Imaxe: Ricardo Liniers Siri

domingo, 28 de abril de 2024

AROA, FINALISTA DO CONCURSO DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI!



 Hai uns días chegounos a noticia de que o deseño de Aroa quedara entre os 80 finalistas do Concurso Deseña unha xoia para a túa nai, organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia. Hoxe foi a festa coa entrega de diplomas e agasallos. Moitos parabéns, Aroa! Alegrámonos moito de que desfrutaras desta xornada en familia!







FLORES DE PRIMAVERA

 


A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer flores de primavera. As primeiras en chegar foron as de Adán, nunha paisaxe florida e fermosa. Moitas grazas a todas por participar!



JUANITA E PINGÜÍN

 




O pasado 18 de abril Juanita veu visitarnos e cando chegou á nosa aula...Oh! Sorpresa! A escola estaba pechada! Preguntando por aí dixéronlle que foramos a Pontevedra a ver Pingüín. Entón decidiu agardarnos e mentres buscar na nosa biblioteca información sobre pingüíns. Cando chegamos á clase ao día seguinte, atopamos a Juanita co libro Inventario Ilustrado dos mares e un marcapáxinas cunha palabra e un debuxo no lugar onde aparecían os pingüíns.

Saudamos a Juanita cunha chea de apertas e miramos na bolsiña as normas para xogar a pensar con ela. Estaba moi interesada en que lle contáramos onde fóramos o día anterior.

Pr: Que aparece neste marcapáxinas que nos deixou Juanita?

Ad: El huevo con manchas.

Pr: Que era o ovo con manchas?

M: Manchitas

L: Manchitas!

Pr: E quen era Manchitas?

M: El hermanito de Pingüi

Pr: Juanita, imos contarche onde fomos onte

M: A ver. Fomos a ver a Pingüi

Pr: Como fomos?

M: En autobús. El autobús era azul y amarillo. Y nos recogió en Leiro

L: Y después fuimos al parque

M: Y hay que llegar rápido para que el autobús...

Pr: E como temos que ir no autobús?

Ad: Abrocharse!

Pr: Que abrochamos?

Todos: El cinturón!

Pr: E onde nos levou o autobús?

Varios dubidan: Pontevedra

M: Ao teatro

Pr: E ao chegar ao teatro que fixemos?

M: Había que estar sentados, abrir las orejas atentas.

Al: Callados

M: La chica dijo que los móviles apagados. Las luces molestan.

Pr: Eu vin outras luces que molestaban.

Ad: As do sol

N: las de la luna

Varios: dos zapatos!

Pr: Os tenis que teñen luces, si. Molestan porque para acendelos temos que estar petando no chan e iso fai ruído. E despois as luces molestan cando están contando a historia coa luz apagada. 

Pr: Como se chamaba o pingüín?

N: Bobo

Pr: Con quen vivía Bobo?

M: Con papá y con mamá

Por: E con quen xogaba moito?

N: Cucurucho

Ad: Y lo pilló por la espalda

M: Y él le dijo: No se puede pillar por la espalda!

Ad: Pues yo si te pillo por la espalda tienes que decir que sí

M: Uno decía: Ya no juego

Ad: Y el otro dijo: Ya no juego

L: No juego!

M: Y cuando llegó el hermanito de la luna, que ya cayó de la luna y ya tenía a Manchitas

N: Cómo que cayó de la luna?

Pr: Que traballos facían mamá e papá?

M: pescar, hacer una tarta de pulpo y de atún...

Pr: E un día dixéronlle: Bobo, temos unha sorpresa!

M: Sí, que llegó el hermanito de la luna!

N: De la luna?

Pr: Dixeron que cando pasara o tempo e viñera a lúa chea, chegaría o irmanciño. E cando lle amosaron o irmanciño, como era?

Ad: Gris

M: Era un huevo!

Pr: A Bobo gustoulle o irmanciño?

Varios: No!!!

M: No, porque no podía jugar con él

Pr: Que pasou un día que Bobo tiña que coidar o irmanciño mentres mamá e papá ían pescar?

N: Pasó Cucurucho

M: Cucurucho pensaba que era una pelota y la lanzó para allí todo lejos y luego desapareció

N: Tuvo que buscarlo la mamá

M: Pero el papá le dijo que casi se mezclaba con la hierba. Y podría romper como los huevos de la gallina que si los petas fuerte rompen.

Pr: Que lle pasou a Bobo cando lle dixeron iso?

M: Quiso irse de casa

Ad: Y se marchó

M: porque pensó que no lo querían. Se fue al Polo Norte.

Pr: Quen apareceu cando quería marchar?

M: su amiga

Ad: La foca

Pr: E que falaron?

M: quería jugar pero Bobo quería marchar al Polo Norte. Muy lejos. Y ella se lo iba a decir a su mamá. Pero él le dijo que no le importa. Y se metió en el agua. Y apareció un tiburón como en mi libreta.

