Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 26 de setembro de 2013

AS CARTAS DE FÉLIX O EXPLORADOR

Xa nos chegou a carta de FÉLIX!! Nun sobre precioso cheo de globos de corazón e nubes azuis e cun estrano debuxo dalgo que nós pensamos que pode ser un: "dragón", "dragón marino", "dragón chino, que esos bigotes son chinos", "dragón submarino", "peixe"... Félix saúdanos raro: KONNICHIWA!!! e cóntanos a súa aterraxe de emerxencia nun estanque cheo de CARPAS KOI. Buscamos en internet e enterámonos de que as carpas koi son peixes e de que as hai de moitas cores. Tamén aparecía unha bandeira e así descubrimos que Félix está en... XAPÓN!! Miramos no mapa e xa nos situamos: que lonxe queda Xapón! E ademáis está rodeado de auga! Será unha illa? Moitas interrogantes nos xurdiron logo de ler a carta. Canto nos queda por investigar e aprender!! Estades preparados para unha nova aventura no país do sol nacente?? Collede a maleta que marchamos!!

 

martes, 24 de setembro de 2013

MARTES: IMOS A LEIRO

Ao rematar o período de adaptación dos máis pequenos, comezamos a ir a Leiro. Non houbo choros nin extrañamos nadiña: xa somos maiores! Coñecimos a biblioteca e a Zapatocas, a súa mascota, que nos prestou un conto para levar a casa; cantamos e bailamos en inglés; saltamos e brincamos na aula de psicomotricidade; xogamos cos ordenadores na aula de informática e comezamos a familiarizarnos coa que será a nosa horta. Unha mañá completiña na que desfrutamos moito. A vindeira semana voltamos!!
 
 

A ARÓN CAEULLE UN DENTE

Unha das novidades da volta das vacacións de verán foi a incorporación de Arón ao clube dos mellados. Hoxe por fin puido levar o seu carné para casa. Noraboa amiguiño!!
 
 

xoves, 19 de setembro de 2013

CANTOS CONTOS!

Hoxe ímosvos falar de tres contos que contamos esta semana e que nos gustaron moito: CINCO, LOBOFEROZ e O ABRIGO MISTERIOSO.
Con CINCO contamos, cantamos e lembramos algún dos personaxes do conto de LÚA.
 

 
 
Con LOBOFEROZ mesmo aprendimos una canción.
 
 
 
E co ABRIGO MISTERIOSO acabamos facendo de detectives e descubrindo que levaba no abrigo o señor Abellón. Logo fixemos o noso propio abrigo de papel e cada un o encheu dos animais que máis lle gustaron: gatos perigosos, arañas, pingüinos, xirafas, leóns...
 



 



 
 

martes, 17 de setembro de 2013

CARTAS DE FÉLIX O EXPLORADOR


Hoxe levamos unha sorpresa grandísima: a profe trouxo un conto novo de Félix!! Lembrades a nosa amiga a lebre viaxeira? Grazas a Félix e ás súas cartas, hoxe coñecemos lugares como Londres, París, Roma, Exipto, Kenia e Nova York. Cando acabou o curso deixarámola na casa con Sofía, xa de volta logo de moitas viaxes.  Pois hoxe non sabedes o que pasou: Sofía e Félix estaban no xardín da súa casa xogando a voar en globo cando de súpeto a corda do globo rompeu e Félix saiu voando. Sabedes o que iso significa? Pois como di a avoa de Sofía: " Parece que o bo de Félix acaba de comezar outra das súas aventuras!". Aínda non sabemos onde aterrou. Temos que agardar a que nos chegue unha das súas cartas e nolo conte. Andade atentos, non vaia ser que a vexades voando polo ceo de Ribadumia!!
 
 

luns, 16 de setembro de 2013

POÑEMOS O CALENDARIO

 
Estreamos una nova semana de setembro xa cos pequenos de 3 anos incorporados ás 9 da mañán. Estabamos desexando ensinarlles como poñemos o tren, a quen lle toca ser o encargado ou encargada, onde colocamos as fotos cando estamos no cole e como facemos o calendario. Axiña aprenderon a dinámica e xa estaban buscando o seu nome e recortando e pegando as letras de setembro. Benvidos/as ao "cole de maiores"!!

xoves, 12 de setembro de 2013

PRIMEIRO DÍA DE COLE

Hoxe foi día de reencontros na escola de Ribadumia. Con moitas ganas de volver a ver aos nosos amigos e de contarlles todo o que fixeramos nas vacacións: viaxes en avión, en tren e mesmo en globo, visitas aos avós, praia, piscina, escola de verán, xeados... estreamos un novo curso.
 
 
 E os maiores aprendimos o nome dos máis pequenos que se incorporan á nosa aula este curso: benvidos ao cole!!
 
 

martes, 10 de setembro de 2013

BENVIDA AO NOVO CURSO 2013-2014

Benvidos e benvidas ao novo curso 2013-2014! Xa estamos de volta ao cole! Mañá teremos a reunión informativa de principio de curso coas familias, na nosa escola, ás 10:30. Non faltedes!!