setembro. Comezamos coñecendo a escola na que queremos matricularnos e rematamos a xornada cun contacontos na Sede do CRA, en Leiro. Benvid@s ao voso cole!

A lebre e a tartaruga



xoves, 22 de febreiro de 2018

EU TEÑO UNHA HABILIDADE QUE SE ME DÁ MOI BEN

Hai veces que Draco está triste e pensa que o fai todo mal. No seu camiño atopa unhas toupiñas que lle cantan á súa mellor habilidade: excavar. Pídenlle a Draco que pense nalgo que saiba facer moi ben. Draco pensa e pensa: hai algo que el saiba facer moi ben? Pois claro! VOAR!

Nós tamén pensamos nalgo que se nos dera moi ben e cantamos e bailamos como as toupiñas e Draco para celebralo.


CAMIÑANDO POLA ALDEA

Deixamos a Sabela o outro día a piques de saír a un recado que lle mandou a súa avoa: ir á vila mercar un moletiño de pan. Calzada coas súas zocas máxicas e cos cinco sentidos postos no camiño, vaise atopando unha chea de animais.





mércores, 21 de febreiro de 2018

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

O vindeiro sábado 24 de febreiro celébrase o 181 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Desde a biblioteca do cole fíxose unha proposta para celebralo: cada aula tiña que facer un mural cun poema ou fragmento de Rosalía de Castro e ilustralo para despois colgalo nas paredes da biblioteca.
Nós escollimos un anaquiño do poema Alborada, de Cantares Gallegos:


 Logo de lelo e de pensar en todo o que alí dicía puxémonos a debuxalo: árbores, millo, paxariños, montes, fontes, herbas, sol...



Escoitámola varias veces na voz de Uxía, do seu libro-cd Rosalía pequeniña, e escribímola con letras de cores. E aquí está o resultado:



Tamén nos sumamos á iniciativa da Fundación Rosalía de Castro: Caldo de Gloria

Desde o cole animámosvos a participar facendo este fin de semana un caldiño nas vosas casas e recitando un poema de Rosalía de Castro que vos guste. Facede unha foto dese momento e enviádea ao mail da nosa escola: escoladeribadumia@gmail.com 
A ver se conseguimos unha chea de fotos!


Víctor e o seu caldiño de Gloria

Elisa e o seu caldiño de Gloria 

Joel e o seu caldiño de Gloria

Alba e a súa familia co seu caldiño de Gloria

Diego e o seu caldiño de Gloria

Breixo e o seu caldiño de Gloria








luns, 19 de febreiro de 2018

CONCURSOS PARA ARTISTAS

Cando nos avisan dalgún concurso para artistas, alí estamos nós. Debuxamos camelias e deseñamos xoias. Que máis se pode pedir?







venres, 9 de febreiro de 2018

FESTA DE ENTROIDO

Picade aquí para ir ao Álbum da Voz de Galicia
Picade na imaxe para ver o vídeo completo



Hoxe celebramos o festival de Entroido no Auditorio de Ribadumia. Na primeira parte da mañá os amigos do Sabor da Aventura está no mar convidáronos a aprender con eles sobre a pirámide alimenticia, produtos do mar e como podemos contribuír a manter o mar e as praias limpas. Despois tivemos un contacontos e un obradoiro de antifaces. Merendamos doces típicos de Entroido convidados polas familias do alumnado de 4 anos e rematamos a xornada disfrazándonos de seres mitolóxicos e desfilando polos arredores do Auditorio. Agora toca disfrutar dos días de Entroido. Voltamos ao cole o xoves 15 de febreiro!











xoves, 8 de febreiro de 2018

XOGANDO A PENSAR CON FOTOS


Cando chegamos hoxe, Breixo, que estaba facendo un puzle comentou: E como é que veu Juanita con este frío? Miramos onde el sinalaba e alí estaba Juanita, na nosa biblioteca de aula. Vaia sorpresa! Non contabamos con ela estes días que vai tanto frío pero alí estaba. Algo tiña que contarnos. Que nos traería esta vez?
Tivemos que poñer en marcha o ordenador e buscar no escritorio algo que tivese o seu nome. Axiña o atopamos. Abrímolo e apareceu esta imaxe:


Mirámola en silencio e comezamos a falar.

