Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 26 de xuño de 2019

INFORMACIÓN CURSO 2019-2020

Para ampliar as fotos poñede o rato enriba de cada unha e no botón dereito dádelle "Abrir enlace nunha pestana nova".




Horario para os nenos e nenas de 3 anos
das Aulas Ribadumia A e Ribadumia B


Cando remate o período de matriculación, repartirase o alumnado novo
en dous grupos e avisarase ás familias. (Ver lista aquí)
Se estades no de Ribadumia B, este é o material complementario
que imos empregar na aula o vindeiro curso.
O alumnado de 4 e 5 anos que xa estaba en Ribadumia B,
segue no mesmo grupo.



O libro de inglés é o mesmo para todo o alumnado de
3,4,5 anos.


venres, 21 de xuño de 2019

IMOS A PRIMARIA!

Queridos Alba, Lois, Elisa e Diego. Chegou o momento! Rematou a vosa etapa de Educación Infantil e xa estades preparados e preparadas para comezar Primaria en setembro. Ao longo destes tres anos medrastes e aprendestes moito: a compartir, a ser amigos, a ler e escribir... Tivemos moita sorte de tervos de compañeiros e compañeiras nestes tres anos de aventura. Esta sempre será a vosa escola. Non deixedes de vir visitarnos! Feliz verán!

Alba

Diego

Elisa

Lois



FESTA DE FIN DE CURSO. O CIRCO DE VERÁN CHEGA A SISÁN


Un ano máis despedimos o curso en Sisán. Esta vez rematando o proxecto anual do circo. Agardamos que disfrutárades tanto coma nós. Feliz verán e vémonos á volta das vacacións!



Moitas grazas Kids&Us polo Storytime The King´s Servant!
Encantounos!























xoves, 20 de xuño de 2019

MATRÍCULA CURSO 2019-20


OS QUE PASADES PARA PRIMARIA LEMBRADE FACER A MATRÍCULA NO CENTRO NO QUE ESTADES ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO

RECECUARIO E CÓDIGOS SEGREDOS

Mañá celebraremos a festa de fin de curso en Sisán. Imos levar o noso Rececuario para que poidades comprobar o ben que nos quedou grazas ás receitas que nos enviastes. No Rececuario hai agachados uns códigos segredos que se escaneades cunha aplicación do móbil que lea códigos QR remitiranvos ás receitas que trouxestes despois do Nadal. 
Se o voso móbil non le este tipo de códigos, podedes atopar aplicacións gratuitas no Google Play ou na App Store. Buscades "lector de código QR" e xa aparecen. 


ÚLTIMO DÍA NA ESCOLA DE RIBADUMIA

Hoxe Alba e Marta trouxeron unhas ameixas boísimas para compartir á hora da merenda e no patio fixemos pulseiras da amizade. Nesas andabamos cando pasaron os avós de Lois e aproveitamos para facer a foto con eles no muro tan precioso que nos pintou Pepe.




mércores, 19 de xuño de 2019

CUMPLES DOS MESES DE VERÁN












MOITAS GRAZAS, AVÓ PEPE!





Hoxe veu Pepe Noya, o avó de Lois, ata a nosa escola. Queriamos agradecerlle o seu agarimo e o seu traballo pintando o muro da nosa escola e deixándoo tan bonito como quedou. Agardamos que lle gustara o libro que lle fixemos cos nosos debuxos. Neles vai todo o noso agradecemento e o noso agarimo. Moitas grazas, avó Pepe!



XOGUETES DE VERÁN

Achégase o verán. Imos xogar!



martes, 18 de xuño de 2019

LA VACA QUE LEÍA LIBROS


La Vaca que leía libros foi o último conto que limos na biblioteca este curso. Porque a aventura de ser lector comeza desde que nacemos e temos moita sorte de que no noso cole os libros sexan un tesouro que compartir cada día. Facede como a vaca Palmira, que desde que aprendeu, non para de ler.



venres, 14 de xuño de 2019

UNHA FESTA MÁXICA




Os magos e magas de Ribadumia convídanvos á festa de fin de curso que terá lugar en Sisán o vindeiro venres 21 de xuño. Non vola perdades!