Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 29 de novembro de 2017

SOMOS PUNTO DE RECOLLIDA COLABORADOR DE XOGUETES




Hoxe chegaron os carteis á nosa escola: xa somos punto de recollida colaborador coa Fundación Amigos de Galicia na Campaña ningún neno e ningunha nena sen xoguetes este Nadal. Ata o 18 de decembro todas as familias que queirades colaborar traendo un xoguete novo poderedes deixalo na caixa que temos na entrada da escola para esta fin. Xa temos un puzle pero queremos conseguir moitos xoguetes máis. Axudádesnos?





martes, 28 de novembro de 2017

REMATANDO O MES DA CIENCIA

Ao longo deste mes de novembro foron moitos os experimentos que fixemos na biblioteca e cos que aprendimos a manipular materiais en situacións que non son as habituais e a observar como reaccionan. Hoxe despedímonos do mes da ciencia con outros dous experimentos que nos gustaron moito e que podedes volver a facer na casa.

Experimento 1



Experimento 2





luns, 27 de novembro de 2017

CULTURGAL 2017

Image result for CULTURGAL 2017




Xa podedes consultar a programación infantil e familiar do Culturgal 2017, que se desenvolverá no Pazo da Cultura de Pontevedra os días 1, 2 e 3 de decembro

Desde a súa primeira edición, Culturgal Feira das Industrias Culturais é unha cita especial para nenas e nenos. A rapazada é público protagonista na Feira, asistindo a estreas e gozando das novidades. O programa de Culturgal 10º aniversario reserva grandes sorpresas: moita música, teatro, danza, libros e ciencia. E Portugal como cultura convidada!
A entrada a Culturgal para menores de 12 anos ten un prezo de 1 euro, a cambio recibirás unha pulseira que che permite o acceso por un día. Se queres acceder á Feira máis dun día, a pulseira “total” ten un prezo de 2 euros. Menores de 3 anos teñen entrada libre. Nenas, nenos, familias: benvidos a Culturgal 10º aniversario no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Consulta o Folleto_Infantil2017. Ten en conta que o programa pode sufrir variacións por imprevistos. Consulta sempre a última hora en http://culturgal.com/ Lembra que os espazos da Feira teñen capacidade limitada.
Venres 1 decembro
11:00. Visitas teatralizadas á Feira con Barafunda Animación. Actividade concertada con centros escolares. VARIOS ESPAZOS
11:00. Os cabaliños de mar: Unha familia moi singular. Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia co apoio do Instituto de Investigacións Mariñas IIM -CSIC. ESPAZO INFANTIL DELEITE
12:30. Programas pedagóxicos do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAI-Filmoteca de Galicia). Agadic. Con Jacobo Sutil, director da Agadic, Mónica García Iglesias, responsable de Didáctica do CGAI, demostracións e testemuños de centros educativos participantes. De 9 a 14 anos.ESPAZO LIBRO
18:00. A galiña azul. Secretaría Xeral de Política Lingüistica. Galaxia. Programa FalaRedes 2017. Actividade teatral de dinamización da lingua galega inspirada na obra homónima de Carlos Casares, a cargo de Ubú Teatro. ESPAZO INFANTIL DELEITE
19:30. O branco non pinta! Apiario. Contacontos ilustrados, unha aproximación dende a literatura infantil ao branco como posibilidade de resposta infinita ás grandes preguntas da infancia. Antía Otero, autora, contará o conto que María Brenn, ilustradora, debuxará en directo ao mesmo tempo. ESPAZO INFANTIL DELEITE
20:15. Presentación da obra gañadora do concurso Balbino de relatos. Edicións Fervenza. De que falarán as árbores de Ricardo Cid Paz. ESPAZO LIBRO
Sábado 2 decembro
11:00. Ciencia á Feira con Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia co apoio do Instituto de Investigacións Mariñas IIM -CSIC eDivulgACCIÓN. ESPAZO INFANTIL DELEITE
11:30. O Conto das três nozes que eram romãs, que eram maçãs, que eram… Camões, I.P. / Centro Cultural Português em Vigo. O conto das três nozes que eram romãs que eram maçãs que eram… é o segundo espectáculo do grupo de teatro amador en portugués Eu.Experimento. Pensada para toda a familia, a peza inspírase nun conto da tradición oral. ESPAZO CARPA
11:30. A Musicleta e Os Instrumentos Máxicos. Con Pulpiño Viascón e o Sr Líli. Pulpiño ten moitos instrumentos, como o famoso serrucho máxico, un acordeón electrónico e unha gameboy. O Sr Líli ten unha musicleta! Unha bicicleta totalmente adaptada para un pasarrúas con amplificación propia. Un espectáculo para tódalas idades que percorre a Feira. ITINERANTE
11:45 Papagaio, un xornal para xente miúda. Con Abraham Carreiro. ESPAZO FORO
12:00. Presentación 19º Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Concello de Pontevedra. Unha cita de referencia con nova edición en abril de 2018, co lema “Mulleres de conto” e con México como país convidado. ESPAZO LIBRO
12:30. Presentación das novas obras ilustradas dos libros de María Victoria Moreno. Urco Editora. Con Andrea Jamardo Seijo, editora, Xavier Senín, asesor editorial, e as ilustradoras María Montes e Lara Torres. ESPAZO LIBRO
12:30. Obradoiro de arquitectura. CGAC. Entre 6 e 11 anos. 15 prazas. Inscrición previa. ESPAZO ARTE CONTEMPORÁNEA
13:30. Concerto PunkInfantil. Charlatana S. Coop. Galega. Peter Punk Pallaso e Brais das Hortas xuntan talentos para ofrecer un novo espectáculo de clown, circo e música. Dous músicos chegan por equivocación a un mesmo escenario coa intención de ofrecer un concerto. O primeiro, un concerto infantil. O segundo, un concerto punk. Quén actuará? ESPAZO INFANTIL