P: Miramos a imaxe que nos mandou Juanita e pensamos (sen falar): que é o que vemos, que aparece… E cando teñamos algo que dicir, levantamos a man, agardamos a que nos toque e falamos.
Di: Un planeta
A: un señor
B: un señor subido a unha escaleira con escaleiras gordas e collendo a lúa
E: Donde estaba subiendo, unha escaleira
R: Que está cogiendo el chico una luna llena
Le: una escalera para pasar y para dar un paseo
P: Por onde está paseando?
Li: por el espacio
P: quen está paseando? Quen é?
A: Un home
R: un chaval
B: un tipo
J: Una luna
Da: hay una escalera muy alta muy alta muy alta y una luna con un señor que la está cogiendo. Muy chea.
V: Una casa
Di: Non é unha casa
A: una torre
Le: una torre
P: e isto que se ve é un debuxo?
R: si, dun ilustrador, de Óscar Villán.
P: Parécevos unha ilustración? Coma as dos contos?
B: Si, seguro que é dun conto.
E: creo que es un dibujo
B: Animado? Pode ser dunha peli de adultos.
Da: Tamén pode ser un señor
R: unha foto!
Di: ou o fixo Óscar Villán
R: Tú que crees, P?
P: A min paréceme unha foto
R: Y a Juanita?
P: Juanita non nos vai dicir, temos que pensar nós, coa cabeza. Di, que dixeches ti que aparecía?
Di: Unha escaleira
P: e onde está esa escaleira? En que lugar?
R: Yo la veo: detrás de la torre
P: pero esa escaleira, onde está? As escaleiras poden estar voando?
Todos: no
V: abajo
R: na herba. Pero como le puede llegar a la luna?
B: Porque seguro que é moi aaaalta e seguro que está subida a unha furgoneta.
P: B di que se estás subido a unha furgoneta podes chegarlle á lúa
Di: eso é imposible porque a furgoneta é pequena
B: pero que pasa se é unha grande grande?
Di: Tería que ser un helicóptero.
P: se vas en helicóptero podes chegarlle á lúa?
R: sí, ou en avión
P: quen foi algunha vez en avión?
Varios: eu non
Dous: eu si.
P: Ti fuches en avión. E viches a lúa?
R: sí, estaba muy cerca.
P: Estaba moi cerca. Pero para tocar?
R: no. Estábamos en el avión y la ala por poco toca la luna.
P: Si? E ti podes saír do avión para tocala?
R: Non. Senón caes
P: Entón como pode ser isto?
E: Tiene que estar cerca la luna, pegada.
R: Sabes que me contó mi padrino? Estaban en un avión de mentira. Había un chaval tan cerca de la piscina que saltó del avión y cayó en la piscina.
P: Entón como pode ser isto?
R: Pode saltar
P: está saltando?
R: nooo
Di: Se saltas a escaleira rompe, que é de madeira
E: Si está una piscina debajo de este, se cae en la piscina
P: Todos vedes a escaleira? Onde está pousada esa escaleira?
R: Lo de abajo parece que es hierba
Di: Está pousada na auga
R: Parece hierba pero no se ve.
P: Non se ve, temos que imaxinalo. Imos mirar a imaxe. Vemos a escaleira. E estoutro que é?
Di: Son as patas
Le: por la escalera va así y sube y llega a la luna la escalera.
P: Alguén ten unha escaleira que chegue á lúa?
R: Yo no
Da: Yo si. La tengo en mi casa.
P: E subiches por ela?
Da: Si
P: E tocaches a lúa?
B: E colliches un cacho?
Da: no
J: Yo sí que subí
Li: Yo no porque os meus papás me din que non podo subir as escaleiras
J: Yo tampoco. Porque mi padre y mi madre no me dejan.
B: solo nas de xoguete, que teñen poucos escalóns.
P: que dixemos entón quen aparecía na imaxe: un home ou unha muller?
Varios: Un home
R: As mulleres non collen unha lúa.
P: As mulleres non collen unha lúa? Por que?
R: Porque teñen pouca forza!
B: As mulleres non teñen forza
P: E quen volo dixo iso?
R: Mi padre!
B: Nadie.
P: Entonces como o sabes ti?
B:Porque mo dixo mami.
P: Díxocho mami? Díxocho ela que non tiña forza? Ten forza túa nai?
B: si, pero non hai ningunha escaleira  que chegue á lúa
J e varios: Mira mis músculos (facendo o xesto). Mira los míos.
P: Entón esta por que chega?
B: Porque seguro que é unha torre antigua moi alta.
P: Onde estará esa torre?
Di: Subeu á torre, colleu a lúa e baixou pola escaleira.
P: Vós coñecedes algunha torre que esté aquí cerca e que podamos subir a ela e chegar á lúa?
R: En Madrid sabes lo que vi? Un rascacielos
P: E que é un rascacielos?
R: que llega hasta el cielo.
P: E este será un rascacielos? Era como este?
R: no, este es más pequeño
B: Este es un rascacielos antiguo
R: El que teníamos nosotros en Madrid, no
P: Era moi alto?
R: Hombre, era desde la carretera hasta el cielo!
B: En Discovery, que eu vexo Discovery, vin un rascacielos e cando é de noite seguro que suben e poden coller un cacho da lúa.
R: No, porque la luna es durísima
P: Es durísima? Non se pode coller un cacho?
J: No, porque si es durísima no se puede coger un cacho.
P: Breixo di que ten que ser de noite. E por que?
E: Porque no está a lúa
R: De día está el sol
J: Pues yo cuando es de noche veo la luna y cuando es de día veo la luna
A: Pero o sol queima moito!
B: Si tocamos o sol nos arde a man pero se é de xoguete, non
