Imaxe: Ricardo Liniers Siri

sábado, 23 de marzo de 2013

CUMPLE DE MARZO: SOFÍA

 
 

 
Onte celebramos o cumple de Sofía, que xa é unha moza de 5 anos. Preparounos unha tarta de chocolate riquísima e aproveitando que xa marchábamos de vacacións, fixemos unha festa rachada. Parabéns, Sofía!!!!



OVOS DE CHOCOLATE



Lembrades as caixiñas que fixemos para meter os ovos de Pascua? Pois por fin o venres as puidemos levar. A profe tiña unha cesta chea de oviños de chocolate e había que coller 4 e metelos na nosa caixa. Algún o de 4 non o entendeu moi ben porque enchía a caixa ata arriba (xa que collían...). Pero logo entendimos que para que chegaran para todos tiñamos que coller solamente 4 e fomos contando: 1, 2, 3 e 4! A profe cerrou as caixiñas cunha grampa para que non caeran os ovos e logo deixámolas ata a hora da saída no andel dos xoguetes porque polas ventás entraba moito sol e non queríamos levar nocilla!! Que os desfrutedes moito!!


PROFE, FAI SOL: SAÍMOS AO PATIO?

Así lle pedimos á profe toda a mañá do venres despois de merendar. Non entendíamos que non chovera e que mesmo fixera sol e a profe non nos "deixara" saír fóra a xogar. Ao final abriu a porta e vimos o motivo polo que non podemos saír aínda que faga sol se durante a noite estivo a chover moito: os charcos que se forman por todo o patio son tan grandes que non dan secado. Así que se chove, non saímos e cando deixa de chover, tampouco.



PRIMAVERA

 
O pasado 20 de marzo a iso das 12 da mañá, chegou a PRIMAVERA. Puxemos as letras na parede e fixémonos unha foto para ver como imos medrando según pasan as estacións. A que saímos guapos?

 
 

xoves, 21 de marzo de 2013

TEÑO TRES PITAS BRANCAS


Hoxe, 21 de marzo, día internacional da poesía, na nosa escola seguimos coñecendo máis a ROSALÍA DE CASTRO e a súa obra. No libro ROSALÍA, de Helena Villar Janeiro, soubemos que naceu en Santiago de Compostela, que ía á escola coma nós e que lle gustaba moito debuxar, pintar, ler e escribir. Cando medrou foi para Madrid, onde coñeceu a Manuel Murguía, co que casou e tiveron sete fillos (unha das fillas chamábase Gala, como a muller de Dalí!). Aló botaba moito de menos a súa terra galega. Rosalía convertiuse nunha grande poetisa e publicou varios libros de poemas como CANTARES GALLEGOS, que este ano celebra o 150 aniversario da súa publicación.
 
No libro ROSALÍA, aparecen varios poemas e un deles, que nos gustou moito, fala de tres pitas brancas e dun galo negro. Falamos de que moitos de nós temos galiñas na casa. Algún dixo que as súas eran verdes, outro dixo azuis e outro de colorinchos. Juan díxonos moi serio que as súas eran castañas e os que tiñan as galiñas de cores remataron dicindo que as deles tamén.

 
 
No vídeo podedes escoitar o poema, musicado por Amancio Prada.



martes, 19 de marzo de 2013

MONTE KENIA-MONTE CASTRO

 
Hoxe subimos á segunda montaña máis alta de África: o MONTE KENIA. Desde alá arriba Félix dixo que vía aos elefantes, ás xirafas e a todos os animais moi, moi pequenos. Tan alto que estaba! Arón díxonos que seu pai tiña un metro longuísimo co que podía medir os 5.199 metros do Monte Kenia. E que se non chegaba cun metro, que tiña moitos máis e que con todos seguro que si que podía medilo. Logo vimos no mapa que había dúas montañas. A outra chámase KILIMANJARO  e non está en Kenia, está noutro país que se chama TANZANIA  e esa si que é a montaña máis alta de África.
 
Moito máis preto de nós quédanos o MONTE CASTRO, en Leiro, que xa fomos visitar hai un par de anos. Picade aquí se queredes ver como andan as excavacións e queredes ilas visitar.
 