L: Y había una ballena.

M: Lo quería rescatar para ir al Polo Norte y le dijo que también va. Y se subió a la espalda.

Pr: E cando chegaron ao Polo Norte, que fixo Bobo?

M: Buscaba a otros pingüínos pero solo estaba Papá Noel.

Ad: No

M: No, la niña

Ad: Le dijo que no había pingüinos

M: Bobo le dijo que su familia no le quería y que tenía un hermanito

N: ella tenía siete hermanos.

Pr: Que lle dixo a nena?

Varios: que volvera á súa casa

Pr: Bobo non quería facerlle caso pero preguntounos a nós que debía facer. E que lle dixemos?

M: Yo le dije que no

L: Sííí

Pr: E que fixo Bobo?

Varios: Volver!

M: Y nadó y le apareció otra vez el tiburón, el tiburón, el tiburón...

L: Y llegó al Polo Sur, de abajo!

Pr: E quen estaba agardando por el?

M: Su papá y su mamá.

L: No me comas, tiburón!

Pr: E que descubriu Bobo?

M: Que naciera el hermanito

Pr: E como se chamaba?

M: Tutifruti! Manchitas

N: Bubu

Pr: Gustouvos a obra de teatro?

Varios: Muchooooo

N: A mí me flipó

Rematamos a sesión coa avaliación e dándolle a Juanita as grazas por visitarnos. Ata pronto, Juanita!



martes, 23 de abril de 2024

CALENDARIO DE ARTE DE LIDIA CAO

Aproveitando que estamos en abril, o mes dos libros, comezamos o noso calendario de arte do curso 24-25. Cada mes irá asociado a un mural de Lidia Cao e a un conto que dalgunha maneira conecta co mural. Cada vez que descubrimos un mural novo sentamos a falar do que aparece e xogamos a pensar que pode ocurrir alí. Despois lemos o conto e tentamos averiguar cal é a conexión co mural correspondente.
Nesta mesma entrada iremos engadindo todo o que vaiamos facendo.








Hic svunt dracones/ ¡Se busca! Lily la liebre ladrona de libros


Construír/ Os tres porquiños



FELIZ DÍA DO LIBRO 2024!





 Moitas grazas á ANPA do CRA de Ribadumia polos contos que nos agasallaron para a nosa biblioteca e polos que levamos para á casa. Encantáronnos!

E que mellor maneira que celebrar o Día do Libro que lendo! Un dos contos que tiña preparados Zapatocas era Ler senta ben, de Todd Parr. E outro que tamén limos foi a historia de Caracol e Vermiño. Queredes coñecela vós tamén?







MÁIS COMEFROITAS DO MES DE ABRIL

 






domingo, 21 de abril de 2024

CAMELIAS SABOROSAS




A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer unha camelia. E a primeira en chegar foi a de Adán. Que florida e fermosa quedou! 
Moitas grazas a todas por participar!



sábado, 20 de abril de 2024

OS CORAZÓNS DE VALERIA

 Valeria chegou o venres cargada de corazóns que fixo na casa para repartir. Cada un personalizado cun debuxo e o nome da persoa destinataria. Moitas grazas a Valeria e á súa familia. Encantáronnos!



CAMELIAS

 A camelia do noso patio está cargada de flores. Coas que van caendo xogamos fóra: cociñámolas, adornamos pasteis, lanzamos os pétalos ao aire... O venres recollimos algunhas e levámolas para dentro a ver que se nos ocurría facer con elas.






O martes pasadoZapatocas, que sabe que no patio da nosa escola temos unha camelia preciosa chea de flores, tíñanos preparado o conto: A fada das camelias.

No conto coñecimos a lenda das fadas que coidan as camelias. Sabíades que cada cor relaciónase con algo diferente?Amor, música, imaxinación... Cal é a vosa favorita?







xoves, 18 de abril de 2024

PINGÜÍN

 Hoxe fomos ata Pontevedra a ver a obra de teatro Pingüín no Auditorio de Abanca.  Bobo vai ter un irmán. Aínda que ao principio cústalle aceptalo, ao final comprenderá que gañou un amigo para toda a vida. 

E despois do teatro, merendamos e xogamos no parque antes de regresar ao cole. Que ben o pasamos!








martes, 16 de abril de 2024

sábado, 13 de abril de 2024

NÓS TAMÉN COIDAMOS O MONTE!

 Onte fomos ata Baroña, en Porto do Son, convidados pola Universidade de Vigo para participar nunha actividade dentro do Proxecto Multiforest. O grupo de profesionais que nos recibiu falounos da importancia de coidar o noso monte e de todo o que podemos atopar nel: vexetación, animais... Despois plantamos castiñeiros, cereixeiras e freixos. Árbores pequeniñas que co paso dos anos medrarán e darán os seus froitos. Logo de merendar e antes de despedirnos repartiron unha bolsa de agasallos para cada un. Moitas grazas polo convite! Aprendimos moito!