16:30. María Fumaça. 5º aniversario. Galaxia. Sonárbore. ESPAZO CARPA
17:00. Contacontos ilustrado Serie GLIZ con Anxo Fariña. Xerais. Gliz é un pastor de nubes. Por iso coida moi ben das que viven na súa casa: Nubenai, Nubepai, Nuba, Nubo e Nubebebé. Failles a comida, dálles menciñas cando están enfermas, lelles contos cando van para a cama… e viven moitísimas aventuras. Gliz é unha colección concibida para iniciar os picariños e picariñas no contacto cos libros e cos contos dende o momento en que comezan a falar. ESPAZO INFANTIL DELEITE
18:00. Teatro e Marionetas de Mandrágora. Bzzzoira Moira. A partir de 6 anos. ESPAZO INFANTIL DELEITE
19:00. O raposo Rufo. Edicións Embora. Presentación da colección. O raposo Rufo é unha nova colección para prelectores e primeiros lectores que protagoniza un simpático animal e os seus amigos da fraga. Rufo e os seus amigos amósannos por que debemos coidar o medio ambiente e como facelo. Aprenderemos como reciclar, a súa importancia, e os resultados desa labor dun xeito ameno e divertido. Con Dani Vieitez, autor, e Iria Iglesias, ilustradora. ESPAZO INFANTIL DELEITE
19:45 Gombó. Edicións Fervenza. Dramatización do conto “Gombó e o medo á escuridade” , da colección Gombó. O elefante Gombó terá que ser valente para superar diversas aventuras e enfrentarse así ao seu temor a escuridade, ao descoñecido. Con Ánxela Gracián, autora, Christian Villamide, ilustrador, e Armando Requeixo, escritor e crítico. ESPAZO INFANTIL DELEITE
20:30. Globotolo. Barafunda Animación. Un espectaculo baseado no arte de darlle forma o aire con globos. ESPAZO INFANTIL DELEITE
Domingo 3 decembro
11:15. A viaxe da palabra que non era valente. 10d10. Silvia Penide, voz, e César De Centi, voz e guitarra, únense para presentar un espectáculo no que os cativos e cativas aprecien o valiosa que é a linguaxe e as palabras. A través dun conto que entrelaza cancións de autores e autoras moi coñecidos conformarán unha historia coa finalidade de salientar a importancia do diálogo na educación emocional. ESPAZO INFANTIL
11:30. Ponteciencia. Concello de Pontevedra.ESPAZO FORO
11.30. Obradoiro de arquitectura. CGAC. Entre 6 e 11 anos. 15 prazas. Inscrición previa. ESPAZO ARTE CONTEMPORÁNEA
12:00. Eu cociño, ti cociñas? O novo album de Mama Cabra. Galaxia. Sonárbore. AUDITORIO DO PAZO DA CULTURA . Espectáculo de pago.
12:00. O cinematomago. O mago Paco achegará a maxia do cine nun espectáculo que precisa a colaboración imprescindible do público. Poderemos ver diferentes escenas clásicas do cinema de todos os tempos a través da maxia. Emoción, lembranzas, gargalladas e moita ilusión. 3,2,1… Maxia, e acción! ESPAZO INFANTIL DELEITE
12:45. Nadal no Gaiás e Pequefilmes. Fundación Cidade da Cultura. Presentación e obradoiro arredor desta
programación e proxección de curtametraxes infantís. Presentarase, así mesmo, o Club Gaiás con descontos na compra de entradas. ESPAZO INFANTIL
15:00. Efervesciencia. Emisión en directo do programa da Radio Galega. ESPAZO FORO
16:30.Pitusa Semifusa e os Estilos Musicais. Galaxia. Sonárbore. Presentación de disco.  Olga Brañas (piano), Andrea Picos (voz e animación), Marta Bravo (voz), Brais Morán (voz, guitarra), Pablo Vidal (baixo e contrabaixo) e Carliños Freire (batería) explicarán os diferentes estilos musicais, cun espectáculo divertido e participativo. ESPAZO CARPA
17:00. Mulleres bravas. Urco Editora. Presentación de novos títulos con Andrea Jamardo Seijo, directora da colección, María Reimóndez, autora de Pepa a Loba, Ledicia Costas, autora de Xulia Minguillón e Eva Agra, ilustradora. ESPAZO LIBRO
17:00. Pequeno Cabaret Infantil. Con Nelson Quinteiro. Un orixinal espectáculo para todas as idades que consiste na instalación dun vistoso teatrillo. Colorido cabaret de ritmo desenfadado e alegre música para falar dos contos de toda a vida. Un espectáculo de ritmo frenético, moita interacción, sorpresas, cancións e coreografías. ESPAZO INFANTIL DELEITE
17:00. Scriptorium. Secretaría Xeral de Cultura. Obradoiro creativo dirixido a nenos e nenas para descubrir as técnicas e materias empregados na copia de manuscritos na Idade Media. ESPAZO ARTE CONTEMPORÁNEA
17:30. Argonat Band. Rock and roll e pop da man de seis acordeóns, violín, gaita, baixo eléctrio e batería facendo versións dos clásicos. Alumnos e alumnas da Escola de Música de Torroso en Mos dirixidos por Juan Bande cunha posta en escena de estética R&R buscando a complicidade do público que recoñece as cancións de Led Zeppelin, AC/DC, Mago de Oz, Bonnie M, Os Resentidos, Siniestro Total ou Andrés do Barro. ESPAZO CARPA
18:00. Papi e mami. Fantasía coas palabras. Galaxia. Sonárbore. ESPAZO INFANTIL DELEITE
18:15. Interrogamos aos videoxogos en familia. Nova Escola Galega. Actividade dirixida e dinamizada pola pedagoga Silvia López Gómez. ESPAZO FORO
19:00. Radio BULEBULE. Kalandraka Editora. Pequeno recital a cargo do músico Paco Nogueiras presentando unha escolma das cancións e dos videoclips que conforman o libro-CD-DVD coas intervencións de José Miguel Sagüillo, artista e director dos videoclips, David Pintor, ilustrador, e Xurxo Souto. ESPAZO INFANTIL DELEITE
19:15. O Garaxe Hermético. Presentación da Escola de Banda Deseñada e do traballo feito por alumnas/os: “O picoto do pai”. Con Kiko da Silva, Fernando Llor e alumnado. ESPAZO FORO