 

xoves, 14 de marzo de 2013

A VOLTAS COA PRENSA

Esta semana celébrase a SEMANA DA PRENSA e nós quixemos aproveitar que FÉLIX  anda por KENIA para buscar en LA VOZ DE GALICIA.es noticias que falasen deste país. Atopamos varias interesantes: unhas falaban de que hai pouco que elixiron un novo presidente en KENIA e vimos a foto dos masais en ringleira "para votar en paz" (como nos gusta esta palabra!). O nome do presidente que elixiron fíxonos rir: UHURU KENYATTA, por como soaba ao dicilo. E logo vimos que no seu apelido aparecía a palabra KENYA! Outra noticia da que falamos foi a que contaba que un autobús con turistas envorcou. Nós xa sabíamos por FÉLIX que en KENIA había autobuses moi vellos e por iso non nos asombrou (Aquí non pasa porque os autobuses nosos son novos, a que si?). E outra noticia que nos puxo tristes foi a de que uns cazadores furtivos mataron 11 elefantes para quitarlles os colmillos. Falamos de chamar á policía, de que eran moi malos, de que iso non se facía e de que 11 eran moitos porque para contalos non nos chegaban os dedos das dúas mans.
 
Os maiores andamos a voltas coas noticias buscando a data, a sección e unha palabra que apareza no titular e que nos chame a atención. Os pequenos buscamos onde poñía KENIA nos titulares e vimos que aparecía moitas veces, ata no nome do presidente!
 


 

IMOS Á PRAIA EN KENIA: MOMBASA

 
Despois dun esgotador safari no que Félix non sabía se decidirse por facelo en avioneta e fotografiar as leonas, en coche e fotografiar elefantes, en globo e fotografiar as xirafas ou en barca.. chegou o momento de descansar e relaxarse nas praias de KENIA. Unha das máis famosas é a de MOMBASA. Miramos na nosa bóla do mundo e vimos que o OCÉANO ÍNDICO é no que te bañas se optas por darte un chapuzón en Kenia e en cambio se imos á praia aquí pretiño da nosa casa bañarémonos no OCÉANO ATLÁNTICO. Que ganas temos de que chegue o bo tempo e ir a xogar á praia!!
 
 

REFRÁN MARZO


domingo, 10 de marzo de 2013

XOGAR A PENSAR CON CONTOS: O LIBRO DOS PORCOS

 
 
 
Juanita veunos visitar o venres e coma sempre, traía a bolsa chea de sorpresas. Esta vez traía un conto! Logo de lembrar as normas para xogar a pensar, colocados en círculo, limos o conto: O LIBRO DOS PORCOS.
Rematada a lectura, puxémonos a dialogar e comezamos mirando cuberta traseira do conto.


 
P: Que aparece nesta imaxe?
- Os cerditos
- O de "sodes uns porcos"
- Una nota que escribió la mamá de ellos porque no hacían más que descansar y no dejarle arreglar el coche.
P: Que facía a mamá na casa?
- Fregaba los platos, lavaba la ropa.
- Fregaba
- Y también planchaba.
P: E o Sr. Porcón que facía?
- Descansaba.
- O Sr. Porcón non lle deixaba arreglar o coche.
P: E os nenos que facían na casa?
- También descansar.
P: E de que estaban cansados?
- De xogar.
- De nada, estaban cansados.
P: Logo de deixar a nota, que fixo a mamá?
- Marchou.
P: E cando marchou, que pasou naquela casa? (Abrimos o conto e miramos as imaxes)
- Que los hombres no sabían hacer nada: quemaban la comida...
- A roupa manchada
- Asquerosa.
- Cochina
P: E a casa?
- Cochina.
- Aj, que asco!
P: E que lles pasou ao papá e aos nenos?
- Estaban asquerosos.
- E a cara estaba cochina.
- Pusieron una careta de cerdo.
- Todo asqueroso.
- Después volvió la mamá.
P: E que lle dicían?
Varios: Por favor, mami, vuelve!!
P: Para que?
- Para hacer la comida
- Para que los hombres aprendan a hacer la comida, a planchar...
- E máis a lavarse!
P: E como acaba o conto?
- La mamá arreglando el coche!
- Colorín, colorado, este conto está acabado!
P: E como está agora a mamá?
- Sucia (logo de arranxar o coche)
- Furiosa, cando marchou.
- Que es estar furiosa? (preguntaun neno á compañeira que empregou a palabra "furiosa")
- Estar enfadada (explícalle a nena ao compañeiro)
- Aquí está contenta.
P: Imos pensar na nosa casa: se pasa igual que aquí que hai unha mamá que fai todo e "porcos" ou todo o mundo axuda.
- En la mía todos ayudan.
P: Y que hace cada uno?
- Friega abuelo, cocinan mamá y la abuela, hacen las camas mamá y el abuelo...
P: E ti que fas?
- Yo juego, mientras.
P: Non axudas?
- No sé hacer cosas de mayores.
P: Todos sabemos facer algo. A ver, que sabedes facer?
- Ordeno mi habitación.
- Arreglo cosas.
- Eu (arreglo) o todoterreno.
- Axúdolle a papi a poñerlle a manta ao cabalo.
- Ayudo a papi y mami a limpiar.
- Eu traballo no traballo
- Yo ayudo a mami a hacer la cama.
- Eu tamén axudo a mami a facer a cama.
- Eu tamén.
- Eu a facer a comida...e a comer.
- Miña irmá axúdalle a mami e eu estou mentres xogando e vendo a tele. Os demais tamén axudan...
P: E ti por que non axudas?
- Porque estou xogando e mamá non me deixa.
- Yo ayudo a fregar los platos.
- Eu non axudo en nada porque non me deixan.
 
