Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 31 de xaneiro de 2022

domingo, 30 de xaneiro de 2022

CELEBRANDO O DÍA DA ILUSTRACIÓN CON ROCÍO BONILLA

Seguindo o Calendario do libro e a lectura 2022, hoxe 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración. No cole quixemos homenaxear a ilustradora e escritora Rocío Bonilla facendo un recuncho na biblioteca con todos os seus contos e contándoos ao longo deste mes.
O equipo de biblioteca elaborou unha guía de lecturas que inclúe desde contos sen texto ata libros para desenvolver a creatividade dos máis pequenos pasando por historias de veciños, superheroínas, irmáns, avós e ata pirañas. Felices lecturas!







sábado, 29 de xaneiro de 2022

JUANITA E O OURIZO

 





A xoaniña Juanita veu visitarnos. Quería contarnos o que lle pasou ao seu amigo o ourizo na escola. Vimos o vídeo unha primeira vez nun silencio que impresionaba e comezamos a falar:

L: Había un erizo que tenía los erizos grandes y le hacía daño

P: A quen?

L: A los animales.

Al: Ese erizo grande le pinchaba a aquella ardilla porque quería ser su amiga y no podía ser su amiga en el autobús porque le pinchaba y le hacía daño.

Mat: También le tiraban la pelota para que juegue con ella pero con sus espinas…

P: Que pasou coas espiñas?

Alx: Que se pinchó…

Mat: …la pelota cuando cayó encima.

X: Y ellos le regalaron pequeños trocitos de ese plástico, del envoltorio de las cajas, para poner en sus pinchos. Así no pincha!

Ad: No me gustó ninguna de las partes.

P: Quen saía aí? Quen tiña un problema? Alguén tiña un problema?

Varios: El erizo!

P: E que problema tiña?

X: Ahí pone: El puercoespín en Navidad

Ad: Tenía el problema de los pinchos porque pinchaba muchas cosas.

P: E que pinchaba?

Ad: La pelota, los animales…

P: Xogaban con el os demais?

X: Sí

Mat: Sí…pero se pinchó la pelota

P: E que pasa se estamos xogando cunha pelota e se pincha?

Mat: No hay pelota

P: E se non hai pelota?

Varios: No juegan

Mat: Se coge otra pelota

X: Síí. Le taparon los pinchos para que no volviera a pinchar nada. Y la ardilla quería abrazarle pero pinchaba.

P: Había alguén que quería abrazalo? Quen era?

Varios: La ardilla!

P: Que pasou no autobús?

L: Le pinchó a la ardilla

P: Todos querían que o ourizo sentara con eles?

Adr: No. Solo la ardilla. Y le pinchó.

P: E que pasou a partir daquel día no autobús?

Varios: Que iba con la ardilla.

P: Ía sentado con ela?

Adr: No. No iba con nadie.

X: Sí, por Navidad le regalaron el envoltorio y así podría no volver a pinchar nunca jamás.

P: e se non pinchaba, que podían facer?

Adr: Jugar

X: Jugar, abrazarse y todo! Y después al final yo vi que lo abrazaban todos

Al: Sí, que lo abrazaban todos a la noche y luego se iban para casa.

P: Como se sentiría o ourizo cando pinchaba a pelota, cando ninguén sentaba con el…

Varios: Triste.

P: Como vos sentiríades vós se non xogasen con vós?

Varios: Tristes.

P: A quen se lle ocurriría a idea do agasallo?

Varios: A la ardilla!

P: Que buscaba o ourizo cando lle deron a caixa?

Ad: Un regalo

P: E cal era o regalo? Non estaba?

X: Sí que estaba!

Alx: Los papelitos!

Al: No eran papelitos, eran las nubes! Son de esos del fuego

Alx: Es para que no se rompa el cristal de las teles.

 

Voltamos a ver o vídeo pero agora parando cada certo tempo para comentar o que vai ocurrindo:

 Aparece a escola por fóra.

Adr: Es el cole de animales

X: Están en otoño!

P: Podemos fixarnos se ao longo do vídeo cambia a estación.

X: Sí. Porque ya pone ahí Navidad en el círculo y ya pasó a la estación de invierno

Mat: En la última parte es invierno y en esta parte es otoño.

Comeza o vídeo.

X: Tenían que tener cuidado con las mesas porque les derrumbaba todo.

L: Se estaban cayendo los papeles de estudiar.

