Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 31 de outubro de 2017

FESTA SAMAÍN E MAGOSTO 2017

Un ano máis celebramos a festa do Samaín e o magosto en Leiro. Fixemos actividades a primeira parte da mañán (contacontos, visionado de pelis do Samaín, obradoiro de cestiñas de castañas e xogos) mentres as familias voluntarias asaban as castañas. Moitas grazas pola vosa colaboración! A media mañá merendamos convidados polos nenos e nenas de 5 anos e xogamos un pouco no patio mentres se preparaba o ilustrador Héitor Picallo para explicarnos como fai as ilustracións dos seus libros de Tilirín. A continuación veu a bruxa Hermelinda a facer unha apócema marabillosa e rematamos bailando a canción dos monstruos peludos. Día completo! Agardamos que o disfrutásedes todos moito!




















O TARDO





venres, 27 de outubro de 2017

martes, 24 de outubro de 2017

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS


Co gallo do Día das Bibliotecas, hoxe Zapatocas agasallounos cunha guía de lecturas que recolle unha chea de libros relacionados coa Mitoloxía e que temos na nosa biblioteca. Xogamos a buscalos e despois limos algún que nos chamou a atención e que aínda non coñeciamos.

















luns, 23 de outubro de 2017

A ÁRBORE DA ESCOLA


A semana pasada limos este conto no cole que nos gustou moitísimo. Lede os comentarios sobre el neste enlace