Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 30 de abril de 2021

A FESTA DOS MAIOS

 


Remata o mes de abril e dámoslle a benvida ao maio con flores, cancións e merenda ao aire libre. A celebración dos Maios é unha festa tradicional que se vén celebrando hai moitos anos na nosa contorna. Neste vídeo vimos fotos de antigas celebracións e escoitamos a Luis Emilio Batallán poñéndolle voz e música ao poema de Curros Enríquez.
Se facedes algo nas vosas casas para darlle a benvida ao maio e queredes compartir as fotos con nós, mandádeas ao noso correo electrónico.
























xoves, 29 de abril de 2021

CANTOS CACHARRITOS!

 








UN OVO DE GUINESS

 




Na edición dixital da Voz de Galicia limos unha noticia que nos deixou coa boca aberta: unha galiña puxo un ovo dobre: dentro tiña outro! Vimos a foto e puxemos moita atención en dúas palabras que aparecían na noticia: Guiness e matrioskas. 

Que significa un ovo de Guiness? A profe Ángeles emprestounos un libro que recolle os récords Guiness do ano 2012 e estivemos ollando a parte dos animais: o can coas orellas máis grandes do mundo, o can máis alto do mundo, o gato que sabe tocar o piano e o gato e o can máis pequenos do mundo, que collen nunha man. Tamén nos gustou a parte das coleccións: unha rapaza que ten unha colección de milleiros de pingüíns (peluches, figuriñas, disfraces...)! Será o ovo do Corgo tan grande como para saír no libro dos Guiness deste ano?

Tamén comparaban o ovo coas matrioskas e estivemos mirando fotos de matrioskas diferentes. Hainas ata para pintar un mesmo! Na clase temos un xogo que nos gusta moito con pipos que van un dentro do outro como as matrioskas. Tamén a profe Ángeles nos emprestou unhas bonequiñas e Carla dixo que a súa tía tiña unha con cinco bonecas.

Como a noticia contaba que ao final fixeron unha tortilla cos ovos, acabamos facendo tortillas na cociniña para todos.






 


mércores, 28 de abril de 2021

MATEO REI COMEFROITAS DE ABRIL

 Mateo acadou a súa coroa de Comefroitas do mes de abril despois de comer unha chea de froita na merenda do cole. Parabéns, Mateo!



martes, 27 de abril de 2021

MANUEL E A SÚA CADELA LÍA

 






Manuel adora a súa cadeliña Lía. Encántalle ir á praia con ela, xogar e darlle mimiños. Lía agora ten 4 anos pero cando era más pequeniña, un can grande que ía solto mordeuna e estivo moi maliña. Afortunadamente recuperouse moi ben cos coidados de Manuel e a súa familia.



XA CHEGA O MAIO: PAMPULLOS E CADENETAS PARA CELEBRALO!

Hoxe aprendimos a enfiar os pampullos, flores típicas do maio, para facer cadenetas. Como dixo Xulia: "esto es igual que coser flores" Con moito coidado, un a un, sen rompelos, poñendo os cinco sentidos, algo de paciencia e unha axudiña da profe Ángeles, conseguimos facelas. Adobiamos o cabelo como Frida Kahlo e marchamos para á casa floridos e fermosos. Xa chega o maio e hai que darlle a benvida! 










Se ides pasear e vedes un campo todo "amarillo, como si el sol estuviera allí acostado" como nos dixo Carla, acabades de atopar unha chea pampullos. Non os confundades co "diente de león", en galego leitarugas ou mexacán. Son tamén amarelas pero son plantas diferentes.

Picade na imaxe para saber máis e despois no documento





Leitaruga, mexacán, "diente de león"



venres, 23 de abril de 2021

EL CLUB DE LECTURA DEL CONEJITO

 E para a hora de lectura do Día do Libro, que mellor que: El Club de lectura del Conejito. Un libro que fala do amor á lectura e da importancia das bibliotecas. 

Sabedes que desde a nosa ventá se ve a Biblioteca Municipal de Ribadumia? Quedamos en que se queremos facer como Conejito e os seus amigos, só temos que pasar por alí e preguntar que necesitamos para facer o carné de socios e levar libros en empréstito para casa. Animádevos!


 

JUANITA E O DÍA DO LIBRO

 


Vaia sorpresa hoxe ao chegar ao cole! Juanita veu visitarnos! Na bolsa traía unha foto (non sabemos quen é o autor. É sacada de internet. Se alguén sabe a autoría, que se poña en contacto con nós e poñémola)




Saudamos a Juanita e miramos a ver que trae na bolsa.

P: Que traes, Juanita?

S: Que traes? Que es eso?

P: Parece unha foto

J: Una foto!