R: En Madrid vimos un rascacielos que parece un restaurante. Y sabes dónde fui a ver al Madrid? A Santiago Bernabeu
P: Quen é ese?
R: El campo de fútbol del Madrid donde iba a jugar Cristiano Ronaldo. Aunque pierde.
P: Quedamos en que ten que ser de noite, porque senón a lúa non estaba. Onde irá a lúa de día, logo?
E: A su casa, porque le pela mucho
P: Á lúa entón non lle gusta o sol?
E: No, porque se derrite.
R: Algunas veces, si
Di: Gústalle o frío
P: Non poden estar xuntos, a lúa e o sol?
E: No, porque de día fai mucho calor.
R: La luna, cuando está de noche, detrás tiene el sol.
B: Algúns días vexo a lúa co sol. A lúa está alejada do sol.
P: Breixo algún día veu a lúa co sol. E os demais?
Varios: Yo no
J: Yo sí, la nube y la luna del otro lado y el sol del otro lado.
E: Yo algunas veces cuando es de día veo solo la luna y cuando es de noche veo otra vez la luna. Y unos días también otra vez el sol.
P: Esta persoa subiu aquí porque quería…que quería?
Di: Coller a lúa!
P: Por que quere coller a lúa?
E: No, quería abrazarla
B: Seguro que quería coller un cacho
P: Para que?
B: Para comer
J: Que no se comen las lunas!
P: Pero B di que quere probala. A que saberá a lúa?
J: A lúa!
R: A queixo
Di: Eu digo que sabe a langostinos
B: Sabe a atún, espaguetis e salsa roja
Da: A espaguetis
A: A mí me sabe a mejillón
Li: A mí a sardiñas
P: E quen probou a lúa algunha vez?
Varios: Yo no
Da: Yo sí
J: Yo también.
Li: Eu quero probala
P: Este home está tocando a lúa?
Todos: Sí
P: E como estará a lúa: fría así coma o chan ou quente, como o radiador?
R: fría
Da: quente
Li: fría
Varios: fría
P: fará frío na lúa?
B: Si, porque sempre está ao frío
P: Que forma ten esa lúa?
Di: Círculo!
R: É lúa chea
P: A lúa sempre ten forma de círculo?
R: No, a veces está así partida (fai o xesto de cortar algo)
E: Algunas veces está así con forma de plátano
Li: e tamén de C
J: ou de c de ceado
Da: tamén de cerezas
J: ou z de zamburiña
P: Víchedes algunha vez a lúa con forma de z de zamburiña?
Varios: nooon
J: yo sí, cuando estaba de día sía que la vi
Li: pois eu cando era de noite a vin de letra D
P: E de que cor víchedes vós a lúa?
Li: rosa
Da: granate
E: Azul
R: blanco, porque la luna siempre es blanca
B: Azul
R: No, espera, que me equivoqué. Azul.
A: blanco sempre.
P: e na imaxe de que color está?
Varios: blanca por debajo y gris por toda
P: que cores vedes nesta imaxe?
Varios: negro, blanco y gris.
P: E por que non haberá cores?  nin verde, nin amarelo, nin vermello?
Da: ni granate
Li: ni rosa
J: ni rojo
B: porque é de noite
P: de noite é todo negro?
E: si
P: as persoas vense negras, así como esa?
E: si, cando é de noite
B: Pero si teñen algo encendido, no. Eu teño peluches e un parece un neno con flequillo para abaixo e o pelo azul e orellas de conejito.
P: e vedes luz? A lúa dá luz?
E: si
R: No, porque detrás tiene el sol
P: A lúa ten luz ou non?
R: es el sol detrás
B: Pero o sol ten raios e se lle teñen que ver os raios.
P: B di que non está o sol aí detrás
B: No.
P: de onde virá a luz?
R: Un día mi hermana dijo que dentro de la luna tiene una bombilla.
P: que vos parece iso? Será así?
Varios: sí
B: No, dentro de la luna no hay ninguna bombilla porque la bombilla enciende luz amarilla
P: e esa luz non é amarela
E: No. Es blanca
P: Non hai bombillas que dean luz branca?
Di: si, la mía
R: sí, en casa de la abuela
Da: la mía da blanca
P: Haberá ou non haberá unha bombilla dentro da lúa?
Varios: nooo
P: entón por que ten luz?
E: porque a lúa é así
R: No, porque detrás está el sol
B: no, porque se le tienen que ver los rayos
R: Si, si no, no alumbra, la luna. Un día mi padre me dijo que tiene detrás el sol.
P: Teu pai díxoche que tiña detrás o sol e túa irmá dixo que tiña unha bombilla dentro.
R: No, pero mi hermana dice mentiras.
B: O sol non pode baixar os raios porque se non se lle rompen todos.
P: Entón por que ten luz? Que alguén mo explique
E: Porque es así
B: Porque o fixo así Jesús.
P: Por que esta persoa está collendo a lúa?
E: Para abrazarla
A: Porque es mayor
P: Un  meniño non pode coller a lúa?
Di: Non, é demasiado pequeno.
P: Vós non podedes ir coller a lúa?
Todos: nooon
P: E eu?
Varios: sí
P:E como podo facer para ir?
Di: nun avión, vas moi alto e xa está
P: Pero eu fun en avión e cando está voando non deixan saír pola porta do avión.
Di: Saes pola ventana
R: Pero la ventana es de cristal
P: Pero eu probei e as ventás do avión non se abren.
R: solo es para cuando quieres ver algo
P: A min gustaríame ir un día á lúa, como podo facer?
Di: nun helicóptero. Colles un pao e rompes a ventanilla.
A: en un cohete! Porque los cohetes pueden volar por arriba de todo e poden chegar á lúa. Voan máis alto que un helicóptero e que un avión.
