Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 26 de febreiro de 2019

CARGANDO AS VARIÑAS MÁXICAS




E por fin chegou o día. Nun lugar máxico como é a nosa biblioteca e os instrumentos necesarios: sombreiro de mago, palabras máxicas, plumas de cores dunha ave máxica que vive no Himalaia, un ingrediente que cada un de nós lle engadiu e po de mago, as variñas persoalizadas quedaron cargadas de maxia da boa.

INGREDIENTES SEGREDOS (Shhhhh...)
Marta engadiu unha mancha de Ladybug
Leo unha pulga de gato
Alba tearañas
Diego unha uña de gato
Lois unha mancha de dálmata
Lía o yoyo voador de Ladybug
Manuel un pelo de bigotudo
Víctor un pelo de león
Carla un nariz de rato
Joel unha ala de Batman
Elisa unha mancha de xoaniña
e a profe un corazón de melón
















MARTES: O MECO MANDA...TRAER A CARA PINTADA


xoves, 21 de febreiro de 2019

AS ORDES DO MECO PARA A SEMANA DO ENTROIDO (25 FEB-1 MARZO)


A vindeira semana entramos de cheo no Entroido e coma todos os anos, o Meco manda. No debuxo podedes ver o resumo das ordes do Meco para que non esquezades ningunha. Animádevos a participar, vai ser moi divertido!

BIBLIOPATIO

A familia de Diego tróuxonos unha estantería de cartón que imos empregar para facer unha Bibliopatio nos días que faga sol. Por se a alguén lle apetece poñerse á sombra acompañado dun bo libro. Hoxe comezamos a poñela bonita e a maioría xa quixo estreala. Moitísimas grazas!






MERENDAMOS DE PICNIC


martes, 19 de febreiro de 2019

ROSALÍA

Cada vez que se achega o 24 de febreiro volvemos ler esta pequena biografía de Rosalía que tanto nos gusta. Grazas a ela lembramos que Rosalía naceu en Santiago de Compostela, que aprendeu a falar galego, a lingua na que comezaría a escribir as súas historias e poemas que tiñan como protagonistas os paxaros, os ríos, o moucho, as herbas e as campás... Encántanos cando lemos que Rosalía ía á escola, que lle gustaba pintar e debuxar, ler e escribir, saltar nos charcos e pasear polo monte; que tocaba a arpa, o piano, a guitarra e a frauta; que casou co escritor Manuel Murguía e que tiveron varios fillos; que publicou varios libros de poesías e que a súa casa de Padrón, agora convertida en museo, pode visitarse. Parabéns, Rosalía! Achégase o teu día!





luns, 18 de febreiro de 2019

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2019


Hoxe celebramos a Xornada de Portas Abertas no noso CRA. As familias que se animaron a vir cos seus fillos e fillas puideron coñecer as escolas e as instalacións, as mestras e disfrutar do teatro O frautista de Hamelín. Se non fos foi posible vir e queredes achegarvos noutro momento, chamade por teléfono e concertade cita para outro día.O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO É DO 1 AO 20 DE MARZO.











sábado, 16 de febreiro de 2019

APADRIÑA UN PINGÜÍN



Ata o 15 de marzo podedes sumarvos á Campaña Apadriña un pingüín. Picade na imaxe para ler a información completa desta campaña solidaria e aquí para acceder directamente ao formulario.


Na nosa aula xa apadriñamos un pingüín! Entre todos eliximos varios nomes, votamos e saíu por maioría Yaya. Mirade o noso diploma! Comprometidos co Medio Ambiente desde pequenos!






AVES MARIÑAS

Lembrades a píllara das dunas que aniñaba nas dunas da praia da Lanzada? Pois hoxe no FARO DE VIGO limos que no Illote do Areoso, na Illa de Arousa, hai outras tres aves mariñas que aniñan alí: a gabita, o gaivotón e a gaivota patiamarela. Grazas ao libro que nos trouxera o Apalpador: Inventario ilustrado dos mares, puidemos diferenciar as tres aves e aprender unha característica especial de cada unha. A gabita ten un peteiro longo e laranxa co que abre as cunchas para comer (tamén lle chaman ostreiro euroasiático. Débenlle de gustar moito as ostras!). O gaivotón é unha gaivota grande coas patas rosas e a gaivota patiamarela é máis pequena coas patas amarelas. Xa podemos recoñecelas cando as vexamos. Se vos coincide atopar algunha destas aves e sacarlle unha foto, mandádea ao noso mail para que a poidamos ver todos.