Al: Y las ceras, las pinturas y las gomas

Mat: Y las fichas.

P: Que facían coas mesas os que estaban arredor?

Al: Las apartaron.

P: Quen foi a única persoa que o saudou cun sorriso?

Todos: La ardilla!

Segue o vídeo.

P: Que fixo un dos animais do autobús cando pasou o ourizo?

Al: Coger la mochila

L: Y la puso a su lado en la silla porque no quería que se sentara porque así le pinchara.

Segue o vídeo

Al: Les pinchó la pelota y ahora están en los columpios

L: los estaba empujando pero se puso parado porque no quería que le pinchara

X: Él quería empujar al erizo pero estuvo atento de los pinchos y no quería pincharse las manos!

P: Como se sinte o ourizo cando ocurren estas cousas?

Varios: Triste

Segue o vídeo

Adr: La ardilla le pinchó el erizo sin querer

L: La ardilla quería que se sentara a su lado y se sentó el erizo y después cuando dio un salto fue para un lado y le pinchó.

P: O ourizo quere pinchalos?

Todos: No!

X: Él tiene esos pinchos. Ni se los puso nadie ni se los quita nadie.

Al: Al ducharse se podía hacer daño

L: Ahora está nevando

Al: Se puso en otro asiento solo y después se puso a nevar y luego llegó a su casa.

L: Y después se puso triste. Muy, muy triste.

Segue o vídeo

X: Decorado! Navidad!

Al: Es Navidad!

L: Y quedaron las luces prendidas!

X: Ya verás, que yo era verdad que le daban el regalo ese.

Al: La ardilla le está contando una cosa al lobo.

P: Que lle estará dicindo?

Al: La sorpresa.

L: La ardilla le está diciendo que le hagamos una sorpresa al erizo para que no se hagan daño y así se podría sentar con él y jugar juntos.

X: Ya verás como yo decía la verdad.

L: Se fueron

Al: Y lo dejaron solo para que no viera la sorpresa que le iban a preparar.

P: Mirade que cara ten o ourizo cando todos marchan e o deixan só. Que pensará?

Al: que lo van a dejar solo ahí para siempre.

L: Estaba triste porque estaban las luces encendidas para prepararle un regalo porque él estaba pensando que lo iban a dejar solo.

P: Ten cara o ourizo de estar agardando un agasallo?

Al: No. Está triste.

L: y solo

X: y pobre

L: solito como un canciño

X: El regalo! Te lo dije!

Alx: Y lo sabía!

P: Que ocurre cando o ourizo sae fóra da escola?

Al: Están todos los compañeros de su clase con el regalo. Y la ardilla que se lo va a dar.

L: Que se puso feliz y todos los animales están ahí para darle el regalo y después le dan un abrazo.

L: Está buscando el regalo porque está oscuro y no lo puede ver.

Al: Porque es de noche

X: Él piensa que el regalo es un juguete o algo pero el regalo es lo que está tirando al suelo.

P: Como se sinte o ourizo ao abrir o agasallo?

Alx: Triste

Al: Está triste porque no le gusta su regalo pero la ardilla le va a decir que es para sus pinchos.

Al: Es malvaviscos para ponerle aquí.

Mat: Malvaviscos porque así pueden abrazarle los pinchos.

X: Mira! Le cambió la cara a feliz! La cara feliz!

P: Que conseguiron con este agasallo?

X: Darle abrazos

Adr: Jugar

X: Sentarse juntos

Al: Sentarse en el autobús y no tirar todo

X: Poder darse millones de abrazos y millones de besos

Adr: Jugar a la pelota!

L: A los columpios

P: Como quedou o ourizo con esta solución?

Todos: FELIIIIZ!!!

X: Abrazos para todos!

L: Abrazos para todos!

Acaba o vídeo e a conversa cunha aperta de grupo grande e espontánea. Avaliamos e despedímonos de Juanita ata a próxima visita. Moitas grazas, Juanita!

 






venres, 28 de xaneiro de 2022

MIRA DO QUE SON CAPAZ COA PAZ

O vindeiro domindo 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz e da Non Violencia. Ao longo desta semana cantamos, contamos o conto da pomba da paz e coñecimos a historia de punto, que pasou de ser insignificante e case desaparecer a ser imprescindible. Respecto! Amizade! Equipo!