PERRITOS CALIENTES SOLIDARIOS

Hoxe na prensa dixital da Voz de Galicia vimos unha noticia cun título que nos sorprendeu: La solidaridad de los gigantes. Despois de lela soubemos que nunha bocatería de Carril teñen unha iniciativa solidaria coa que xuntan cartos para donar ao Refuxio de animais de Vilagarcía: de cada 6 euros que ti pagas cando pides un perrito XXL, 2 van para a Protectora. Con eses cartos poderán mercar alimentos, produtos de hixiene, correas... Así que xa sabedes onde ir se vos apetece probar un día un perrito caliente solidario en familia.






sábado, 25 de novembro de 2017

ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIAS MACHISTAS


A Escola de Ribadumia quere ser un espazo libre de violencias machistas e de calquera outro tipo. Traballamos na escola no respecto, a tolerancia e a igualdade para que os meniños e as meniñas medren vivindo nestes valores e non teñan que formar parte de ningún tipo de violencia.








xoves, 23 de novembro de 2017

OS PEIXES NA PRENSA

Este curso, un dos traballos que imos facer cos Arroases é buscar na prensa nomes de peixes, moluscos, crustáceos... Recortaremos a noticia, lerémola e marcaremos os nomes. Logo escribirémolos por orde alfabética e iremos apuntando cantas noticias atopamos que falen do mesmo peixe ao longo do curso. Xa temos varios recortes marcados. Se queredes colaborar desde a casa traendo as noticias que atopedes, serán sempre ben recibidas!






