Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 30 de novembro de 2021

MAGIA

 A árbore de Nadal da biblioteca tíñanos preparado un novo libro sorpresa: Magia. Un conto que nos axuda a descubrir a maxia que hai dentro de nós e nos anima a seguir aprendendo algo novo cada día.



sábado, 27 de novembro de 2021

PINTANDO PARAUGAS

 No xornal La Voz de Galicia limos que unha muller de Santiago pinta paraugas personalizados a man con pinceis e pinturas resistentes á luz e á auga. Gustounos moito! Vaia artista! Picade aquí para ler a noticia completa e ver un vídeo de Aurora sentada na Alameda de Santiago pintando As dúas Marías nun paraugas.







xoves, 25 de novembro de 2021

RELOXOS

Ao longo desta semana foron chegando fotos e vídeos de moitos tipos de reloxos. Estivemos mirándoas e comentando o que máis nos chamaba a atención: os debuxos, os diferentes tipos de números (en inglés, romanos) e a ausencia deles...

Tenda de reloxos



Espertador

Reloxo de peto

Reloxo de parede

Reloxo de pulso

Reloxo de pulso sen números

Reloxo de parede con números romanos

Reloxo de area





Reloxo de pulso sen números

Reloxo de parede
cos números 
escritos en inglés

Reloxo dixital
nunha nave espacial



Reloxo de parede con números romanos


Reloxo con péndulo
e números romanos

Reloxo con péndulo

Reloxos de area



Reloxo con clips para poñer notas
en cada hora



Espertador de Skye

Espertador dos Minions







Reloxo de péndulo con 
números romanos

O reloxo de Tico

Os sons dos reloxos e as alarmas encantáronnos.


Mateo trouxo os reloxos de area e fixemos "carreiras" con eles e outro pequeniño que mide o tempo que tes que botar cepillando os dentes para telos ben limpiños e coidados. E unha bóla do mundo que nos deixou engaiolados co bonita que é, como se move e a música...


Na canción do final da serie La Vuelta al Mundo en 80 días aparecen tamén moitos tipos de reloxos. Para viaxar é moi importante cumprir os horarios e chegar a tempo! Levar un reloxo nunca está de máis!






Reloxos de pulso

CULTURGAL 2021

 


Do 26 ao 28 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra desenvolverase a feira Culturgal. Picando aquí accederedes á súa páxina web e picando na imaxe á programación infantil. Música, teatro, maxia, contacontos...para gozar en familia esta fin de semana.

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

 


O noso "tendal do amor", como lle chamou Xulia, encheuse de camisetas con palabras contra a violencia de xénero: igualdade, liberdade... e todas resumidas nunha: RESPECTO.





martes, 23 de novembro de 2021

UN NADAL INCLUSIVO

 A árbore da biblioteca vístese de Nadal con bólas que agachan contos. Baixo o lema Un Nadal Inclusivo, as historias que iremos descubrindo falan de respecto e lugares onde sentirnos incluídos, aceptados e queridos.

Guyi Guyi naceu nunha familia de parrulos pero el non é un parrulo. Os seus irmáns e mamá quéreno e acéptano tal como é e Guyi Guyi é feliz. 




luns, 22 de novembro de 2021

O PARACAÍDAS DE LEONARDO DA VINCI

 Un dos inventos de Leonardo que máis nos chamou a atención foi o paracaídas. Comparamos fotos dos paracaídas actuais co deseño de Leonardo da Vinci para ver as diferenzas e despois coa profe Olalla fixemos un para probar. Mirade como voa!

Paracaídas de Leonardo da Vinci


Paracaídas actual




Neste vídeo atopamos a idea:




RODRIGO REI COMEFROITAS

 Rodrigo acadou a súa coroa de Rei Comefroitas do mes de novembro! Parabéns, Rodrigo!



venres, 19 de novembro de 2021

A MALETA DE XULIO VERNE

 

Esta mañá apareceu unha maleta na escola. Para que serve unha maleta? Para ir de viaxe! Quen a deixaría? Ninguén sabía nada. Que haberá dentro? Ladrillos, peluches, unha almofada, unha manta, unha toalla, xoguetes, bocadillos, pedras, vasos... 

Por fin abrímola e dentro atopamos...


Un debuxo dun home, dous planisferioS, un xogo de imáns e dous libros con títulos parecidos pero un con "debuxos e letras" e outro só con "letras".
Detrás do debuxo do home puidemos ler de quen se trataba: Xulio Verne, novelista francés que escribiu moitas historias mesturando ciencia e imaxinación. Pasáballe un pouco como a Leonardo da Vinci, que imaxinaba máquinas que aínda non existían. Xulio Verne escribiu novelas describindo o fondo dos mares desde un submarino, sulcou os aires en globo ao longo de cinco semanas, viaxou ao centro da terra e deu a volta ao mundo en 80 días, entre outras moitas aventuras.
La vuelta al mundo en 80 días o quién es el más rico comeza con algo que nos chamou a atención: unha especie de calendario con apuntamentos de medios de transporte e algunha pista máis sobre a viaxe que estamos a piques de comezar.



Contamos ata o 80! Cantos días fóra da casa viaxando polo mundo adiante!
Comezamos a ler e coñecimos o protagonista desta aventura: Phileas Fogg, un inglés moi riguroso ao que lle encanta a puntualidade e facer cada cousa á hora exacta.
E como consegue isto? Pois grazas ao seu reloxo, que é como o que aparece na capa do libro: un reloxo de peto antigo.


