Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 29 de novembro de 2019

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das persoas con discapacidade. Desde a nosa escola queremos sumarnos á iniciativa: "Baixo o mesmo paraugas".










xoves, 28 de novembro de 2019

CULTURGAL 2019




Un ano máis, a Feira das Industrias Culturais, Culturgal, desenvolverase no Pazo da Cultura de Pontevedra do 29 de novembro ao 1 de decembro. Podedes consultar o Programa infantil e familiar por se vos apetece dar unha volta esta fin de semana e desfrutar de música, contacontos, teatro, libros...

martes, 26 de novembro de 2019

TRÁNSITO DE MERCURIO SOBRE O SOL

O pasado 11 de novembro puido observarse o tránsito de Mercurio sobre o Sol. Quedamos abraiados coa inmensidade do Sol ("Parece lava!") e o pequerrechiño que se vía Mercurio. No vídeo da NASA vese o tránsito de Mercurio no ano 2016.





luns, 25 de novembro de 2019

CONTRA A VIOLENCIA







Hoxe escoitamos unha canción que moitos de nós xa nos soaba e ata sabiamos cantala. Pero...de que fala a canción? Voltamos a escoitala parándoa cada pouco e quedamos sen palabras. A primeira parte fala dunha muller que está triste, ten medo, está atada, ten unha venda nos ollos, un nó na gorxa, un monstro gris na cociña que rompe todo e berra, unha man que non a deixa respirar...Ata que aparece a porta violeta. Cando decide cruzala, a súa vida cambia, síntese libre, canta, corre, grita, ri, pasa a estar rodeada de cor, de árbores que medran...
Cada día milleiros de mulleres sufren violencia física e verbal. Nós somos pequeniños pero formamos parte da sociedade e dicimos NON Á VIOLENCIA e SI Á EDUCACIÓN, AO RESPECTO E Á IGUALDADE.


venres, 22 de novembro de 2019

ASÍ ES MI CORAZÓN



Canto nos gustou este conto cheo de corazóns de cores! Despois de lelo quixemos debuxar moitos corazóns e poñer dentro os nomes de a quen queremos.








mércores, 20 de novembro de 2019

DESPEGUE!




AS FASES DA LÚA

Aproveitando que hoxe tocaba traer galletas para a merenda, fixemos as fases da lúa con galletas Oreo. Despois debuxamos planetas, astronautas, estrelas, naves espaciais, meteoritos... e cando o noso espazo quedou listo, probamos a lúa!





martes, 19 de novembro de 2019

30 ANOS DOS DEREITOS DA INFANCIA


As meniñas e os meniños son o sol ao redor do que xiramos. A imaxe de UNICEF que conmemora o 30 aniversario da Convención sobre os Dereitos da Infancia lembrounos o Sistema Solar!
Buscamos información na biblioteca e apareceron varios libros que nos falan dos dereitos dos nenos e das nenas. O libro dos Bolechas fala de respectar as linguas, o sexo e a cor da pel, do dereito a xogar, a ir á escola e a ter unha familia que nos queira e protexa... Dereitos que temos a sorte de gozar. 


mércores, 13 de novembro de 2019

O SISTEMA SOLAR



Co profesor Astro Cat e o seu equipo estamos investigando sobre o Sistema Solar. E tivemos a sorte de que Vera, a nosa compañeira da clase do lado, nos deixase ver a maqueta que fixo coa súa familia na casa. Canto nos gustou! Quedamos abraiados co moito que traballaron.