Imaxe: Ricardo Liniers Siri

sábado, 30 de maio de 2015

ESCOLA DE OCIO E TEMPO LIBRE DE VERÁN DO CONCELLO DE RIBADUMIA

ÁBRESE O PRAZO PARA A ESCOLA DE OCIO E TEMPO LIBRE DE VERÁN

25.05.2015

O Concello de Ribadumia, a través da Concellería de Servizos Sociais, abre o prazo para matricularse na Escola de Ocio e Tempo Libre de verán. As inscricións pódense facer dende o 1 ó 15 de xuño nas oficinas municipais.


Para poder participar neste programa, os nenos deben ter tres anos coma mínimo e estar empadroados no Concello de Ribadumia, ó igual que a nai e o pai, e que os dous estean traballando.  
A Escola, que funciona durante todo o ano, desenvolverase nos meses de verán e horario de mañá, de 8:00 a 14:00 horas nas instalacións da Casa da Cultura de Ribadumia.  
As actividades comezarán a partir do 29 de xuño e os rapaces poderán disfrutar de xornadas lúdicas, talleres e xogos organizados polos monitores. Este progrma pioneiro no Salnés ten cada vez máis participación nos meses de verán xa que funciona como vía de axuda para que os pais poidan conciliar os seus horarios coas vacacións dos seus fillos.

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:
- Copia DNI pai/nai
- DNI fillo/a 
- Certificado de convivencia de familia
- Copia dos contratos laborais ou xustificante de traballo 
- Número de conta bancaria 

venres, 29 de maio de 2015

AS ABELLAS

Estamos investigando ao redor das abellas estes días previos á excursión de fin de curso a APÍPOLIS. Hoxe na Voz de Galicia saíu un vídeo moi interesante: A metamorfose das abellas en só un minuto, realizado por un fotógrafo de National Geographic.


CUMPLES DO MES DE MAIO




xoves, 28 de maio de 2015

VARIACIÓNS SOBRE AS MENINAS DE VELÁZQUEZ E A RUTA DAS MENINAS NO BARRIO DE CANIDO EN FERROL



RUTA DAS MENINAS. FERROL

"En septiembre de 2008 el pintor ferrolano Eduardo Hermida, residente en Canido, tomó la decisión de convocar a otros artistas amigos para, en una jornada festiva, decorar las fachadas de algunas de las casas con pinturas que evocaban el famoso cuadro de Las Meninas de Velázquez.
Desde entonces, cada primer fin de semana de septiembre se ha venido repitiendo esta fiesta cultural, cada vez con mayor participación de artistas.
El resultado es que año a año las fachadas de las cada vez más cuidadas casas de Canido han ido adquiriendo un imagen característica con obras de los más diferentes estilos, pero siempre con una mayor o menor vinculación a las citadas Meninas.
Durante nuestro paseo por las calles del barrio de Canido, el propioEduardo Hermida, con orgullo, nos explica que ahora numerosos artistas de todo el mundo, conocedores de esta iniciativa artística de regeneración urbana, piden participar en esta fiesta, que de reunión de amigos ha pasado a convertirse en un evento cultural apoyado por el propio Concello de Ferrol.
De hecho, en la más reciente edición de septiembre de 2014, durante dos días se reunieron más de cien artistas, entre pintores, escultores y fotógrafos procedentes de diversos lugares de España y del extranjero.
Ese evento ahora se ameniza con música, lectura de poesía y degustaciones gastronómicas, entre otras actividades.
El hecho es que ahora la ruta de las Meninas del barrio de Canidoes una atracción para las excursiones y cruceros que con turistas llegan a Ferrol. Ahí encuentran plasmadas las más diversas propuestas artísticas sobre la más famosa pintura de Velázquez.
Y, además, gracias a este proceso de regeneración, las casas deCanido poco a poco se están rehabilitando y el barrio empieza a ser un lugar de moda donde profesionales y artistas quieren fijar su residencia.
Durante tu paseo por la ruta de las Meninas no te sorprenda descubrir que el mobiliario urbano que el ayuntamiento está instalando en los últimos años también tiene a las citadas Meninas como icono gráfico." FONTE: http://guias-viajar.com/espana/ferrol-ruta-meninas/









PREPARANDO AS PORTADAS DO TERCEIRO TRIMESTRE




O CASTELO DE NEUSCHWANSTEIN




É un dos castelos máis visitados de Europa. Está situado en Baviera, Alemaña. Serviu de inspiración para facer o castelo da Bela Adormecida en Eurodisney. Podedes visitar a súa páxina web picando aquí. Teñen xogos de memoria, recortables e puzles! (Picade na imaxe para acceder á páxina).




mércores, 27 de maio de 2015

CANTO SABEMOS DE VELÁZQUEZ!