R: Dice Di que puede romper la ventana del helicóptero. (Mira para el e dille) Tú quieres romper la ventana de tu coche?
Di: Si ni siquiera teño ventana no meu coche! O meu pai non quere ter cristales.
A: Cando aterriza na lúa pódese coller
J: También se pueden ver las estrellas
Li: Como Ben y Holly, que una vez estaban na lúa co cohete de duendes.
P: E como foron? Ían coa roupa normal?
Li: no, fueron con un traje espacial e o casco.
P: E por que levaban un traje espacial e un casco?
R: si no, caemos
A: É porque é importante, para no caer.
Li: Para volar
B: Eu teño un astronauta de playmobil
P: que é un astronauta?
B: O que vai nos cohetes e aterriza na lúa.
P: para que sirve o traxe de astronauta?
R: Para no hacerse daño porque la luna puede ser dura
P: E se vai sen traxe, que pode pasar?
R: Que nos caemos
B: E vas ao médico
P: E hai médicos na lúa?
B: Non
P: Entón que facemos?
Di: Colles o cohete, vas á casa e vas ao médico
R sinala as normas de xogar a pensar e comenta que hai nenos que non abriron ben os ollos porque non as están respectando. Recolocámonos, sentamos ben e seguimos.
P: Ademais de para non caer, para que máis vale o traxe de astronauta?
B: o traxe ten algo aquí , enganchas uns cables aquí máis no casco arriba e seguro que é para respirar. E ten un tubo por aquí polo nariz, que tapa o nariz e por aí pódese respirar.
P: Porque sen casco non podes respirar, na lúa?
E: No. Respiramos mal.
B: No. Necesitas o tubo por aquí para poder respirar.
P: E se quitas o casco?
E: Nos caemos.
P: E podes respirar ou non?
B: Non sei
R: En Ben y Holly no tenían un tubo aquí
B: Porque esos tenían un botón e seguro que por aí podes respirar
P: Nós temos un casco para respirar?
Todos: nooo
P: Cando necesitamos ás veces algo para respirar?
R: cuando hay fuego
R: un tubo, debaixo da auga!
B: Necesitamos algo aquí con oxígeno e tamén temos un cable enganchado no traxe e meter esto por dentro da boca.
R: cuando voy a la piscina del piso necesito un tubo que lo tengo que meter así dentro
B: Lo metes y a que metes los colmillos por dentro?
R: si, tienes para meter en la boca
B: Sí, hay unas botellas con oxígeno e iso é para os maiores porque a botella con oxígeno pesa moito e eso se poñen de pé e van con coidado e se tiran á auga porque a botella de oxígeno os empuxa e despois bucean así.
E: Tamén tapas así o nariz
P: Que pasa entón na lúa se un astronauta saca o casco? Pode respirar ou non?
Varios: non
P: Por que?
R: Porque no
P: Debaixo da auga non podemos respirar. Na lúa dicides que tampouco. Porque hai auga alí?
E: Non, hay que poner el casco porque si no, caemos a las piedras.
B: E que pasa se poñen unha piscina cerca da lúa? Que caes na auga! E se quitan o casco da igual porque teñen o tubo.
P: Podemos bucear co traxe de astronauta?
Varios: noooo
B: jajaja, eso es imposible! Porque tes que ter unha botella de oxígeno!
P: Pero ti dis que co traxe de astronauta poden respirar
B: Pero non porque teñen unha botella de oxígeno moi pequena!
Di: Iso é imposible! Porque o tipo que ten o casco molla o casco e cando estea mollado estropéase.
B: Por eso, porque os astronautas teñen unha botella de oxígeno pequena e os buceadores unha botella de oxígeno grande.
Preguntámoslles aos pequenos cal é a conclusión que sacaron do que ocurría na imaxe:
Le: Que quere un cacho para comela
Da: que quere ir dar un paseo polo camiño co perrito
J: que hay una luna y quiere comer un cacho
Li: que está collendo
P: se esta persoa ao final collese a lúa…
E: necesita un cuchillo para cortar la luna y probar.
P: Imaxinade que tira da lúa. Pode collela?
E: No. pesa moito y vamos palante y te aplastas
B: Se rompe a escaleira porque é de madeira con tablas moi finas e rompe porque pesa moito
P: Como pensades que a lúa se suxeita no ceo e non cae?
B: porque seguro que a fixo Jesús volando.
P: E deixouna alí colgando?
B: Non a pode deixar colgando porque pesa moito.
A: No cae porque la luna no pesa tanto
R: Seguro que es porque puede tener mucha fuerza el chaval
P: pero é ese home o que suxeita a lúa sempre?
Varios: noo
P: E como é que non cae?
R: Porque a lo mejor puede que tenga mucha fuerza la luna entonces se agarra
B: Si no tiene brazos!
P: Onde está agarrada alúa para non caer?
R: No ceo
B: Pero no ceo non hai nada para agarrarse
P: Entón por que non cae? Porque se eu collo unha pelota e a solto, que pasa?
Todos: cae
P: Entón a lúa por que non cae?
A: Porque seguro que yo creo que la sujetan todas las estrellas que tiene alrededor
B: Seguro que as estrellas a sujetan
R: A lo mejor las estrellas están debajo de la luna cuando la luna se cae, la agarran.
B: Las estrellas, se son moitas, se poden poñer detrás e así é como brilla. E por iso non hai!
A érguese e sinala a estrutura de madeira: aquí hay una W. B engade: También una X

