Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 19 de xuño de 2015

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Hoxe celebramos a festa de fin de curso na escola de Sisán. Xogos, un contaconto en inglés: Gina Ginger, unha merendola saborosa e para rematar as actuacións e a entrega de diplomas aos nenos e nenas que rematan a etapa de Infantil. Un día cheo de diversión e de emocións. Feliz verán a todos e vémonos en setembro!










xoves, 18 de xuño de 2015

LA VOZ DE GALICIA: RESUMO DO ANO ESCOLAR DA ESCOLA DE PAIS E LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN

ESCOLA DE PAIS

Os 32 artículos publicados na Escola de Pais 

pódense descargar na web 




LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN

Por fin chegaron as vacacións, o sol, a praia, as excursións, o tempo para a familia e para os amigos e, como non, o tempo para ler. E, sobre todo, para ler o que un quere e todo o que queira. E co fin do curso escolar veñen tamén estas suxestións para acertar. Ideas para todos os gustos, que para iso hai libros de todos os temas e para todas as idades. Serios e divertidos, curtos e longos, movidos ou reflexivos... De todo hai quen teña escrito, para escoller ben o compañeiro dalgunhas das longas horas do verán. En galego ou en castelán... sempre hai un libro adecuado para cada lector.

RIBADUMIA B PROMOCIÓN 2014-2015

Os nosos amiguiños e amiguiñas de 5 anos rematan a súa etapa de Educación Infantil e o vindeiro setembro comezarán Primaria no "cole de maiores". Ímosvos botar moito de menos! Vide visitarnos cando queirades. Aquí teredes sempre a vosa escola!

LARA

ADRIÁN

WENCESLAO

IRIA

NEREA

GABRIEL

ANTONIO

ESCOLA DE RIBADUMIA CURSO 2014-2015






CUMPLES DE XUÑO E VERÁN













ZAPATOCAS. REVISTA ESCOLAR Nº 14


Xa temos nas nosas casas o novo número da revista escolar Zapatocas (xa imos polo 14!) onde podedes atopar un resumo con todo o que fixemos ao longo do curso escolar 2014-2015 no noso CRA de Ribadumia.

CONTOS DE GRIMM

Da man de Félix coñecimos os irmáns Grimm e toda unha chea de contos que escribiron. Canto nos gustaron!


xoves, 11 de xuño de 2015

PERCORRENDO BERLÍN EN BICICLETA: O MURO DE BERLÍN, A PORTA DE BRANDEBURGO...


A bicicleta é un medio de transporte moi empregado en Alemaña. A maioría das cidades conta con ciclovías polas que podes circular en "fahrrad" sen ningún problema. Nós montamos con Félix na bici e percorremos Berlín pasando por lugares tan emblemáticos como a Porta de Brandeburgo e o que queda do muro de Berlín e os seus mundialmente famosos graffitis. Sabiades que hai unha chea de inventos alemáns que empregamos de forma cotiá? A plastilina, os bonecos Playmobil, os osiños de gominola... E se agora na tele aparece Angela Merkel nas noticias, de seguro que polo menos un pouquiño vainos soar a súa cara.









sábado, 6 de xuño de 2015

BOLBORETAS A VOAR!


Un filtro de café, rotuladores de cores, flis flis con auga, deixamos secar e cun anaquiño de limpapipas poñémoslle corpiño e antenas. Xa temos as nosas bolboretiñas de cores!