Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 26 de febreiro de 2015

ÚLTIMAS NOVAS!! CICLÓNS EN AUSTRALIA!!


Jóvenes juegan con grandes olas que ha dejado el ciclón Marcia a su paso por Australia.

Ler a nova en ABC
El tiempo del mundo por Mario Picazo


A PONTE SOBRE A BAÍA DE SIDNEY OU HARBOUR BRIDGE





Xunto a Ópera de Sidney atópase a ponte sobre a Baía. Nos vídeos puidemos ver a anchura que ten a ponte e atravesala dentro dun coche (ollo que en Australia conducen pola esquerda!). A ponte pode atravesarse a pé, en bicicleta, en tren, en coche, en autobús... E pódese subir ata arriba de todo camiñando polo arco (iso si, sempre coas medidas de seguridade axeitadas!)




mércores, 25 de febreiro de 2015

HOXE NO PATIO...TEATRO!


A tarde de choiva de onte deulle a Rodrigo para preparar a conciencia unha obra de teatro cunha chea de personaxes. A historia de fadas, bolboretas, un lobo e un gato que nos contou hoxe á hora do patio deixounos a todos fascinados...

CONTO DE ENTROIDO: O TERROR DAS PRINCESAS




Por fin rematamos o noso conto de Entroido, personaxes-títere incluídos. Por votación popular puxémoslle o título: O terror das princesas. E hoxe volo traemos ao blog en primicia. Estades preparados para pasar medo??






























martes, 24 de febreiro de 2015

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA


Hoxe, 24 de febreiro, conmemórase o 178 aniversario do nacemento da grandísima escritora galega Rosalía de Castro. Nós quixemos celebralo na biblioteca cun recuncho adicado á súa obra e lembrando un anaquiño dun poema de Rosalía que moito nos gusta e que aparece cantado no disco Pan de Millo, de Migallas. Os mouchos convertíronse nun xogo para procurar as parellas (temos vinte diferentes!) Tamén limos na prensa que GOOGLE adica o seu doodle de hoxe a homenaxear a Rosalía e axiña o procuramos no ordenador. 



Emparella os mouchos! Hai 20 diferentes!







sábado, 21 de febreiro de 2015

FESTA DE ENTROIDO 2015

Este ano adicamos o Entroido no noso cole a Australia, aproveitando que Félix anda explorando aquelas terras lonxanas. O tempo non acompañou pero descubrimos onde queda a escola de Lois e o local social que queda xusto detrás serviunos para bailar, xogar e disfrutar do día de festa.


E saímos na Voz de Galicia, neste enlace, xunto con nenos e nenas doutros coles da comarca. Mirade que guapos!!

Aborixes australianos

Emús

Canguros

Koalas




xoves, 12 de febreiro de 2015

A CAIXA DE BICOS... DE ENTROIDO



Na guía de contos de bicos viña un que nos gustou moito cheo de poemiñas moi divertidos que falan de bicos. Besos, da Editorial Pintar Pintar, tróuxonos bicos de bruxa, bicos de lebre e bicos de Entroido!! Que ben nos veu hoxe cando repartimos por fin os bicos, reunidos diante dunha mesa grande. Un bico para ti, outro para ti... conseguimos encher a nosa caixa de bicos de sabores. Bicos que levamos para casa e cada vez que abramos a nosa caixiña, lembraremos o bico de Uriel, que sabe a "menta", o bico de Lara, que sabe a "fresa", o bico de Nerea, que sabe a "cocacola", o bico de Rodrigo, que sabe a "limón", o bico de Toni, que sabe a "piña", o bico de Oliver, que sabe a "lechuga", o bico de Gabriel, que sabe a "plátano", o bico de Adrián, que sabe a "uva", o bico de Iria, que sabe a "manzana", o bico de Diana, que sabe a "mandarina, o bico de Lucía, que sabe a "melocotón", o bico de Hugo, que sabe a "verdura" e o bico de Wences, que sabe a "chocolate". Bicos que traen lembranzas do cole e dos nosos amiguiños e amiguiñas cos que tan bos momentos pasamos.




Fotos do proceso de elaboración da caixa e cada un co seu biquiño.







MECO DÍA 4: UNLLAS PINTADAS


martes, 10 de febreiro de 2015

KANGU VA DE EXCURSIÓN

 

Cando un vai de excursión élle moi útil facer unha listaxe con todo o que vai necesitar e así non esquecer nada. Kangu vai ir de excursión e nós fomos os encargados de axudarlle a apuntar todo o que ten que levar no marsupio. 

MECO DÍA 2: TRAEMOS UNHA FLOR


luns, 9 de febreiro de 2015

MECO DÍA 1: CHEGAMOS CON ALGO NA CABEZA...MARCHAMOS ENMASCARADOS...



Os antifaces fixémolos a partir da plantilla que aparece neste blog. Se queredes podedes imprimilo outra vez na casa e facelo para toda a familia! 


sábado, 7 de febreiro de 2015

CONTO DE ENTROIDO


Coa chegada do Entroido, e co moito que nos gustan os disfraces, cando chegan ao cole os catálogos deste tempo andamos coma tolos elixindo o disfrace que máis nos gusta. Este ano, despois de elixir o noso disfrace favorito e facer a montaxe coas nosas fotos xuntámonos con 13 personaxes fantásticos: princesas, vampiros, superheroes, dragonciños, xoaniñas, policías... Aquelo parecía un conto! Só faltaba contalo! E axiña puxemos o maxín a traballar... A profe ía apuntando todo o que acontecía na historia e despois repartimos a historia en varias escenas, que fomos coloreando entre todos os autores e autoras. Cando o teñamos completo... xa volo contamos!



venres, 6 de febreiro de 2015

QUÉROTE MÁIS QUE A TORTILLA DE PATACAS CON XAMÓN...O SONORO MAXÍN

E mira que está saborosa a tortilla de patacas con xamón!! Pois aínda máis nos queremos no cole!
É o que ten andar con bicos, contos de bicos, caixas cheas de bicos... O amor está no ar!


Canto nos gusta esta canción! Se vos apetece escoitar esta e outras cancións do grupo O SONORO MAXÍN, picade na páxina do seu blog, onde poderedes mesmo descargalas e así escoitalas onde e cando queirades.

O MECO MANDA!

A vindeira semana entramos de cheo nas celebracións do Entroido e como cada ano...o Meco manda!
Atendede ben aos mandados!



mércores, 4 de febreiro de 2015

AS NOVAS MOEDAS DE FELIPE VI

Pola prensa soubemos que a partir deste luns podemos atopar as novas moedas de 1 e 2 euros coa imaxe de Felipe VI na rúa. Pero non tiradas, eh? Non vaiades pensar! (Aínda que algunha vez teñamos atopado algunha moeda no chan...) Pode que no cambio do súper, na perruquería, na tenda, na carteira de mamá... A profe mirou na súa pero todas as que tiña eran de Xoán Carlos I. Quedamos en que imos andar atentos por se atopamos algunha das novas para traela e mirala todos no cole. Aproveitamos para mirar as diferenzas entre as moedas de 1 e 2 euros: cal é máis grande e cal máis pequena, as cores do borde e do centro...


martes, 3 de febreiro de 2015

UN CANGURO POR NAVIDAD

Hoxe na biblioteca descubrimos que agasallo lle mandou o tío Dingo a Catalina polo Nadal: unha canguro que se convertiu na súa mellor amiga e á que chama Adelaida. Un conto divertidísimo co que disfrutamos das aventuras destas dúas amigas que van visitar a avoa de Catalina. Picade aquí para ler a reseña completa.