A sesión acaba facendo a avaliación figuro analóxica e despedíndonos de Juanita ata a vindeira visita. Un bico grande e unha aperta Juanita!





SAÍMOS NA PRENSA E NA TELE!

LA VOZ DE GALICIA (Picade na imaxe para ler a noticia completa)

FARO DE VIGO (Picade na imaxe para ler a noticia completa)





O MECO MANDA...TRAER ROUPA ESTAMPADA E COLOREADA


mércores, 7 de febreiro de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

E chegou o día! Hoxe celebramos no CRA de Ribadumia o Día Internacional da muller e a nena na ciencia. Sen esquecer as ordes do Meco de traer a cara pintada, mergullámonos no mundo da ciencia da man de dúas científicas apaixoadas cos seus traballos:  Luísa e o mar e Nieves e as árbores. Moitísimas grazas por vir amosarnos o voso traballo con tanto agarimo! Non sabedes canto aprendimos! 
Deixámosvos varios enlaces que fan referencia á celebración desta data aquí
Tamén tivemos tempo de facer un taumatropo e de aprender como funciona unha conserveira e animarnos a introducir o peixe na nosa dieta. Mirade nas fotos o resumo desta intensa mañá.







Mirade o vídeo do nacemento dun tiburón no Acuarium Finisterrae da Coruña