Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 18 de abril de 2024

PINGÜÍN

 Hoxe fomos ata Pontevedra a ver a obra de teatro Pingüín no Auditorio de Abanca.  Bobo vai ter un irmán. Aínda que ao principio cústalle aceptalo, ao final comprenderá que gañou un amigo para toda a vida. 

E despois do teatro, merendamos e xogamos no parque antes de regresar ao cole. Que ben o pasamos!








martes, 16 de abril de 2024

sábado, 13 de abril de 2024

NÓS TAMÉN COIDAMOS O MONTE!

 Onte fomos ata Baroña, en Porto do Son, convidados pola Universidade de Vigo para participar nunha actividade dentro do Proxecto Multiforest. O grupo de profesionais que nos recibiu falounos da importancia de coidar o noso monte e de todo o que podemos atopar nel: vexetación, animais... Despois plantamos castiñeiros, cereixeiras e freixos. Árbores pequeniñas que co paso dos anos medrarán e darán os seus froitos. Logo de merendar e antes de despedirnos repartiron unha bolsa de agasallos para cada un. Moitas grazas polo convite! Aprendimos moito!









xoves, 11 de abril de 2024

JANE GOODALL FAI 90








 Esta semana limos na prensa que a primatóloga Jane Goodall fixo 90 anos. Afondamos un pouco máis na súa historia e soubemos que desde moi pequena quixo dedicarse a defender e estudar os chimpancés. Que de meniña tiña un peluche ao que lle tiña moito agarimo e que hoxe en día segue traballando acompañada sempre do seu chimpancé de peluche que come unha banana e dun colgante co mapa de África, o continente onde viven os seus queridos primates.






domingo, 7 de abril de 2024

O COFRE DO TESOURO

 

A proposta para o obadoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer o cofre do tesouro. Despois do barco pirata, dos peixiños que atopamos polo camiño, da illa e do mapa, só quedaba atopar o tesouro. A primeira que o atopou foi a pirata Lara. Parabéns e moitas grazas a todas por participar!

Lara e o seu cofre do tesouro

Adán e o seu cofre do tesouro