LOOSE PARTS

Hoxe no patio, despois do vento de onte, atopamos unha chea de xemas de flores da camelia tiradas no chan. E como normalmente non as hai, déronnos moito xogo. Mirade!




Se queredes saber máis sobre as loose parts, neste enlace atoparedes moita información interesante.


A ESTACIÓN METEOROLÓXICA

A familia de Xulia deixounos uns días a estación meteorolóxica da súa casa para que vísemos como funcionaba. Houbo que amarrala ben enriba do tellado e cada día miramos os datos nunha tablet. Unha vez que descarguemos os datos no ordenador poderemos comparalos e analizalos máis polo miúdo. Moitísimas grazas a Xulia e á súa familia pola vosa colaboración!






martes, 21 de novembro de 2017

EXPERIMENTO CON MANDARINAS

Hoxe na biblioteca agardábanos dúas preguntas: que pasará se metemos na auga unha mandarina coa pel? E se está pelada? Antes de comprobalo, por parellas, formulamos hipóteses. E despois experimentamos para obter a información e recollela por escrito. As conclusións: que a pel fai de flotador e a mandarina flota e se lle quitas a pel, a mandarina afunde. Falamos de manguitos e flotadores, de nadar, da praia... e de que hai que ter coidado cando un se baña, non vaia ser que afundamos!







OS ARROASES TRAEN BOCATAS DE LATA

Hoxe na merenda, de 10 bocatas, 5 eran de conserva de peixe: 2 de atún e 3 de sardiñas! Ao mellor algún era un pouco grande de máis e non fomos quen de acabalo. Se vedes que sobrou moito, para o martes que vén podedes traelo un pouco máis pequeno, que chega perfectamente. O importante é animarse a probar sabores novos e variar a dieta. Bravo, Arroases!


luns, 20 de novembro de 2017

SORPRESA NO CALENDARIO

Hoxe cando Alba ía dicirnos a data levamos unha sorpresa: no calendario de novembro non hai día 20! E temos dous días 21! Vaia sorpresa! Despois houbo que ir con coidado para poñer nos nosos calendarios o 20 e non confundirnos.


domingo, 19 de novembro de 2017

IMAGINE




Desde o cole coñecimos a proposta da Editorial Flamboyant a partir da publicación do seu novo álbum Imagine e quixemos participar no concurso "Os paxaros do mundo", que pretende promover que os nenos e nenas imaxinen un mundo cheo de paz a través da arte a da creatividade. Os deseños que enviamos xa están colgados na súa páxina web xunto con moitos outros paxaros de paz.






xoves, 16 de novembro de 2017

EXPERIMENTOS AO AIRE LIBRE

Sempre con moito coidado, seguimos facendo experimentos na escola. Esta vez inflando un globo sen soprar e facendo un volcán cun refresco de cola e caramelos de menta.





CONCURSO DESEÑA A MASCOTA PARA A BIBLIOTECA DO CONCELLO DE RIBADUMIA

Nós xa temos os nosos deseños enviados! En breve colgarémolos nesta mesma entrada!


XOGAR A PENSAR CON FOTOS

Hoxe veu a xoaniña Juanita a visitarnos!! Con ela repasamos as normas para xogar a pensar e comezamos observando a fotografía que nos mandou para despois comezar a sesión.