S: Una foto de libros! Yo tengo uno de Patrulla Canina y papi me trajo tres do Polo Pepe.

P: Para que nos traerá esta foto? Hoxe que día é?

Varios: El Día del Libro!!

P: O Día do Libro! E hai libros aquí nesta foto?

Varios: Siiii

ML: Montones y montones y montones de libros.

P: Ímola ir pasando e dicindo que vemos na foto.

S: Una chica

C: Libros

J: Unas personas.

MT: Una de ellas está leyendo un libro

L: Una casa

AD: Unas chicas. Una leyendo y otra está mirando otra cosa.

D: Una chica. Otra chica y libros. L, esto no es una casa, que es una iglesia.

AX: Unos bloques.

X: Un mueble. Este. Con libros.

MN: Yo veo vestidos, libros.

MO: Una estatua de libros. Esta.

X: Es un estante para libros.

MO: Es una estatua de libros para cuando quiere una persona coger un libro.

ML: Dos personas.

AL: Libros. Una estatua con una cabeza.

P: Cantas persoas hai na foto?

Varios van respondendo: 4, 1, 3, Pocas, 5.

X achégase para comentar máis polo miúdo: esta se parece a una persona que lleva un estante de libros aquí para transportar libros. Están afuera. Y esta es una iglesia. Y esta persona está leyendo un libro que lo cogió de aquí (sinala a estantería da foto) porque hay un agujero.

P: Onde están as persoas da foto?

D: En Pontevedra

MT: En una librería

X: Yo creo que están afuera

D: En una misa!

X: Yo creo que vivían en la iglesia de allá pero salieron afuera.

D: Yo sé que es Pontevedra por la iglesia. Es que me suena de algo. Parece Pontevedra.

P: Vós cando ides pola rúa vedes xente lendo?

Varios: No

AD: Yo si. A la abuela. En el parque, en un banco. Lleva el libro que le regalé. De una mariquita que iba de aventuras pero se encontró a una oca que también quería ir de aventura y también a un pájaro que también quería ir de aventura pero después se encontró a una águila que quería ayudar a eso.

L: Yo vi a Migue darle un libro a Víctor porque el otro no funcionó y le dio otro de corazón.

P: Esta figura que está aquí é unha persoa?

AX: No. Es una librería.

X: No. Es una persona que lleva cargada una estantería con libros.

P: Algunha vez víchedes unha persoa que levase unha estantería con libros pola rúa?

Varios: no

AD: Yo si. Mi abuela llevaba un día una estantería a la bisabuela y se encontró que se dejó un libro atrás y fue a buscarlo. Y después se encontró una mariquita y se olvidó de ese libro que llevaba la mariquita y también se encontró a una águila y también se encontró el libro que se le olvidó.

P: De quen serán os libros que hai na estantería?

C: De esta persona.

P: Entonces estaba na súa casa, colleu os libros que tiña, púxoos na estantería e saiu á rúa con ela.

Varios rin.

P: Para que sairía á rúa con eses libros así?

C: Para regalarlos. Si, porque esta persona cogió un libro.

P: Que vos parece? Regalaralle os libros a quen os colla?

AD: se los regala, se los regala.

P: A que sitio podemos ir onde haxa moitos libros?

X: A la biblioteca!

ML: Allí también hay libros de dinosaurios

MT: A una librería

P: E cando imos a unha biblioteca ou a unha libraría, regálannos os libros?

Varios: no

P: Que pasa nunha biblioteca? Que hai que facer para levar un libro?

MT: Pedir permiso

X: Tener un carné

P: Quen ten un carné da biblioteca?

X: Yo!

MT: Yo sí

AL: Yo también

Varios: Yo no

C: Yo solo tengo carné de conducir. De conducir mi moto de mentira.

P: Mirade a cara da persoa que está lendo. De que ten cara: de que lle gusta o libro ou non?

Varios: Si

ML: Si que lle está gustando

P: De que será o libro que está lendo?

D: A ver, los libros de mayores solo tienen letras y yo no sé de qué son.

P: Imos entón imaxinar que collemos nós un libro desa estantería. De que sería o libro para que nos gustase moito?

ML: De animales

MO: De coches

C: De mariposas

D: De princesas, puede ser

AL: De primavera.

S: De maripositas. Mariposita está en la cocina haciendo chocolate…

J: De dinosaurios.

MT: De primavera.

L: De princesas

AD: De agosto

D: De Navidad

AX: De verano

X: De dinosaurios

P: Ímoslle poñer un título a esta foto.

X: Libros en la calle.

C: Libros

ML: Libros en la estantería.

AL: Libros en mochila

MO: Una primavera

J: Libros en la mano

MT: Libros en la estantería

L: Libros en el río.

