Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 28 de setembro de 2018

FESTA DOS CUMPLES DO MES DE SETEMBRO

Hoxe celebramos os cumples do mes de setembro: Marta fixo 3, Joel fixo 4 e Elisa fixo 5! Os tres fixeron unha saborosa torta de galletas e chocolate da que non quedou nadiña. Moitos parabéns!











xoves, 27 de setembro de 2018

O CIRCO E O MUSEO DO FERROCARRIL

Nenos e nenas! Benvidos ao máxico mundo do circo! Hoxe o cole trasladouse ao circo que está estes días en Vilagarcía. Vimos  pallasos, acróbatas, malabaristas, números musicais e de maxia, o home bala e unha chea de actuacións que nos deixaron abraiados. 















Despois de merendar fomos ao Museo do Ferrocarril en Carril, onde nos falaron de como funcionaban os trens cando inauguraron a estación. Vimos obxectos, maquetas e un pequeno vídeo explicativo. Antes de marchar xogamos un pouco no parque da praia e regresamos á casa a comer. Vaia mañá tan completa!








martes, 25 de setembro de 2018

MARTES IMOS A LEIRO!

Hoxe comezamos a ir a Leiro. Coñecimos a Zapatocas, a mascota da biblioteca e collimos un conto para levar á casa. Tamén fixemos un marcapáxinas actualizado co noso nome e o noso número de usuasio que nos quedou precioso.





Tamén tivemos clase de inglés, Educación física e informática. E fomos á horta e ao invernadoiro! Vaia mañán tan atarefada!

mércores, 19 de setembro de 2018

PRESENTACIÓN DOS ESPECIALISTAS


Hoxe coñecimos ao dinosaurio DEX, que será a mascota da aula de inglés ao longo de todo o curso. Coa teacher Anabel, Dex e os seus amigos viviremos unha chea de aventuras.



Coa profe Ana imos coñecer os segredos da horta e do xardín e aprenderemos a comportarnos respectuosamente co medio ambiente.


Coa profe Olalla sacaremos os músicos que levamos dentro, bailaremos, cantaremos e pasarémolo moi requetebén.


Coa profe Belén e o seu obradoiro de estimulación oral, falaremos, inventaremos historias e aprenderemos a pronunciar mellor.



E coa profe Olalla mergullarémonos no mundo das TIC e moverémolo corpo para favorecer hábitos de vida saudable.



EQUILIBRIOS



martes, 18 de setembro de 2018

MARTES DE BOCATAS


Hoxe inauguramos os martes de bocata! Diego animouse cun bocata de atún e Joel cun bocata de sardiñas. Bravo, Arroases! (Non temos foto porque cando a profe quixo facela xa non había bocatas! Estaban tan bos que non quedaron nin as faragullas!)

UN PESADELO NO MEU ARMARIO


Quen non tivo algunha noite un pesadelo? Hoxe abrimos os armarios e sairon unha chea de pesadelos: grandes, pequenos, de lunares, orelludos, dentudos, coloridos... O mellor foi que nos fixemos amigos deles e xa non lles temos medo!







XOGAMOS



SIMETRÍAS