Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 21 de decembro de 2023

FESTIVAL DE NADAL

 Hoxe celebramos o festival de Nadal no Auditorio de Ribadumia. Moitísimas grazas á ANPA por facer todo máis bonito con tanto agarimo, ás familias de 3 anos pola merenda e a todas as familias que viñeron ver as actuacións e compartir con nós esta festa. Que teñades unhas moi felices festas e un bo ano 2024! Vémonos á volta, o 8 de xaneiro!



























martes, 19 de decembro de 2023

BO NADAL!

 Por fin conseguimos facer unha foto do grupo completo para desexarvos:

Bo Nadal e felices festas!



LARA, RAÍÑA COMEFROITAS DO MES DE DECEMBRO

 Parabéns, Lara!


A ELFA FILOMENA E OS OBRADOIROS DE NADAL

 Postais de Nadal para as persoas que viven na residencia de maiores, adobíos para a árbore de Nadal (que podemos pintar na casa) e un centro con elementos naturais para poñer na mesa estas festas. Canto traballo, Filomena!







PABLO FAI 4

 O noso amigo Pablo vai estar de aniversario a vindeira fin de semana e como non imos poder felicitalo porque estaremos de vacacións, quixemos acompañalo nas súas 4 voltas ao redor do sol. Parabéns, Pablo! Canto medraches!









VALERIA FAI 5

 A nosa amiga Valeria estivo de aniversario a fin de semana pasada e no cole quixemos acompañala nas súas cinco voltas ao redor do sol. Parabéns, Valeria! Canto medraches!









domingo, 17 de decembro de 2023

O REI MECHOR

 


A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer o Rei Melchor. Moitas grazas a todas por participar, quedaron sensacionais!

Adán e o Rei Melchor


O Rei Melchor de Adán


Lara e o Rei Melchor



Alma e o Rei Melchor

sábado, 16 de decembro de 2023

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

 

Parabéns, Alma!

Un ano máis, participamos no Concurso de postais de Nadal organizado polo Concello de Ribadumia. A postal de Alma resultou gañadora e felicitará as festas a toda a veciñanza de Ribadumia. Parabéns, Alma!