OS PITIÑOS DE SOFÍA

 No galiñeiro da casa de Sofía está a suceder algo importante esta fin de semana e quixo compartilo con nós. Cantos pitiños, Sofía! Farán tantas trasnadas coma os do conto Gracias de Rocío Bonilla? 

Que bonitiños son! Moitas grazas a Sofía e a súa familia polas fotos. Encantáronnos!




Houbo que rescatar un dos pitiños! As enfermeiras veterinarias Sofía e Elisa axiña acudiron. Metérono nun bolso, tapárono cunha mantiña e Sofía deixoulle un peluche. Achegárono á cociña de leña e alí ao quentiño, o pitiño Solrecuperouse e comezou a chiar pedindo ir coa súa nai e irmáns. 8 pitiños e 1 galiña! A familia ao completo!
















ALICIA ESTREA A BOLSA DO CRA

 Hoxe Alicia trouxo a bolsa do CRA pintada ao cole. Quedoulle preciosa e colorida. Ata lle puxo o seu nome! Pero o mellor estaba dentro: mandarinas da súa casa para repartir á hora da merenda. Os que as probamos podemos dicirvos que estaban ben saborosas. Os que preferiron gardala e comela na súa casa xa o comprobarán. Moitas grazas a Alicia e a súa familia! Os Comefroitas hoxe estaban encantados!






HOXE NA MERENDA: BOCATA DE SARDIÑAS!

O Megaketchup de Xulia! Delicioso!

 

xoves, 27 de xaneiro de 2022

A BEFANA

 Chegamos a Italia e coñecemos a Befana, unha axudanta dos Reis Magos que deixa caramelos e chocolatinas (ou carbón) nos calcetíns dos nenos e nenas italianos a noite do 6 de xaneiro. Queredes escoitar a súa canción? 






TORRE EIFFEL

 



Logo de dar unha volta por París, quedamos na Torre Eiffel e debuxámonos con alguén con quen nos gustaría visitala: mamá, unha amiga, todos os da clase...

Sabedes que A Mona Lisa está no Museo do Louvre de París? Non esquezades facerlle unha visita se un día ides visitar a capital de Francia!




BIG BEN

 

De Londres, o lugar onde comeza A volta ao mundo en 80 días do escritor Xulio Verne,  quedamos co son da campá do Big Ben, un dos reloxos máis famosos do mundo. Sabedes que para limpalo teñen que colgarse por fóra a máis de 90 metros de altura? E que hai unha persoa que é a que se ocupa do seu mantemento e de revisalo todos os días para que funcione correctamente?

Neste vídeo podedes descubrir máis curiosidades e dar unha volta polo seu interior.




XOGAMOS?

 







MERENDANDO COS SUPERZINGS

 O outro día viñeron uns Superzings  merendar connosco e despois quen quixo fixo unha foto con eles. Visitas sorpresa que temos ás veces e coas que descubrimos verdadeiras expertas no mundo destas personaxes.










martes, 25 de xaneiro de 2022

DÍA DA ILUSTRACIÓN: ROCÍO BONILLA

 

Rocío Bonilla traballando nas súas ilustracións


O vindeiro 30 de xaneiro celébrase o Día da ilustración e na biblioteca do noso cole quixemos homenaxear a ilustradora Rocío Bonilla facendo un recuncho con todos os libros que temos dela. Seguro que moitos vos soan! A nós estanos encantando coñecer as súas ilustracións e as historias que contan.

O martes pasado limos: Os fantasmas non petan á porta.


E este martes: Gracias. Historia de un vecindario.




Hoxe aprendimos a dicir Grazas en diferentes linguas. Algunhas xa as coñecíamos! Que bo ser agradecidos!



luns, 24 de xaneiro de 2022

O LOGO DA PAZ

 





Hoxe coñecimos a historia do logo da paz. Na páxina de Unicef atopamos información:





Buscamos o alfabeto semáforo e vimos as letras coas bandeiras. Con tapas de diferentes tamaños probamos a facer nós o símbolo da paz, tentando facer despois as liñas interiores que semellan a pegada dunha ave.



Na rede atopamos logos adornados con flores, cores...que nos gustaron moito! 



xoves, 20 de xaneiro de 2022

mércores, 19 de xaneiro de 2022

ALEX FAI 6!

 Os maiores da clase fan 6 anos este 2022 e Alex estrea hoxe as súas seis voltas ao redor do sol acompañado das súas amigas e amigos do cole. Parabéns, Alex! Canto medraches!