Acaba o diálogo, estamos cansos e non dá para máis. Juanita pídenos que avaliemos o que fixemos. Esta vez á maioría lles gustou o que fixemos, a algún gustoulle regulín pero a ningún lle desgustou. Despedímonos de Juanita...ata vérmonos!!

 

venres, 8 de marzo de 2013

O PAÍS DOS MANDÓNS

Con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER hoxe 8 de marzo, esta semana limos O PAÍS DOS MANDÓNS.  Un libro co que aprendemos que entre todos e todas podemos construír o PAÍS DA IGUALDADE: "un país no que os nenos e nenas están contentos, as nais e pais colaboran e os avós e as avoas non están tristes". O país onde nos gustaría vivir.

MURAL DE KENIA


O MONTE KENIA, o RÍO MARA, unha ACACIA, os MASAIS, e todos os animais que imos atopando en KENIA grazas a FÉLIX, aparecen no mural que puxemos na entrada do cole. LEÓNS, MONOS, HIPOPÓTAMOS, ELEFANTES, XIRAFAS, GUEPARDOS,... dannos a benvida durante este trimestre.

VICHES O LEÓN?

 
A ra ten unha carta para o LEÓN pero por moito que o busca, non o dá atopado. Coa axuda dos demais animais, saberemos por que o león quere chegar á lúa e quen lle manda a carta. VICHES O LEÓN?
E vós, víchedes que LEÓNS máis bonitos debuxamos nós? Estamos feitos uns artistas!
 
 

xoves, 7 de marzo de 2013

EL PEQUEÑO DALÍ Y EL CAMINO HACIA LOS SUEÑOS


No ano 2003, centenario do nacemento de DALÍ, Anna Obiols e Subi quixeron con este libro homenaxear a este xenial pintor achegándoo aos nenos e nenas con esta fantástica historia, inventada pero inspirada no imaxinario que Dalí deixou. Adicado "aos pequenos grandes soñadores" coma nós, disfrutamos moitísimo coa súa lectura. A historia de Salvi, o seu elefante zancudo e a chave máxica, transpórtanos a un mundo máxico no que os soños de Dalí neno convírtense en realidade.

MASAI MARA

 
 
 
A RESERVA NACIONAL MASAI MARA de KENIA debe o seu nome ás tribos MASAIS que alí viven e ao río MARA que a cruza. Nesta reserva natural podemos atopar vivindo en liberdade todos os animais dos que nos fala FÉLIX: hipopótamos, leóns, xirafas, cebras, elefantes... Hoxe descubrimos nunha foto un animal que non coñecíamos e que Arón dixo que era un "toro". Investigando un pouco soubemos que se chama ÑU e que xunto coas cebras, protagonizan unha das migracións máis espectaculares que se poden ver en KENIA. Picade aquí para ler máis.
 
 

mércores, 6 de marzo de 2013

CHOCOLATA

 
É o título dun conto novo que nos recomendou FÉLIX, que fala das aventuras dunha HIPOPÓTAMA chamada CHOCOLATA que vai á cidade (será NAIROBI?) a probar unha nova casa de baños que acaban de abrir. Axiña se dá conta de que como na sabana e na súa lagoa, en ningures. Vén acompañada de canción, que nos encanta.
 
 

DALÍ E O PAN

Hoxe coñecimos un cadro de DALÍ que se titula: A CESTA DO PAN. A Dalí gustáballe moito pintar pans e empregaba o PAN en moitas das súas obras.
 
 
 
Tanto lle gustaba que á súa casa, que logo se convertiu en museo, encheulle de pans as paredes e de ovos xigantes o tellado!! Un tipo de pan: PAN DE TRES PICOS, típico de Cataluña e co que tamén se deixou fotografiar poñéndoo de sombreiro. Fíxonos tanta gracia a foto que decidimos poñer nós tamén un "sombreiro comestible".
 
 
 

KENIA: BANDEIRA E CAPITAL



 A bandeira de KENIA ten tres franxas horizontais iguais. Negra (arriba) simbolizando a poboación maioritaria, vermella polo sangue derramado na loita pola liberdade, e verde pola terra e a riqueza natural. As franxas brancas máis estreitas representan a paz. Un escudo masai vermello, negro e branco con lanzas cruzadas representa a defensa da liberdade.
 
Neste enlace podedes atopar moita máis información interesante sobre KENIA.