Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 31 de outubro de 2023

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

 Hoxe celebramos en Leiro as festas do Samaín e o Magosto e o noso cole encheuse de bruxas e bruxos. Participamos na carreira solidaria La vuelta al cole, gozamos coa música e co contacontos de Daniela pirata e a bruxa Sofronisa, percorrimos o paseo do terror que montaron as familias da ANPA, merendamos convidados polas familias dos nenos e nenas de 5 anos, escoitamos os contos e a música tradicional que trouxo a ANPA e rematamos a festa bailando a canción que ensaiamos coa profe Olalla e levando as castañas que estiveron asando as familias ao longo da maña. Moitísimas grazas a todas pola vosa axuda e por colaborar sempre con tanto agarimo. Vémonos o xoves!



























domingo, 29 de outubro de 2023

DÁMOSVOS A BENVIDA Á TERRA MEIGA

 Hai uns días recibimos a proposta de convertirnos en meigas e feiticeiros. A maxia encheu os nosos fogares e xa podemos darvos a benvida á nosa Terra Meiga. Pero que medo! Moitas grazas ás familias por participar, por implicarvos tanto e polo agarimo con que o fixestes. Sodes máxicas!

Alma, a meiga moderna


Pablo, o meigo morado dos boliños

O meigo morado dos boliños facendo a súa maxia

                                       


Lara, a meiga cociñeira


Adán, o feiticeiro arácnido

Manu, o feiticeiro dos dinosaurios

Aroa, a bruxa Patuxa


Nicolás, o feiticeiro



Alexia, a meiga clásica



OS MOUCHOS DAS CASTAÑAS

 


Lembrades que hai uns días estivemos apañando follas de carballo? E de que tivemos que traer un cartón de leite ao cole? Pois xa podemos dicirvos que coa profe Olalla puxémonos mans á obra e fixemos uns mouchos para levar as castañas asadas o día do magosto. A que quedaron xeniais?




A CASA DA BRUXA

 


A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer a casa da bruxa. E cal é a casa da bruxa máis famosa que coñecemos? A do conto de Hansel e Gretel, que limos na biblioteca e nos fascinou. Tamén o vimos neste vídeo.


Moitas grazas a todas as familias por participar! Cantas casiñas da bruxa están enchendo o noso blog!

Aroa e a casiña da bruxa


A casiña da bruxa de Adán

Adán e a súa casiña da bruxa


Alma e a súa casiña da bruxa



Casiña, voute papar!



Lara e a súa casiña da bruxa



Valeria e a súa casiña da bruxa