Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 30 de novembro de 2022

BO NADAL, RIBADUMIA

 A postal de Rodrigo foi elixida polo xurado do Concurso de Postais de Nadal do Concello de Ribadumia para desexar unhas boas festas a todas as persoas que viven no concello. Parabéns, Rodrigo!



Rodrigo recibe o diploma do premio 




domingo, 27 de novembro de 2022

BONECOS DE NEVE DE FROITAS


 A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era...facer bonecos de neve con froitas! Mirade que saborosos quedaron.


Aroa merendou bonecos de neve!



Adán e o seu boneco de neve



O boneco de neve de Adán



Sofía e os seus tres bonecos de neve

sábado, 26 de novembro de 2022

PREPARANDO AS PORTADAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

 











CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DO CONCELLO DE RIBADUMIA

 Un ano máis, participamos no Concurso de postais de Nadal do Concello de Ribadumia. Desta vez empregamos nunhas, elementos naturais: follas, sementes... e noutras, residuos das nosas merendas: papel de aluminio, cascas de mandarina, envoltorios dos queixiños...






venres, 25 de novembro de 2022

25N: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER



 Partindo da lectura do libro VACÍO e da canción LA PUERTA VIOLETA de Rozalén, falamos da importancia do RESPECTO para facer fronte a todo tipo de violencias.

Buscamos palabras e situacións que nos fan sentir mal e coa axuda desa porta violeta transformámolas noutras que nos reconfortan e nos fan sentir mellor. Contribuamos entre todos a combatir a violencia educando no respecto.


















xoves, 24 de novembro de 2022

BONECOS DE NEVE CON MATERIAL DE REFUGALLO

 Gardamos os envases dos bebibles da merenda e os tapóns de cores para darlles unha nova vida facendo un bonequiño de neve coa profe Olalla. Ademais, démoslle un toque musical metendo dentro as letras do noso nome. Vaia paisaxe invernal nos quedou!








mércores, 23 de novembro de 2022

SAÍDA A PORTONOVO

 


No marco do Plan Proxecta + Aliméntate Ben participamos hoxe na saída a Portonovo para coñecer a lonxa, como funciona unha poxa, o traballo das redeiras, curiosidades das artes de pesca e o mercado de peixes e mariscos. Para rematar, unha merenda mariñeira ben saborosa e nutritiva. Nós si que somos bos peixes!



















































domingo, 20 de novembro de 2022

RENO DE ARROZ

 Inauguramos o tempo de receitas de Nadal no noso obradoiro de cociña en familia co reno preferido de Papá Noel: Rodolfo, o reno do nariz colorado. Moitas grazas a todas as familias por participar!



O reno de Alma

Mmmm! Que bo está!



Adán e o seu reno

O reno de Adán



Aroa e o seu reno


Sofía e a súa irmá Elisa fixeron
cadanseu reno!



Valeria e o seu reno

venres, 18 de novembro de 2022

O GOLFIÑO MANOLIÑO

 

Picade aquí para ir á noticia.

O golfiño Manoliño apareceu na ría de Muros cun arpón cravado. Persoal do CEMMA tentou sen éxito quitarllo. E nós aproveitamos para saber máis sobre estes mamíferos mariños.






luns, 14 de novembro de 2022

COMEFROITAS DE NOVEMBRO

 Manu e Alma veñen de acadar a súa coroa de Comefroitas do mes de novembro. Parabéns, mociños!



E seguimos engadindo coroas no mes de novembro: