Imaxe: Ricardo Liniers Siri

domingo, 29 de abril de 2018

FESTA DOS MAIOS 2018

O pasado venres celebramos en Leiro que o mes de maio está a piques de chegar. O noso cole encheuse de flores, pampullos, laranxas, ovos... e puxémonos mans á obra para poder vestir o maio, cantarlle e bailar. Fixemos cadenetas cos pampullos, coloreamos flores para a cabeza e disfrutamos co obradoiro de música con material de refugallo da man de Matrácala. Despois da merenda coa que nos agasallaron as familias dos nenos e nenas de tres anos, chegaron os gaiteiros e con eles seguiu a festa: gaitas, tambores, cantos,  bailes, muiñeiras en compañía das familias. Moitas grazas profe Ana e profe Ángeles polo voso traballo vestindo o maio! Quedou precioso!
Saímos na prensa Faro de Vigo e no Diario de Arousa.


Feliz ponte a todas e vémonos á volta, o 2 de maio!



















martes, 24 de abril de 2018

ANIMAIS DE COMPAÑÍA

Un novo conto ilustrado por Óscar Villán co que case se nos traba a lingua ao contalo: Animais de compañía.

Facendo a nosa caixiña para
os animais de compañía, como Dona María


GUÍA DE USUARIOS DA BIBLIOTECA

Hoxe levamos á casa a Guía de usuarios da nosa biblioteca. Estivemos mirando como está organizada, as cores, números e materias da CDU, as diferentes editoriais... e comprometímonos a coidala sempre, valorando a importancia de tela ordeada para poder atopar os libros que nos interesen en cada momento.


Guía elaborada pola profe Ángeles

Guía elaborada pola profe Ángeles


luns, 23 de abril de 2018

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO



Hoxe celébrase o Día do Libro. E que mellor maneira de facelo que lendo o libro Mar adiante, de María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018. Como é un conto longo só limos un anaquiño no que nos enteramos de que os nenos e nenas van embarcar no Arroas, un barco-escola! Xa vos iremos contando as aventuras que van ir ocurrindo nesta escola tan especial.

E un ano máis as familias da ANPA do CRA de Ribadumia agasalláronnos cunha caixa de contos para a nosa biblioteca e unha plantiña para cada un de nós. Moitísimas grazas!



NO MES DE ABRIL, BREIXO FAI 6




O noso compañeiro maior da clase, Breixo, fai 6 no mes de abril e hoxe quixo celebralo no cole facendo unha saborosa torta de galletas e chocolate da que non quedou nin a proba. Parabéns, Breixo!





PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA E A PROTECTORA DE CAMBADOS

O pasado xoves 19 de abril recibimos aos nosos amigos de Ponlle as pilas ao teu bocata. Viñan falarnos dos beneficios de incorporar peixe en conserva á nosa dieta. A verdade é que nós xa somos uns grandes entendidos no tema de poñerlle as pilas aos nosos bocatas así que lles demos a benvida cos brazos abertos. Vaia merendola que nos trouxeron!






E despois da merenda e de xogar no patio recibimos a visita dunha voluntaria da Protectora de Cambados que viña acompañada de tres canciños. Contounos as súas historias, púxonos un vídeo de como funcionaba a protectora e falounos da importancia das adopcións responsables. Ter un animal da casa require un compromiso grande! E nós que formamos parte do Voluntariado miúdo, quixemos colaborar con eles traendo unha chea de bolsas con comida, produtos de limpeza, obxectos para o mercadiño solidario... Moitas grazas pola vosa visita!






mércores, 18 de abril de 2018

LECTORIÑO

Do venres 20 de abril ata o luns 23 de abril desenvolverase o Lectoriño 2018 en Vilagarcía baixo o título "A máquina do Tempo: Viaxe ás nosas Orixes"


Picade na imaxe para ler o programa

martes, 10 de abril de 2018

BREIXO COMPLETA O ÁLBUM DOS BOCATAS DE LATA!

O pasado 26 de setembro de 2017 Breixo estreou o seu álbum dos Arroases de bocatas de lata. E hoxe, 10 de abril de 2018, logo de 24 bocatas de peixe, conseguiu completalo. Os Arroases mandáronlle un diploma de Capitán Arroas, un par de latas de conserva de peixe para que siga facendo os súperbocatas e un agasallo sorpresa que lle gustou moito. Noraboa, Breixo! Estás feito un Capitán Arroas!






xoves, 5 de abril de 2018

OS 11 AMIGOS DOS ARROASES

Chegou o momento de facer reconto e ver quen son os 11 amigos dos Arroases que máis saíron na prensa. E os gañadores son...

1ª SARDIÑA (saíu na prensa en 11 noticias)
2ª PESCADA  (saíu na prensa en 8 noticias)
3ª VIEIRA  (saíu na prensa en 7 noticias)
4ª AMEIXA  (saíu na prensa en 7 noticias)
5º ATÚN  (saíu na prensa en 6 noticias)
6ª CENTOLA  (saíu na prensa en 5 noticias)
7ª XURELO  (saíu na prensa en 5 noticias)
8º MARRAXO  (saíu na prensa en 5 noticias)
9ª LURA  (saíu na prensa en 4 noticias)
10º MEXILLÓN  (saíu na prensa en 4 noticias)
11º PEIXE ESPADA  (saíu na prensa en 4 noticias)

Coas fotos de todos eles fixemos un xogo para aprender os nomes en galego e castelán. A teacher Anabel xa probou hoxe e acertounos todos. Imos aprendelos nós tamén!




XOHANA TORRES: PERICLES E A BALEA

Pericles era un churreiro moi especial que un día marchou co seu can Argos e a balea Tálata sulcando o mar.
      Quentiños, douradiños,
      a la madelé, os churros
      que van fervendo.



martes, 3 de abril de 2018

SALÓN DO LIBRO 2018



A partir do vindeiro venres día 6 e ata o 29 de abril desenvolverase o Salón do Libro 2018 no Pazo da Cultura de Pontevedra. Podedes consultar todas as actividades que se van facer ao longo destes días no arquivo que aparece a continuación. Se tedes ocasión de pasar por alí, non dubidedes en participar, de seguro que merecerá a pena!