J: Libros guardados

L: Ah, vale! Libros guardados.

AD: Libros en la mochila

D: Cada vez se pone más difícil decir. Los libros del verano.

P: Vós pensades que esta foto será antiga ou moderna?

AD: Es antigua.

D: Antigua.

MT: Antigua.

P: Por que pensades que é antiga?

MT: Porque está en blanco, en negro e en gris.

X: Sí. Y cuando una foto está en blanco y negro y gris es que es antigua.

D:Las fotos antiguas están en negro, en gris y en blanco.

P: E as modernas como están?

J: Tienen los colores

D: En colorines.

P: Entón pensades que é unha foto antiga. De que ano será?

X: De 2021.

P: Pero entón é de agora. Que agora estamos en 2021.

X: 2023?

AL: 2029?

X: dos mil veintidiez

ML: 2024

J: 2025

D:2026

C: 2022

MN: de agosto.

AX: 2021 trinta e sete

P: Quen pensades que fixo esta foto?

J: Juanita

C: Esta señora de aquí (sinala unha das mulleres que aparece na foto)

D: No. Si está ahí, cómo va a hacer la foto si está ahí? Si está ahí cómo la va a hacer ella?

C: Un amigo suyo

X: creo que será una cámara que enciendes la cámara y vas rápido a que te saquen la foto. Será que sacó la foto. Encendió la cámara y sacó la foto.

 

A sesión remata coa avaliación figuro analóxica e despedíndonos de Juanita despois de agradecerlle a súa visita. Feliz Día do Libro, Juanita!

 

 


MERENDANDO SAUDABLE

 Cada vez somos máis os que nos apuntamos ás merendas saudables. Hoxe había tanta variedade na hora da merenda que se chegan a aparecer os Comefroitas pola escola quedan a merendar.



ILUSTRANDO OS TRES OSOS

 Hoxe para celebrar o Día do libro fixemos unha actividade de contacontos ilustrado. Mentres iamos escoitando o conto dos Tres Osos había que ir ilustrando o que ía acontecendo na historia sen ver as ilustracións orixinais. No papel ían aparecendo osos, pratos, cadeiras, camas, escaleiras, unha nena con rizos dourados... Canta variedade!






SOFÍA RAÍÑA COMEFROITAS DO MES DE ABRIL

 Sofía comeu moita froita no mes de abril e os Comefroitas trouxéronlle a súa coroa de raíña. Parabéns, Sofía!



xoves, 22 de abril de 2021

MARTA E O CONTO DE FROZEN

 Marta convertiuse na princesa do xeo para recrear a portada do conto de Frozen. Ata conseguiu que se puxese a nevar!

Moitas grazas a Marta e a súa familia por participar!




MANUEL E O CONTO O BAÑO DE CAILLOU

 Manuel convertiuse en Caillou na hora do baño e preparou coa súa nai a portada do conto para celebrar o Día Internacional do Libro.

Moitas grazas a Manuel e a súa familia por participar!







mércores, 21 de abril de 2021

ALICIA E O CONTO MI GRAN LIBRO DE SAM EL BOMBERO

 Alicia e os seus curmáns Mateo e Antón, convertíronse en Sam el bombero e os seus compañeiros de equipo. Non hai lume que se lle resista a estes tres profesionais! 

Moitas grazas a Alicia e a súa familia por participar!



DIANA E O CONTO EL GATO CON BOTAS

 Diana elixiu o conto do Gato con botas e que mellor que o seu gato Lolo para acompañala na recreación da súa portada!

Moitas grazas a Diana e a súa familia por participar!



CARACOIS AO NATURAL

 No noso patio aparecen caracois e gústanos moito facerlles casiñas, coidalos e despois soltalos, claro. E por que non debuxalos do natural? 







DIANA RAÍÑA COMEFROITAS DO MES DE ABRIL

 Diana acadou a súa coroa de Comefroitas do mes de abril. Parabéns, Diana!



MARTÍN E O CONTO ADIVINA CUÁNTO TE QUIERO

Martín e a súa mamá recrearon a portada dun conto ao que lle teñen un cariño moi especial: Adivina cuánto te quiero. Convertíronse en coelliños e saíron ao monte a buscar un lugar ben bonito onde facer a súa foto. 

Moitas grazas a Martín e a súa familia por participar!



martes, 20 de abril de 2021

MATEO E O CONTO A BUSCA DO TESOURO

 Mateo decidiu facer como a Mona Relinda e saíu na procura do tesouro no seu barco pirata co seu mapa e os prismáticos. E indo tan preparado, como non o ía atopar? 

Moitas grazas a Mateo e a súa familia por participar!


Tamén trouxo o conto para compartilo coa clase. Moitas grazas, Mateo, encantounos!