Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 11 de marzo de 2019

DRACO, ANDREIA, IRIS E A EMPATÍA




Hoxe xogamos con Draco, Andreia e Iris a descubrir o que temos en común cos nosos compañeiros e compañeiras e a aprender a respectar o que é diferente. Non tiñamos follas de nenúfar pero si folios de cores como o arco da vella de Iris. Cada un tiña varios papeliños da súa cor. Nun deles escribimos algo que nos gustase: estar cos amigos e amigas, comer, bailar, dar bicos e cantar. E por quendas fomos colocando un papeliño da nosa cor ao lado se tamén nos gustaba ou pasábamos se non nos gustaba e podíamos dar unha explicación de por que non. Ao rematar descubrimos que había dúas cousas nas que había papeliños de todas as cores e que nos gustaban aos cinco: dar bicos e cantar!



Despois fixémolo outra vez pero escribindo xogos: tenis, fútbol, bonecas, comba e cociñar. Por quendas puxemos os papeliños ao lado do xogo que nos gustaba e descubrimos que saltar á comba e cociñar nos gusta aos cinco! E o fútbol e as bonecas a tres de nós!





Ningún comentario:

Publicar un comentario