Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 30 de xaneiro de 2019

LA MAGIA DE UNA SONRISA

Que mellor día que o 30 de xaneiro para ler este conto! Con Martín e o seu bisavó aprendimos que o sorriso é máxico e que se temos unha actitude positiva ante as situacións que imos atopando ao longo do día de seguro que imos levalas moito mellor. Canto saben os avós e avoas e como se preocupan sempre de que nos sintamos ben! Vaia sorte que temos!

O libro ten realidade aumentada!


No conto viñan unha serie de palabras e de expresións que aparecían despois nunha lista. Coa axuda dos maiores límolas e decidimos se eran palabras que axudaban a sentirse mellor ou facíanos sentir tristes e enfadados. Finalmente pegámolas debaixo da cara que lles correspondía e escribimos o noso nome na lista e da cor coa que nos sentimos identificados. 

martes, 29 de xaneiro de 2019

A PAZ COMEZA CUN SORRISO

No noso cole queremos comezar construíndo a paz cun sorriso. Procuramos sorrisos dos de verdade. Úneste? 😊

Pica na imaxe para ver o vídeo que fixemos no cole polo Día da paz!






martes, 22 de xaneiro de 2019

ZAPATOCAS DI...ELIXE UN PERSONAXE DO CIRCO

E mirando nos libros do circo que hai na biblioteca, cada un de nós decidiu en que personaxe de circo quería convertirse.





luns, 21 de xaneiro de 2019

AS PREGUNTAS DO SABIO

O sabio vai axudar a Draco a reflexionar e coñecerse a si mesmo facéndolle preguntas. Nós tamén nos puxemos a pensar...Ás veces confundimos emocións ou non sabemos recoñecelas. Verbalizar o que sentimos axúdanos a poñerlle nome ás nosas emocións e buscar maneiras de expresalas para sentirnos mellor e ao mesmo tempo non facer mal aos que nos rodean.


O QUE ME FAI RIR É... 
- Os pallasos
- Xogar no patio coa moto, dous subidos e un empuxa. Que risa!

ALGO QUE ME DÁ NOXO É...
- O slime
- As algas na praia cando se me enredan no pé
- As leitugas
- A caca de can

ALGO QUE ME DÁ MEDO É...
- Un vampiro
- Quedar só na casa
- Un fantasma
- Un monstruo
- Una bruja en el bosque

ENFÁDOME CANDO...
- Cando non me deixan ir ao parque de bólas
- Cando me riñe mami
- Cando me chinchan ( o meu primo)
- Cando quero ir ao parque de bólas e teño que quedar na casa. Iso si que enfada moito!

SÍNTOME TRISTE CANDO...
- O meu can me rabuña
- Perder un dente se se che cae
- Cando a miña irmá me mordeu nunha perna
- Cando miña nai non me deixa ir ao parque de bólas porque sempre me porto mal.

SINTO VERGOÑA CANDO...
- Teño que saudar a xente que vive nun país estranxeiro (Villalonga)
- Falar con descoñecidos e agáchaste detrás dos teus pais.
- Dicirlle a mamá como estou
- Falar con quen non vou a ver moitas veces

SÍNTOME FELIZ CANDO...
- Coido a miña irmá pequena
- Xogo cos meus xoguetes
- Me regalan unha moto de cross con mando


sábado, 19 de xaneiro de 2019

NO FONDO DO MAR TAMÉN SABEN INGLÉS

Un dos animais mariños que máis nos atraen son os tiburóns. E a canción de baby shark e a súa familia en calquera versión encántanos para cantar e bailar. 





Outra canción que tamén nos gusta moito é Monkey banana. Debe ser porque unha das froitas que máis traemos ao cole é a banana. Ás veces xuntamos tantas coma os monos da canción!





CONTOS DE INVERNO

Cambiamos de estación e a hora de ler énchese de contos de inverno...




venres, 11 de xaneiro de 2019

AGASALLOS E LOTARÍA DE NADAL

Á volta das vacacións de Nadal o tema dos agasallos é inevitable. Os Reis Magos, Papá Noel e o Apalpador visitaron as nosas casas e necesitamos compartilo cos nosos amigos e amigas do cole. Que foi o que máis nos gustou do que nos trouxeron?


E o día 22 de decembro case todos vimos na tele os meniños e meniñas cantando os números da lotaría e os premios. Cantos números hai nun décimo de lotaría! E que ben sabemos cantalos!





mércores, 9 de xaneiro de 2019

FELIZ 2019





E co novo ano chegaron os agasallos do Apalpador. Canto os agachou desta vez! Pero ao final apareceron e xa os estreamos.