Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 17 de maio de 2024

CONCURSO DÍA DAS LETRAS GALEGAS ANPA DO CRA DE RIBADUMIA

 Un ano máis, participamos no Concurso do Día das Letras Galegas organizado pola ANPA do CRA de Ribadumia. Falamos de Luísa Villalta e da paisaxe coruñesa que aparece nas súas obras. A cidade onde naceu, os barrios, o seu "violino", a Peixaría, a Torre de Hércules, o mar... e puxémonos mans á obra.

Moitas grazas á ANPA do noso CRA por fomentar e coidar a nosa lingua guapa!















XOGAMOS CON LUÍSA VILLALTA

 



Onte botámoslle un ollo ao material creado polo Seminario Galán co gallo do Día das Letras Galegas. Primeiro descubrimos o nome de Luísa Villalta agachado detrás dun código secreto e despois completamos o xogo de memoria. Gustounos moito! Se queredes xogar na casa, picade na imaxe para abrilo.




mércores, 15 de maio de 2024

LINGUA GUAPA

 



A nosa pirata vai na procura das palabras máis fermosas do galego. Nas nubes foron aparecendo as palabras que trouxemos da casa. Algunhas repetidas, outras únicas. A nosa lingua guapa está chea de palabras fermosas.






FELIZ DÍA DA FAMILIA!

 Hoxe limos un conto que mostra moitos tipos de familias e falamos das nosas, todas diferentes e únicas. O que temos claro é o moito que as queremos e o moito que nos queren. As nosas familias son as mellores!


Á saída levamos as flores e as bolboretas que fixemos coa profe Olalla e que tiñamos preparadas para levar este día especial. Feliz día da familia!







MÁIS COMEFROITAS DE MAIO

 






martes, 14 de maio de 2024

ADAPTARSE O... LA FALDA MORADA DE LEO

 


Hoxe descubrimos un novo mural de Lidia Cao: Adaptarse o... Realizado en Fuengirola, forma parte do Paseo dos Murais. Falamos do que alí aparece: catro peixes laranxas, algas, pompas, burbullas, unha nena... Parece o fondo do mar. A nena está no fondo do mar. Ten os ollos pechados. Está durmindo. No fondo do mar non se pode durmir, que afogamos. Que ten na cara? Parecen escamas de peixe. Ao mellor é unha serea...

No cartel que acompaña o mural pon:

El mural relata en términos sutiles una historia de adaptación. Nos encontramos con un ser humano, de edad temprana, aprendiendo a vivir en un medio que aparentemente no es el suyo propio, pero lo supera adaptándose a él y convirtiéndolo en un espacio seguro donde los sueños tienen una parte indispensable. En el trasfondo de la idea se guarda una historia cruda y llena de complejidad personal, donde cada niño y niña supera una situación negativa gracias a su fuerza de voluntad y capacidad de racionalizar.

O conto que acompaña o mural e que limos na biblioteca é La falda morada de Leo. Tras a lectura falamos da importancia de respectar os gustos de cadaquén. Encántanos a túa saia morada, Leo!








O pai de Leo coméntalle que hai culturas nas que os homes empregan saias e vestidos:




A súa nai contoulle tamén que hai moitos anos as mulleres tiñan prohibido usar pantalóns e só podían usar saias ou vestidos. Miramos a roupa que traíamos hoxe e nenos e nenas vestíamos pantalóns. Como cambiaron os tempos!







SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: DE ROSALÍA DE CASTRO A LUÍSA VILLALTA

 Aproveitando un dos murais gañadores do concurso do Día das Letras Galegas organizado pola Consellaría de Educación, coñecimos as seis mulleres que protagonizaron este día, comezando por Rosalía de Castro no ano 1963  e rematando en Luísa Villalta este 2024.



Despois fixemos un xogo para levar para á casa e xogar en familia. Por cada muller que adiviñedes, gañaredes un punto. Podedes acadar unha puntuación máxima de 6. A ver quen consegue máis!









ALEXIA, RAÍÑA COMEFROITAS DO MES DE MAIO

 


domingo, 12 de maio de 2024

IMOS EN BICICLETA?

 A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer unha bicicleta de froitas. A primeira en chegar foi a de Adán. Quedoulle fantástica! Moitas grazas a todas por participar!

Adán e a súa bicicleta de froitas


A bicicleta de froitas de Adán




UNHA RAIA ELÉCTRICA DE 28 QUILOS


 Na edición dixital da Voz de Galicia limos que na praza de abastos de Pontevedra tiñan unha raia eléctrica de 28 quilos. Vimos un vídeo para coñecela no seu hábitat e despois pesamos nós varios exemplares de xoguete. Sabedes cal pesaba máis?








LIMÓN


Como nos gusta o conto de Limón! Moitas grazas á profe Ángeles que nos trouxo os limóns e á profe Ana que nos trouxo a caixa da sorpresa.