Esta é a foto que nos enviou Juanita para xogar a pensar. Fonte: internet

P: Que vemos nesa foto?
Lo: Nenos descalzos
R: Tres nenos e unha moto
B: Tres nenos e o neno máis pequeño montado nunha bici de madeira
E: Xente mirando onde está el cielo
D: Que están descalzos
A: Que están descalzos os nenos
D: Hai unha corte. Alí, onde está o tellado.
J: Pues ahí, esos que están delante de los niños, ahí hay algo
P: Que hai?
J: Nenos
P: Só hai nenos, na foto?
Varios: No
V: una moto
P: D, quen está nesta foto?
D: Dana y Víctor
P: Está Víctor aí?
Varios: Nooo
D: Víctor está ahí de ese lado
P sinala. Este de aquí é Víctor?
Varios: Noooo. Non é Víctor
P: D, este de aquí paréceseche a Víctor?
D: no. Esa otra es Dana
P sinala. Esta es Dana?
D: No, la otra, la que tiene azul en la cabeza. Esa es Dana, el otro es Víctor y la otra es Adri.
P: Le, ti que ves na foto?
Le: Un neno
P: Un só?
Li: No, tres
Le: dous
Li: Hai tres nenos
P: E que fan eses nenos, Lía?
Li: Corren
P: si? Están correndo?
Li: si
P: Todos están correndo?
Li: No
P: Cal está correndo?
Li: Nadie
P: Non dixeches que estaban correndo?
Li: Pero ahora no
P: Agora como están?
Li: Ahora están quietos.
R: Detrás de los niños hay gente
P: E quen será esa xente?
Li: Persoas
R: Y dentro de esa casa están los animales porque veo paja allí en la izquierda
Y aquí en la derecha está la moto.
P: R ve unha moto. Todos vedes a moto?
Todos: si
R: una rueda. Parece una motocross
P: está completa esa moto?
Varios: no
Li: sí que está completa
R: no, solo está la rueda de atrás
A: Un cacho
P: R di que hai unha xente detrás. Quen é esa xente, Lo?
Lo: Persoas
R: Homes
Li: eu so vexo unha muller (érguese e sinala unha persoa vestida de branco)
B: eu vexo moitas mulleres (érguese e sinala 4 mulleres)
P: E diante hai algunha muller?
B: sinala a persoa da esquerda
P: parécevos unha nena?
Varios: si
P: por que?
B: porque leva unha saia
R: porque ten un vestido
P: e esta persoa da dereita?
Varios: un neno
P: por que?
D: porque ten a camisa negra
A: yo sé que la que tiene una camiseta blanca es una mujer
Entre todos falan e din que a da esquerda é unha nena,o da dereita é un neno.
Li: hai unha persoa pequeniña (a do medio)
P: e cal é a maior?
Varios: Esa (a da dereita)
P: que están facendo? Mirádelles as caras
D: son carne
R: Sonrientes
Li: A que ten a saia, esa está chupando os dedos
D: Eu digo contentas
B e outros: e eu!
A: Está chupando dos, dos dedos
Lo: Contentos
R: A da esquerda está ríndose. A de abaixo está mirando para o ceo
B: Non ten dentes
Lo: Solo ten un
P: E por que non ten dentes? Vós tedes dentes?
B: si, eu teño moitos
R: cuando somos pequeños aún no tengo dientes y cuando vamos creciendo ya tenemos unos pocos dientes.
P: Cantos anos pensades que teñen eses meniños?
D: 3
P vai sinalando de dereita a esquerda as 3 persoas que saen na foto e pregunta que idade terá cada unha
D: 4, 0, 2
P: por que o do medio ten cero?
D: porque é moi pequeño
Lo: ten un ano porque solo lle vexo un dente
B: o máis grande ten 6 e o outro 5
D: non, cinco non
B: si, ten cinco ou catro
D: ou cinco ou catro ou tres ou cinco
P: para onde estaban mirando, entón?
B: para o ceo
P: E que haberá no ceo para que lles de así a risa?
D: unha estrella. Nubes e sol.
R: puede que sea un globo
P: e por que lles dá tanto a risa? Vós se mirasedes o ceo, que podería haber que vos dese risa?
Un avión
Un helicóptero
Unha avioneta
Unha policía
B: Profe, se te ris da policía ou da garda civil, te multan
A: aviones de bomberos
P: Todo o mundo está dacordo en que están mirando para o ceo?
Todos: si
P: Agora ímoslles mirar os pés.
E: Están descalzos
B: Son pobres
P: Mirade os vosos pés: como están?
A: calzos
Varios: descalzos
P: e por que estarán descalzos?
D: porque non teñen roupa
R: Igual están sucios los pies
B: porque son pobres
J: porque los zapatos están sucios y no los pueden poner
