Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 29 de abril de 2019

GLORIA FUERTES E COLETA


Coleta quere ser pallasa e achégase a un circo para explicar a súa proposta. Que tal o fará? Podedes ler un fragmento picando aquí e no documento en PDF que aparece na parte de abaixo.

venres, 26 de abril de 2019

A MOSCA CHOSCA TEATRO


Despois de contar o conto repartimos papeis e a actuar! Había que poñer a mesa, preparar a torta, recibir os convidados...
Vaia canción máis chula que compuxeron os nenos e nenas deste cole co seu mestre de música!
CANCIÓN A CASA DA MOSCA CHOSCA, COMPOSTA POLO MESTRE JESÚS ARRANZ E CANTADA POR EL MÁIS OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º B DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP VIRXE DO CARME DE BURELA. CURSO 2017/2018


xoves, 25 de abril de 2019

AVISO IMPORTANTE




A saída prevista para mañá venres 26 de abril á residencia queda aprazada por previsión de mal tempo ata novo aviso.

CIDADE IMAXINARIA PRIMAVERA

O videiro 27 de abril de 16 a 18 horas, na Cidade da Cultura de Santiago, lecer en familia. Picade na imaxe para acceder a toda a información e aquí para consultar a Guía de actividades. A entrada é de balde.




Cidade Imaxinaria Primavera 2019


Chega a primavera e con ela regresa a fantasía de Cidade Imaxinaria!! Nesta estación na que todo volve agromar, na Cidade da Cultura emerxen mundos soñados, personaxes incribles, máxicas historias e formas imposibles.
O 27 de abril agardámosvos a partir das 16 horas con espectáculos cheos de cor, música, cambadelas e viravoltas. Espectaculares coreografías, circo e clown, teatro de rúa, equilibristas, malabaristas, xogos de enxeño, fantásticas instalacións inchables e ata un orixinal labirinto de cor onde só a vosa habelencia vos permitirá atopar a saída entre os múltiples camiños posibles!
Nunha cita que chega só uns días despois da celebración do Día Internacional de Circo, non faltará por suposto a xa tradicional Escola de Saltimbanquis da Cidade Imaxinaria, onde a cativada poderá deixar saír sen medo o intrépido acróbata que todo neno e nena leva dentro.
Contaremos tamén, como non, cunha animada zona de descanso con postos de bebidas e petiscos variados, doces e salgados, onde repor forzas entre tanta festa rachada. Vinde viaxar connosco a través de fabulosas historias nunha tarde de sábado ao aire libre na que a maxia e a diversión encherán cada recuncho do Gaiás, contaxiando a pequenos e pequenas, e tamén aos e ás que nunca deixan de selo.
Espectáculos de pista
Espectáculos itinerantes 
Espazos lúdicos para imaxinar [16 - 20h]
Ilustración Cidade Imaxinaria PrivaveraSr.Reny

martes, 23 de abril de 2019

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Comeza o terceiro trimestre do curso o Día do Libro e tócanos ir á biblioteca! Fixemos un marcapáxinas de peixiños para poder mergullarnos nun mar de lecturas e compartimos a historia de Bebé Bigotes, que nos fixo rir moitísimo.






sábado, 13 de abril de 2019

Á PROCURA DOS OVOS DE PASCUA

Último día de cole antes de rematar o segundo trimestre de curso e que mellor que facer un xogo de busca de ovos de Pascua agachados polo patio. Despois de atopalos miramos o que tiñan dentro...sorpresa! CHOCOLATES! E como bos piratas repartimos o botín a partes iguais. Que pasedes unhas moi boas vacacións e vémonos á volta en Leiro o martes 23 de abril.









VARIADO DE XOGOS









AS FOTOS DE DIEGO

Diego quixo compartir con nós as fotos das súas vacacións en Portugal coa súa familia. Explicounos onde foran, que sitios visitaran... Gustáronnos moito, Diego!


mércores, 3 de abril de 2019

LA ABUELA PIRATA


Queredes coñecer a unha superavoa pirata? Este é o voso libro: La abuela pirata. Contada polo seu neto, a avoa desta historia cando era nova adicábase á piratería. Aínda agora podemos atopar unha chea de obxectos na súa casa daquela época: o sable, a bandeira pirata, un barco, o mapa do tesouro, un tesouro e mesmo un crocodilo debaixo da súa cama! Foi acabar de contar o conto e querer voltar a lelo. Quedamos en comprobar se as nosas avoas foron piratas cando eran máis novas...



A segunda aventura da avoa pirata encantounos! Quedamos abraiados coa chea de deportes que practica e o en forma que está. Deportes cun toque pirata, claro! Un conto moi divertido.

E a terceira aventura da avoa pirata puidemos comprobar o valente que é loitando contra os monstros que atemorizan aos seus camaradas. Con esta avoa non hai quen poida!


La abuela pirata y los monstruos

La abuela pirata y los monstruos



martes, 2 de abril de 2019

AS CAMELIAS DE JOEL

Joel vén de gañar o segundo premio do III Concurso Artístico Infantil Concello de Ribadumia sobre a Camelia e a súa familia quixo compartir con nós as fotos da entrega de premios. Parabéns, Joel! Es un artista!





ABRIL, MES DOS LIBROS

Seguindo o Calendario do Libro e a Lectura 2019, o 2 de abril celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil e o vindeiro día 23, o Día do Libro. Desde a biblioteca do cole fíxose unha guía de lecturas sobre o Circo, tema do noso proxecto anual de centro. Todos os libros que nela aparecen pódense atopar na nosa biblioteca e están á vosa disposición.
Hoxe traballamos coa guía e tentamos localizar todos os libros que nela aparecían, arrodeamos os que iamos atopando, vimos cales estaban contados e cales faltaban...









luns, 1 de abril de 2019

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2019: LUÍS SEOANE

O 1 de abril de 2019 homenaxéase a figura do artista Luís Seoane. Na nosa clase Luís Seoane protagonizou o noso calendario de arte de hai dous cursos. Hoxe queremos lembralo revisando todo o que aprendimos del. Picade na foto se queredes botarlle unha ollada.