Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 27 de febreiro de 2024

NI GUAU NI MIAU

 Lembrades a Tim, o dedo que vivía no nariz de Sofía? Pois o seu conto favorito é Ni Guau ni Miau! Unha nova aventura ilustrada por Gómez que nos encantou. 









ÚLTIMOS COMEFROITAS DO MES DE FEBREIRO

 Esta semana acaba o mes e xa están chegando os últimos Comefroias do mes de febreiro. Parabéns!



venres, 23 de febreiro de 2024

ROSALÍA DE CASTRO: CALDO DE GLORIA

 Coincidindo co Día de Rosalía de Castro, unímonos á proposta da casa de Rosalía propoñendo para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana facer o Caldo de Gloria do poema Miña casiña, meu lar. Animádevos a participar!


Podedes mirar o vídeo de como o fai o cociñeiro Xoanqui Ameixeiras na Casa de Rosalía.



Alma e o seu Caldo de Gloria
Moitas grazas por participar!


Valeria e o seu Caldo de Gloria. 
Moitas grazas por participar!





















martes, 20 de febreiro de 2024

ROSALÍA DE CASTRO: MIÑA CASIÑA, MEU LAR



 Hoxe Zapatocas tíñanos unha sorpresa preparada. Contounos que o vindeiro venres 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, a nosa poeta galega universal. 


Uníndonos un ano máis á iniciativa da Casa de Rosalía: Le a súa obra, fai o Caldo de Gloria e únete á Alborada, comezamos hoxe na biblioteca lendo o poema Miña casiña, meu lar nunha edición ilustrada por Blanca Millán para a editorial Galaxia.

Despois construimos a nosa casiña empregando seis pauciños de xeado que decoramos ao noso gusto. Mirade que ben están quedando!












O CONTO DE PIRATAS DE MANU

 Onte Manu trouxo un libro de piratas que quería compartir con nós. Con el descubrimos o mapa do tesouro, as sereas, a roupa pirata, o barco pantasma... Moitas grazas, Manu!



11 DE FEBREIRO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA





Da man de Ada Magnífica, científica, achegámonos á ciencia cos ollos dunha meniña curiosa que non para de facer preguntas para entender todo o que ve ao seu redor.



Vimos tamén un anaquiño da serie e despois probamos a facer nós o experimento. Funcionou!

Recortamos anaquiños de papel de cores. Cargamos os globos de electricidade estática pasándoos polo pelo. Achegamos os globos aos papeliños e...pegábanse!!! E así, como Ada e o seu equipo, recollimos e limpamos todos os retalliños.







luns, 19 de febreiro de 2024

MANU, REI COMEFROITAS

 Manu vén de acadar a súa coroa de Rei Comefroitas do mes de febreiro. Parabéns, Manu!



BARCO PIRATA

 


A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer un barco pirata. O de Aroa foi o primeiro en chegar a porto. Tripulación preparada! Moitas grazas por participar!

Aroa e o seu barco pirata


sábado, 10 de febreiro de 2024

ENTROIDO PIRATA

 O Entroido pirata chegou ao Auditorio de Ribadumia. O Mago Paco trouxo contos e  iMAXInAción, as nais da ANPA organizaron a Busca do tesouro máis xenial de todos os mares, merendola típica destas datas da man das familias do alumnado de 4 anos, desfile interior por mor do mal tempo e fin de festa bailando co pirata Chocolo. Unha vez máis o noso agradecemento infinito á ANPA e a todas as familias que se implicaron con tanto traballo e tanto agarimo para facer a decoración e organizar os xogos. Moitísimas grazas por formar parte da nosa tripulación! Vémonos á volta das vacacións o xoves 15 de febreiro! Que o pasedes moi ben!









Moitísimas grazas, mamás piratas!