Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 30 de setembro de 2022

OBRADOIRO DE COCIÑA EN FAMILIA

 


Hoxe comezamos as propostas para cociñar en familia. Cada venres traballaremos na aula unha receita cos ingredientes que nos fan falla para facela e levarémola dentro da mochila para á casa. Animádevos a participar e convertirvos nunha familia de chefs! E non esquezades facer algunha foto para compartir no blog!

Estreamos a tempada de cociña con: Coches de mazá e uvas. Se queredes ver o ben que o fixeron na escola de Leiro, picade aquí. 



mércores, 28 de setembro de 2022

O NOSO NOME

 




Xogando coas letras, os máis pequeniños estamos descubrindo cales ten o noso nome e os dos nosos compañeiros do cole. Hoxe levamos para á casa un cartel co noso nome. Temos que buscarlle un lugar no noso cuarto onde podamos velo ben para irnos familiarizando con el. Os maiores fixemos un tren co noso nome e os nosos apelidos que tamén levamos para á casa.
Queredes compartir con nós que lugar elixíchedes para colocalo? Podedes mandarnos unha foto ao correo da nosa aula.

E a primeira que mandou as fotos foi...Aroa! Decorou o seu nome con pegatinas de cores e colocouno no seu cuarto. Tamén quixo amosarnos o seu nome no calendario e noutros lugares da súa casa. Cantas letras diferentes! Moitas grazas a Aroa e á súa familia!





E aquí temos o tren de Sofía, co seu nome e os seus apelidos, que chegou á parede do seu cuarto cargado de estrelas de cores. Moitas grazas a Sofía e á súa familia!



Alma pegou o nome na porta da súa casa para velo ben. Moitas grazas a Alma e a súa familia!



Adán puxo o seu nome no escritorio para velo ben. Moitas grazas a Adán e a súa familia!









RECREO DE INTERIOR

 Hoxe chovía e á hora do recreo tivemos que quedar dentro da aula. Que facemos?







martes, 27 de setembro de 2022

¿SOY TUYO?



Dino, o amigo de Zapatocas, tróuxonos este conto dun ovo de dinosauro que se perde e busca a súa familia. Conseguirá atopala?



luns, 26 de setembro de 2022

PLASTILINA DE CORES

 Houbo quen as mesturou, quen as cortou, quen as amasou, quen fixo boliñas de cores... cadaquén decidiu como quería xogar coas cinco moedas de plastilina que a profe Olalla nos repartiu. Mans á plasti!














CUMPLES DO MES DE SETEMBRO

 No mes de setembro, Manu e Alma fixeron 3 aniños. E hoxe acompañámolos nas súas tres voltas ao sol mirando nas fotos que trouxeron canto medraron. Parabéns, mociños!




OS COMEFROITAS

 Chegaron os Comefroitas para presentarse e animarnos a traer froita para a hora da merenda. Se a traemos e comemos toda, gañaremos un corazón para o noso álbum. A comer san!






xoves, 22 de setembro de 2022

EN FORMA!

 Triángulos, círculos, cadrados, rectángulos...buscamos por formas, clasificamos por cores, fixemos torres, creamos paisaxes e obxectos...









martes, 20 de setembro de 2022

IMOS A LEIRO!

 


Comezamos a ir os martes a Leiro! Na biblioteca coñecimos a Zapatocas, que nos deu a benvida e nos convidou a facer uns marcapáxinas cos que poder levar un libro en empréstito para á casa cada semana. Tamén pode tocarnos levar a mochila viaxeira, como levou hoxe Rodrigo. Felices lecturas!








Na aula de inglés coñecimos a Archie, a mascota. Tamén fixemos psicomotricidade co profe Ro e despois do recreo coñecimos a tartaruga Borja, visitamos o xardín e a horta e fomos á aula de informática.

Unha xornada completa chea de novidades que fomos descubrindo ao longo da mañá. 

Alma co conto da biblioteca na súa casa




luns, 19 de setembro de 2022

LÚA

 Os contos da colección de Kalandraka Do berce á lúa sempre son acollidos con moito entusiasmo. Porque se un conto xa nos gusta, un conto cantado encántanos.

A primeira que coñecimos foi a Lúa e os seus amigos: Sol, Caracol, Reiseñor, Corazón e Xirasol. 



Contamos, cantamos e debuxamos os personaxes. 







martes, 13 de setembro de 2022

XA ESTAMOS NO CURSO 2022-23!

 Chegou setembro e a Escola de Ribadumia volta abrir as súas portas para recibirnos. Moitas cariñas novas nesta primeira semana e outras coas que xa tiñamos ganas de reencontrarnos. Ata o 16 de setembro o alumnado de nova incorporación virá á escola en horario reducido para irse adaptando. Momentos para coñecer os novos espazos, as rutinas, compañeiros, profes... Facendo grupo pouco a pouco, compartindo xogos. Que teñades un moi feliz curso e benvidos á vosa escola!