Miramos na nosa aula. Nós temos un reloxo? Pois si. Un reloxo de parede que nos axuda a saber cal é a hora de entrada, a hora da merenda, a hora do patio, a da saída... 



Os reloxos axúdannos a non chegar tarde para que as cousas funcionen correctamente. Chegar tarde pode supoñer a perda dun tren ou dun avión, que alguén teña que agardarnos...
Hai moitos tipos de reloxos. Seguro que nas nosas casas temos varios: de parede, de pulso, espertadores... Hainos grandes e pequenos, dixitais e analóxicos, de cuco, de péndulo, con diferentes formas e debuxos, de sol, de area...
Esta fin de semana imos buscar diferentes tipos de reloxos na nosa casa, na casa dos avós, na rúa... e facerlles fotos para mandar ao cole. Axudádesnos?





xoves, 18 de novembro de 2021

NICOLÁS, REI COMEFROITAS

 O mes de novembro trouxo unha coroa de Rei Comefroitas para Nicolás. Parabéns, Nico!



A VOLTAS CO HOME DE VITRUVIO

Nicolás de Vitruvio, Sofía de Vitruvio, Rodrigo de Vitruvio... Hoxe xogamos coas fotos que fixemos nas dúas posicións do Home de Vitruvio: coma unha letra T metidos nun cadrado e coma unha letra X ou unha estrela metidos nun círculo. 

Fixemos un xogo de memoria para compoñelos, creamos un círculo e un "cadrado" coas pezas para metelos dentro, contámolos, fixemos unha ringleira collidos das mans, unha roda... Non sabedes cantos xogos se nos ocurriron! 




IMANTADOS

 


Unha casa para Papá Noel, decoración de mesas e cadeiras, casiñas de dinosaurios... Cantas posibilidades nos ofrecen os imáns!

martes, 16 de novembro de 2021

A MONA LISA

 No recuncho da biblioteca de Leonardo da Vinci hai un libro que se titula La Mona Lisa, ¡Mira qué arte!, escrito por Patricia Geis. Grazas a el soubemos que A Mona Lisa está no museo do Louvre en París e que hai uns anos foi roubado, aparecendo tempo despois nunha maleta. É un cadro tan famoso que moita xente fixo versións, adicoulle cancións e poemas e ata o empregan para estampar en bolsos e roupa. 







Nós tamén quixemos facer a nosa propia versión da Mona Lisa. Quedaron xeniais!



ATENEA FAI 3

 Atenea fixo hoxe tres aniños! Parabéns, Atenea!








luns, 15 de novembro de 2021

VOLCÁNS

 



Levamos tempo escoitando e vendo nas noticias o que ocurre co volcán Cumbre Vieja na illa da Palma. Vimos un pequeno vídeo explicativo de como un volcán entra en erupción e despois con bicarbonato, colorante e vinagre simulámola. Como experimento gustounos moito pero tamén sabemos que a realidade que vive a xente da Palma é moi dura. Desde aquí mandámoslles moitos ánimos. Esperamos que axiña poidan refacer as súas vidas.





ALICIA RAÍÑA COMEFROITAS DO MES DE NOVEMBRO

 Alicia vén de acadar a coroa de Raíña Comefroitas do mes de novembro. Parabéns, Alicia!



COMUNICANDO CORES

 Fixemos un experimento para comprobar que pasaría se comunicáramos vasos con auga de diferentes cores con pontes de papel de servilleta. Formulamos hipóteses antes de comezar e puxémonos mans á obra. Sabedes o que pasou?


Resultado final dous días despois.

O arco da vella que se formou no chan cando o sol 
pasou a través dos vasos con auga de cores.






sábado, 13 de novembro de 2021

PASTA DE SAL DE COR...

 Quixemos probar que ocurriría se á auga para facer pasta de sal lle engadíamos cor. Collimos colorantes alimentarios e votamos: vermello ou azul? Gañou o azul e engadimos cinco pingas azuis á auga. Mesturamos sal e fariña, engadimos a auga azul e...sabedes que pasou? Que a pasta non quedou azul! Quedou verde clariña! Miramos na parte traseira do envase dos colorantes e descubrimos que para obter cor azul tiñamos que ter engadido 12 pingas! Estas cousas ocurren na ciencia. Cantas veces non se fan descubrimentos importantes a partir de erros! 



xoves, 11 de novembro de 2021

E SE FACEMOS UN PUZLE?

 Tiñamos na escola unha lámina cunha cidade monstruosa moi interesante: casas con bocas, pantasmas saíndo das chemineas, helicópteros con linguas de serpe, dados xigantes na rúa... Despois de observala moi atentamente cortámola en 16 pezas cadradas e repartímolas para pintalas. "A miña vai coa túa", "Eu teño a parte que lle falta á túa", "Mira cal me tocou a min!"... Ao acabar de pintar todas tentamos recompoñer a lámina e...que difícil foi! Pero ao final conseguímolo e pegámola na porta. Vaia equipo de "puzleros" que estamos feitos!



mércores, 10 de novembro de 2021

APARECEU O HOME DE VITRUVIO!

 Rodrigo e Nicolás atoparon a moeda italiana dun euro co home de Vitruvio. Non o podiamos crer! Tocámola e ao comprobar que estaba el relevo tentamos pasala a un papel pasándolle con coidado unha cera. O home de Vitruvio de cores!







No peto de Sofía apareceron cinco euros italianos e no de Mateo catro máis. Xuntamos todas as moedas coas de Rodrigo e Nicolás e sabedes cantas había? Once!!

Mateo atopou catro euros co home de 
Vitruvio no seu peto.