Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 29 de abril de 2016

FESTA DOS MAIOS 2016


Hoxe celebramos a festas dos Maios en Leiro. Tiñamos moito que facer!: adobíos para nós, cadenetas para o maio... E moito que aprender da man de Luísa, unha científica do CSIC que nos veu enseñar ciencia. Auga dóce e auga salgada que se xuntan pero non se mesturan: a salgada (que previamente tinguimos de azul) queda porque pesa máis e a auga dóce (tinguida de amarelo) queda arriba. Voltamos separar un pouco de auga, tinguímola de vermello e remexemos. Quitamos o separador e que ocurre? "Que se convirte nunha bandeira!": a auga vermella queda no medio.
Tamén fixemos unha exposición coas fotos do traballo A min gústame ler en... e despois de merendar para repoñer forzas, chegaron as gaitas, o tambor e o bombo e cantamos e bailamos ao redor do maio. Benvida primavera!!!

Auga da billa, separámola cunha parede e á dun lado botámoslle sal para convertila en "auga de mar"

















mércores, 27 de abril de 2016

O BIGOTE DE MIMÍ, DE MANUEL MARÍA

Este ano 2016 o Día das letras galegas homenaxea o escritor Manuel María. Hoxe a profe Montse contounos O bigote de Mimí, escrito por este autor e que nos fala do que lle aconteceu ao gato Mimí cando perdeu os seus bigotes.



http://www.casamuseomanuelmaria.gal/upload/recursos/cat_2/28/o-bigote-de-mimi-[dobre-pauta].pdf

http://www.casamuseomanuelmaria.gal/upload/recursos/cat_2/28/o-bigote-de-mimi-[dobre-pauta].pdf



E lembrades a Luís Vallecillo, que veu á festa do Samaín cantar? Pois xunto coa Banda do Cuberto fixeron agora unha chea de cancións inspiradas no conto O bigote de Mimí. Aquí volas deixamos por se queredes escoitalas. 

















CUMPLES DE ABRIL






venres, 22 de abril de 2016

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA e KIDS&US

Vaia día completo hoxe en Leiro! 

Primeiro na biblioteca contamos e ilustramos a Lenda de San Xurxo e o dragón e fixemos un marcapáxinas para celebrar o Día do Libro.


www.ikatbag.com

Ás 10 chegaron os cociñeiros de Ponlle as pilas ao teu bocata, unha actividade programada dentro do Plan Proxecta Aliméntate ben no que estamos a participar este curso. Con eles xogamos e aprendimos sobre peixes e conservas. E para rematar fixemos un bocata coa conserva de peixe que máis nos gustou: mexillóns, atún, chocos na súa tinta ou sardiñas e complementámolo con millo, tomate, leituga, cenoria... Vaia merendola a de hoxe!! Se queredes probar na casa non tedes máis que mirar no libriño de receitas co que nos agasallaron e elixir entre as múltiplas opcións, frías ou quentes. Tamén podedes miralas aquí.






E a iso das 12 chegaron as actrices de Kid&Us co seu espectáculo en inglés: Storytime Around the world. Con elas viaxamos polo mundo para atopar un agasallo que levarlle á Raíña de Inglaterra na nosa visita. Non sabedes o contenta que quedou! Thanks a lot, girls!!




xoves, 21 de abril de 2016

SAÍDA A PONTEVEDRA: AFUNDACIÓN, MAMÁ CABRA E CAFÉ MODERNO

Canto nos gustou o espectáculo de Mamá cabra "15 primaveras"!! Cantamos, bailamos... 












E despois visita á exposición do Café Moderno, onde nos contaron como o arquitecto Álvaro Siza reformou o edificio e despois de visitar unha exposición chea de emocións rematamos deseñando nós mesmos o cuarto dos nosos soños. 

















mércores, 20 de abril de 2016

SORPRESA DA ANPA PARA O DÍA DO LIBRO

A voltas andabamos coa lenda de San Xurxo e o dragón cando petaron na porta do cole e...sorpresa!! Dúas mamás da ANPA apareceron cargadas de flores, unha para cada nena, neno e profe. E se había flores para todos e estabamos a celebrar o Día do Libro, non podían faltar... os libros! Unha caixa chea de libros para a biblioteca do CRA!! Abraiados quedamos!! Moitísimas grazas!! Agora a celebrar todo o ano o Día do Libro lendo moitos contos. 


Non esquezades mandar ao mail do cole a foto lendo no voso lugar favorito para a exposición!!!







DÍA DO LIBRO 2016

Hoxe tivemos no cole unha actividade sorpresa da man da profe Montse e máis Jose para celebrar o Día do libro. O seu espectáculo: Cociñando contos, que con tanto agarimo prepararon, encheu a nosa escola de música, contos e marionetas.  A O gato lambón seguiulle A lenda de San Xurxo e o dragón, todas aderezadas de cancións. E para rematar, comemos as nubes e puido saír o sol para poder xogar fóra. Moitísimas grazas, Montse e Jose! Sempre conseguides deixarnos abraiados co voso talento. E é que para ser uns artistas non fai falla vir de París, témosvos ao ladiño! Unha aperta e un bico grande desde a nosa escola!






luns, 18 de abril de 2016

EU VIAXO SEGURO



Este curso a través do Plan Proxecta estamos traballando o programa MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA.
Dentro deste programa queremos por en funcionamento a actividade "EU VIAXO SEGURO", para resaltar a importancia do uso dos sistemas de retención infantil. Por iso, vos animamos a que enviedes ao correo electrónico das escolas ou do centro unha foto do alumno/a dentro do vehículo empregando o sistema de retención correspondente para viaxar seguro.

Moitas grazas, unha vez máis, pola vosa colaboración

xoves, 14 de abril de 2016

B DE BATURRO




Este é o traxe típico aragonés co que se visten de baturros e baturras e co que bailan a jota aragonesa. Se picades na aquí podedes ver todas as pezas das que consta. Nos vídeos podemos escoitar e ver como se baila unha jota aragonesa e escoitar as diferenzas de son entre unha bandurria e unha guitarra.







martes, 12 de abril de 2016

PLAN PROXECTA: MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA

Este curso participamos no Plan Proxecta: Mobilidade sostible e segura. No cole somos conscientes da importancia de traballar desde idades temperás todo o relacionado coa seguridade nos desprazamentos: casa-cole, cole-casa, ben facendo o camiño andando ou ben viaxando no coche (autobús) co sistema de retención infantil axeitado. Tamén é importante incidir na importancia de empregar o casco e os lugares apropiados nos desprazamentos en bicicleta e/ou patíns. Tanto como peón ou como viaxeiro no transporte privado ou público, os nenos e nenas de 3-6 anos deben ter adultos de referencia que fagan de modelos con conductas axeitadas.




Ao longo do curso fomos traballando con recursos da DGT: contos, xogos interactivos...sempre reflexionando sobre a propia práctica: vou na cadeira de seguridade e co cinturón ben posto no coche?, vou da man cando vou coa miña nai/pai/avós pola rúa? cruzo polo paso de peóns?...e facendo fincapé nas boas prácticas.

Deixámosvos varios enlaces onde podedes consultar información relacionada co tema, ler contos, xogar... Sexamos bos modelos para os nosos meniños!