Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 23 de abril de 2024

CALENDARIO DE ARTE DE LIDIA CAO

Aproveitando que estamos en abril, o mes dos libros, comezamos o noso calendario de arte do curso 24-25. Cada mes irá asociado a un mural de Lidia Cao e a un conto que dalgunha maneira conecta co mural. Cada vez que descubrimos un mural novo sentamos a falar do que aparece e xogamos a pensar que pode ocurrir alí. Despois lemos o conto e tentamos averiguar cal é a conexión co mural correspondente.
Nesta mesma entrada iremos engadindo todo o que vaiamos facendo.








Hic svunt dracones/ ¡Se busca! Lily la liebre ladrona de libros


Construír/ Os tres porquiños



FELIZ DÍA DO LIBRO 2024!





 Moitas grazas á ANPA do CRA de Ribadumia polos contos que nos agasallaron para a nosa biblioteca e polos que levamos para á casa. Encantáronnos!

E que mellor maneira que celebrar o Día do Libro que lendo! Un dos contos que tiña preparados Zapatocas era Ler senta ben, de Todd Parr. E outro que tamén limos foi a historia de Caracol e Vermiño. Queredes coñecela vós tamén?







MÁIS COMEFROITAS DO MES DE ABRIL

 






domingo, 21 de abril de 2024

CAMELIAS SABOROSAS




A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer unha camelia. E a primeira en chegar foi a de Adán. Que florida e fermosa quedou! 
Moitas grazas a todas por participar!



sábado, 20 de abril de 2024

OS CORAZÓNS DE VALERIA

 Valeria chegou o venres cargada de corazóns que fixo na casa para repartir. Cada un personalizado cun debuxo e o nome da persoa destinataria. Moitas grazas a Valeria e á súa familia. Encantáronnos!



CAMELIAS

 A camelia do noso patio está cargada de flores. Coas que van caendo xogamos fóra: cociñámolas, adornamos pasteis, lanzamos os pétalos ao aire... O venres recollimos algunhas e levámolas para dentro a ver que se nos ocurría facer con elas.






O martes pasadoZapatocas, que sabe que no patio da nosa escola temos unha camelia preciosa chea de flores, tíñanos preparado o conto: A fada das camelias.

No conto coñecimos a lenda das fadas que coidan as camelias. Sabíades que cada cor relaciónase con algo diferente?Amor, música, imaxinación... Cal é a vosa favorita?







xoves, 18 de abril de 2024

PINGÜÍN

 Hoxe fomos ata Pontevedra a ver a obra de teatro Pingüín no Auditorio de Abanca.  Bobo vai ter un irmán. Aínda que ao principio cústalle aceptalo, ao final comprenderá que gañou un amigo para toda a vida. 

E despois do teatro, merendamos e xogamos no parque antes de regresar ao cole. Que ben o pasamos!








martes, 16 de abril de 2024

sábado, 13 de abril de 2024

NÓS TAMÉN COIDAMOS O MONTE!

 Onte fomos ata Baroña, en Porto do Son, convidados pola Universidade de Vigo para participar nunha actividade dentro do Proxecto Multiforest. O grupo de profesionais que nos recibiu falounos da importancia de coidar o noso monte e de todo o que podemos atopar nel: vexetación, animais... Despois plantamos castiñeiros, cereixeiras e freixos. Árbores pequeniñas que co paso dos anos medrarán e darán os seus froitos. Logo de merendar e antes de despedirnos repartiron unha bolsa de agasallos para cada un. Moitas grazas polo convite! Aprendimos moito!









xoves, 11 de abril de 2024

JANE GOODALL FAI 90








 Esta semana limos na prensa que a primatóloga Jane Goodall fixo 90 anos. Afondamos un pouco máis na súa historia e soubemos que desde moi pequena quixo dedicarse a defender e estudar os chimpancés. Que de meniña tiña un peluche ao que lle tiña moito agarimo e que hoxe en día segue traballando acompañada sempre do seu chimpancé de peluche que come unha banana e dun colgante co mapa de África, o continente onde viven os seus queridos primates.






domingo, 7 de abril de 2024

O COFRE DO TESOURO

 

A proposta para o obadoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer o cofre do tesouro. Despois do barco pirata, dos peixiños que atopamos polo camiño, da illa e do mapa, só quedaba atopar o tesouro. A primeira que o atopou foi a pirata Lara. Parabéns e moitas grazas a todas por participar!

Lara e o seu cofre do tesouro

Adán e o seu cofre do tesouro