Imaxe: Ricardo Liniers Siri

sábado, 29 de outubro de 2022

FESTA DO MAGOSTO E SAMAÍN

 


O venres 28 de outubro celebramos o Magosto e o Samaín na Escola de Leiro. Despois de dous anos sen poder xuntarnos nas festas, retomamos a tradición de celebralas en familia. Moitas grazas ás familias por participar con tanto entusiasmo e pola merenda para compartir. Moitas grazas tamén á ANPA do CRA de Ribadumia por decorar con tanto agarimo a escola e por vir asar as castañas. E moitas grazas tamén á Escola de Música de Ribadumia por encher de música a nosa festa.





Comezamos o día con música e exposición de cabazas decoradas, seguimos con contacontos, pintamáscaras e pasaxe do terror. Despois merendamos en familia e rematamos a festa cun teatro terroríficamente divertido preparado polas profes Montse e Olalla e o baile final dos esqueletos. Antes de marchar participamos na carreira solidaria Unoentrecienmil contra a Leucemia Infantil e voltamos á casa comendo castañas.


Saímos na prensa! Picade na foto
para ver a noticia completa


Feliz ponte a todas! Vémonos o mércores!
































venres, 28 de outubro de 2022

AROA E A CABAZA DE SAMAÍN

 Aroa mandounos as fotos de como prepararon a súa cabaza para a exposición. Que meeeeedo de cabaza!!







xoves, 27 de outubro de 2022

OUTRA CANCIÓN PARA BAILAR NO SAMAÍN


 

OVO CON ESQUELETO




Como mañá temos a festa do Samaín e o Magosto, a proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana adiántase e tráenos un: Ovo con esqueleto!

Aroa xa o preparou onte acompañado das vasoiras de bruxa. Vaia cea terroríficaaaaaa! Ata se apuntaron as arañas! Moitas grazas a Aroa e a súa familia por participar!



Alma preferiu preparar o esqueleto para almorzar e comezar o día con enerxía. Que boa pinta! Moitas grazas a Alma e a súa familia por participar!




Os ovos esqueletos de Sofía parece que bailan no prato! Moitas grazas a Sofía e a súa familia por participar!












martes, 25 de outubro de 2022

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


 Celebramos hoxe o Día das bibliotecas visitando a Zapatocas, que nos agasallou cunha guía de lecturas sobre dinosaurios. 




E no libro que nos tiña Dino preparado descubrimos os esqueletos dos dinosauros máis famosos. 














luns, 24 de outubro de 2022

RAÍÑA E REIS COMEFROITAS DO MES DE OUTUBRO

 Malia que comezamos aló polo mes de setembro, foi neste mes cando chegaron as primeiras coroas de Comefroitas. Parabéns, peques!









CABAZAS DE SAMAÍN

 



Coa profe Olalla fixemos cabazas de tiras de cartolina laranxa. A que quedaron ben chulas? Xa chega o Samaín!