Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 19 de decembro de 2018

CUMPLES DO MES DE DECEMBRO

Hoxe celebramos os cumples do mes de decembro. Leo e Carla prepararon a tarta para convidarnos e non quedou nadiña. Parabéns! Canto medramos!









luns, 17 de decembro de 2018

COÑECEMOS A DRACO


ALBA E MARTA TRAEN TESOUROS DO MAR



Alba e Marta trouxeron dous tesouros do mar que tivemos que observar moi ben para poder facer hipóteses do que podían ser. Finalmente resultou que estábamos ante un ourizo de mar e un ovo dun tiburón que podemos atopar nas Rías Baixas e que ten varios nomes: pintarroja en castelán e melgacho ou can do mar en galego. Toda esta información sacámola do blog Tiburones en Galicia.

E tamén deste libro que temos na nosa biblioteca:




Tamén vimos como é un ourizo de mar cando seca, cáenlle os pinchos e queda o esqueleto. 

Ourizos da Escola de Leiro

Nesta páxina podemos ler as características, curiosidades e receitas co ourizo de mar. 
E aquí a receita de guiso de pintarroja. Alguén se atreve a probalos?

sábado, 15 de decembro de 2018

FAMILIAS A BORDO! O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR!

Queridas familias, 
unha vez máis pedimos a vosa colaboración para embarcarnos no sabor da aventura está no mar e achegar os vosos fillos e fillas a novos sabores e a unha alimentación saudable. Á volta do Nadal, e con todo o material que nos traiades: receitas, fotos, cunchas, enquisa de proba de novos produtos do mar... imos argallar unha chea de actividades. Moitísimas grazas polo voso esforzo e a vosa axuda!





venres, 14 de decembro de 2018

O APALPADOR. LEANDRO LAMAS E ROBERTO GRANDAL


A NOSA PEIXERÍA

Aproveitando a publicidade dos supermercados que nestas datas teñen unha chea de fotos de peixes e mariscos xogamos a abrir a nosa propia peixería. A cada un de nós tocábannos 4 fotos para colocar no mostrador e tiñamos que ir ao folleto para atopar o seu nome e escribilo debaixo. Temos unha chea de produtos do mar que ofrecervos na nosa peixería!




No folleto aparecía unha receita na que buscamos os ingredentes


SOPA VERDE, DE OQO


Con este conto tan divertido aprendimos que temos que probar antes de dicir que unha comida non nos gusta para que non nos pase como ao coelliño!

O MAR ENCHE OS XOGOS DE MESA

Continuamos aprendendo xogos os venres coa profe Olalla e hoxe tocaron xogos relacionados co mar e os seus habitantes. Que ben o pasamos!




xoves, 13 de decembro de 2018

OS BOLECHAS VIAXAN AO POLO NORTE




Os Bolechas celebran o Nadal no Polo Norte e pasarán por Cambados e Vilagarcía. Apuntade as datas no calendario e non volo perdades!


  • Mércores 26 de decembro, no Salón José Peña de Cambados, ás 18:00 h.
  • Xoves 27 de decembro, no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, ás 18:00 h.

O TRAZO DAS LETRAS

Parece que o enlace que tiñamos antes non funciona. Podedes xogar nestes dous que aparecen debaixo. Algunhas letras teñen un trazo que non empregamos (k, z). Nós facémolo no cole máis simple. Na imaxe podedes ver tamén a direccionalidade de cada letra.

LETRAS




mércores, 12 de decembro de 2018

PINCELADAS MUSICAIS


A Banda de Música Municipal de Ribadumia visitou hoxe a nosa escola para convidarnos a participar nos preparativos de: Pinceladas musicais, que se desenvolverá o vindeiro domingo 16 de decembro no Auditorio de Ribadumia. Non volo perdades porque alí poderedes ver o cadro tan fantástico que fixemos hoxe despois de escoitar La leyenda del beso.
Moitísimas grazas pola vosa visita! Pasámolo xenial!












ADOBÍOS DE NADAL

Tempo de Nadal, tempo de adobíos! E co artistas que nós somos, puxemos mans á obra e...



martes, 11 de decembro de 2018

OS 5 CONSELLOS DO FUNÁMBULO


Falamos dos consellos que nos dá Funámbulus para manter o equilibrio e despois escribimos as nosas interpretacións. Sempre mirando cara adiante, sen presas, pasiño a pasiño, observando e aprendendo cada día. Aprendimos unha palabra que nos pareceu moi difícil: perseverancia. Porque cando non sae á primeira, hai que volver a tentalo! E sempre, sempre confiando nas nosas posibilidades!

112 EMERXENCIAS

Coñecedes a Luca? Luca é un neno de 4 anos que vén de recibir unha medalla despois de salvar a súa nai.  Cando a veu desmaiada no chan lembrou que a súa profe Elisa lles dixera que o 112 era o número de emerxencias e non dubidou e chamar. Axiña veu a ambulancia e a historia acabou con final feliz. Nós tamén aprendimos o número igual que Luca. Esperamos non ter que marcalo máis que no teléfono da nosa cociniña!