Ao longo do terceiro trimestre fomos aprendendo moito sobre a biografía e a obra de Diego Velázquez. Co calendario de arte descubrimos un cadro diferente cada mes e a páxina web do Museo do Prado (non deixedes de visitar a Galería online) axudounos a profundizar nalgún deles da man da Infanta Margarida. Se queredes ver os vídeos outra vez picade nos enlaces:

Audioguía infantil de La fragua de Vulcano de Velázquez

Audioguía infantil de La familia de Felipe IV, o Las Meninas de Velázquez.

Vídeo explicativo de La túnica de José, de Velázquez













CALENDARIO DE ARTE CURSO 2015-2016: CADA MES, UN CADRO DE VELÁZQUEZ


Por fin rematamos o noso calendario de Velázquez. Non esquezades telo preparado para comezar o vindeiro curso!

sábado, 16 de maio de 2015

IMAXINA ANIMAIS


Despois de ler o conto Imaxina animais, da Editorial Kalandraka, puxemos o maxín a funcionar. Cada un colleu unha ferramenta e un animal e tiña que inventar un novo animal, dicir o seu nome, onde vivía e que comía. Andade con ollo se viaxades a Australia porque anda por alí o Martigrillo e como non teñas coidado, dáche un martillazo na deda gorda do pé que  podes quedar coxo!




A FAMILIA DE FELIPE IV




mércores, 13 de maio de 2015

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Caricatura de Filgueira Valverde por Castelao


Este ano 2015 o 17 de maio, Día das Letras Galegas, está adicado a Xosé Fernando Filgueira Valverde. Estamos no cole traballando a súa biografía e a súa obra. Se queredes saber máis sobre o autor homenaxeado, picade aquí.








venres, 8 de maio de 2015

"POSAVASOS" DE ALEMANIA

Lembrades a nota que dicía que Félix estaba en Berlín e que se alguén tiña na casa algo relacionado con Alemania e/ou Berlín podía traelo á escola? Pois hoxe Nerea trouxo unha chea de "posavasos" que nos deron moito xogo. Vimos que tiñan forma de círculo e que por un lado tiñan o mesmo debuxo (Hugo dixo que parecían moedas) e polo outro debuxos de flores e de paxaros cos nomes en alemán. Contamos cantos había de flores e cantos de paxaros, miramos que grupo era o que tiña máis e cal menos. Despois xuntamos os repetidos e miramos cales eran os máis repetidos e cales eran únicos. E rematamos xogando a buscar parellas, tendo que estar moi atentos para lembrar onde estaban agachadas. Mirade cantas actividades a partir duns cantos "posavasos"! Moitas grazas a Nerea e a súa familia por traelos! Gustáronnnos moito!


xoves, 7 de maio de 2015

FÉLIX NO MANDILÓN DE LUCÍA

Despois da longa fin de semana, o mandilón de Lucía viña con sorpresa: un Félix! Ela mesma contounos que a súa prima Laura llo fixera e despois coséronllo no mandilón. Canto nos gusta o teu Félix, Lucía!


A LISTA DA COMPRA


Cada un de nós tiña un folleto do súper. Repartimos as listas da compra, todas diferentes, e había que ler o que nos tocara e buscalo no folleto. Despois recortalo e pegalo no seu sitio. Ao acabar, nun folio en branco, cada un fixo a súa propia lista da compra, recortando e pegando o que ía mercar e escribindo ao lado o nome. Non sabedes o ben que o fixemos! Xa podemos facer nós na casa a lista do que hai que mercar no súper!

mércores, 6 de maio de 2015

QUEN É QUEN NO CADRO AS MENINAS DE VELÁZQUEZ

AS MENINAS. AUTOR: DIEGO VELÁZQUEZ. 1656

Para saber quen é quen no cadro As Meninas, fixemos unhas tarxetas nas que podemos ler o nome de todos os protagonistas desta famosa obra. Xogamos coas tarxetas, límolas, buscamos no cadro e agora andamos a apuntar os nomes cada un na súa listaxe para telos todos identificados.