Lo: no, porque ao mellor non teñen zapatos na casa.
P: e vós tedes zapatos na casa?
Todos: eu si
R: profe, parece que este es el padre (sinalando un adulto que se ve detrás)
P: e o pai ten zapatos?
Varios: si
Li: e esa é a nai (sinalando un adulto que se ve detrás)
P: imos mirar os pés da xente que está detrás
B: calzados
P: e os pés dos meniños? Algún ten zapatos?
Varios: non
P: imos ver cantos pés descalzos aparecen aí
Entre todos: 1,2,3,4,5...e 6
P: fáltanos un pé. Ao mellor está tapado.
R: si, el del meniño.
B: o da meniña.
P: o meniño que vós dicides que é o pequeno, onde está subido?
R: nunha bici ou nunha moto
Lo: nunha bici de madeira e está quieta
A: unha bici de madeira
P: de onde saería esta bici?
D: construíndoa
P: quen fixo esta bici?
D: os albañiles
R: o puede ser que la haga Papá Noel
D: ou o Apalpador ou o Rei
Li: o home do saco
B: seguro que fixeron con algo de metal e con un martillo fixeron así a forma da bici
P: e que vos parece? Está ben feita?
Varios: si
P: e sería difícil ou fácil facela?
B: dificilísimo
Lo: o de colocar as rodas é dificilísimo
P: agora imos mirar a roupa? Que vos parece?
B: Está moi sucia
R: a do meniño está sucia
Lo: e tamén a do maior. O maior…tiráronse no chan
R: xogando
P: vós poñédesvos sucios tamén cando xogades?
Varios: no
R: no, en la arena, no
P: entonces eles por que estarán tan sucios?
R: porque se tiraron
P: e cando vos ensuciades, que facedes coa roupa sucia?
Varios: lavala
P: onde?
Varios: na lavadora
P: e estes meniños terán lavadora?
Varios: non
B: si son pobres non poden comprar unha lavadora se non teñen diñeiro.
P: por que sabes ti que son pobres?
B: porque seguro que lle dan roupa.
P: ti como sabes se a roupa que levan lla deron ou a mercaron nunha tenda?
Li: yo compro ropa en una tienda
Varios: compraron nunha tenda
P: e se compraron roupa nunha tenda, por que non compraron zapatos?
D: porque ao mellor non teñen armario
R: o si no, pueden ponerlos al lado de la cama
D: ou ordenalos
P: vós pensades que estes meniños irán ao cole?
Varios: non
R: no, porque ahora es domingo, parece. O sábado o domingo, que no hay cole
P: pero eles teñen un cole ao que van?
Lo: si pero a esa hora non poden ir porque están sucios
B: porque se rin deles
R: madre mía! O meniño do medio está manchado por toda la ropa.
Lo: o meniño azul está limpio
D: o grande e o azul están limpios
P: cal é o que está máis sucio?
Varios: o pequeno.
P: E como pensades vós que será a escola destes meniños? Que farán na escola?
D: pintar, números, xogar, sentarse, facer un puzzle…
R: ir al baño
E: lavar as mans
D: facer o calendario, merendar
P: e a casa que aparece detrás será a escola?
D: non pode
Lo: non porque ten rejas porque aí viven os animales
D: si, vacas ou pochos
Lo: porcos
R: pochos no son animales
D: que si, meu tío ten un
B: pochos son vacas pequenas!
D: non, que o meu aínda é grande
P: Juanita pregúntanos como podemos axudar a eses meniños para que non teñan a roupa sucia
B: dándolle diñeiro para comprar zapatos, unha lavadora…
D: armario
V: motos
B: roupa limpia
D: unha cama
P: E se onde viven non hai tendas, se nós lles damos cartos, que fan con eles?
D: gastalos
Li: nas tendas
P: pero nesa aldea non hai tendas
R: pois van a outro sitio
P: nesa moto? Así descalzos?
Lo: non. Vístense na casa e van ao aeropuerto e súbense nun avión e van para outro sitio que non fora aí onde haxa tendas, parques
D: roupa
B: zapatos
D: ducha
V: motos
B: a un hotel
Le: otro día yo voy a un hotel y hay tele
Li: en el mío no había
P: estes meniños terán tele?
Varios: Non
Verán debuxos?
Varios: Si
Coñecerán a Bob Esponja?
Varios: Non
A: si son pobres no
Lo: si non teñen tele non poden ver os debuxos

Xa levamos un bo rato falando sobre a foto que nos mandou Juanita para xogar a pensar. Agora toca avaliar a sesión e despedirnos ata outra ocasión. Grazas pola visita, Juanita!