Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 31 de xaneiro de 2018

OS BOLECHAS CO VOLUNTARIADO MIÚDO

Despois de ler a Guía dos Bolechas para aprender a ser persoas voluntarias, levamos para á casa o libro e o carné de voluntario de honra. Tamén estivemos mirando na prensa noticias que falan de iniciativas solidarias e imos facer un libro con todas as que vaiamos atopando. 





martes, 30 de xaneiro de 2018

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Seguindo o Calendario do Libro e da Lectura 2018, hoxe se celebra o Día da Ilustración e desde a biblioteca celebrámolo levando para á casa unha guía de lectura con contos ilustrados por Óscar Villán e que podedes atopar na biblioteca do CRA.




LAS VOCALES DE LA PAZ




luns, 29 de xaneiro de 2018

ACHÉGASE O ENTROIDO!

E nós xa andamos a voltas preparando o noso disfrace. E coma xa levamos varios cursos facendo, estamos preparando tamén o noso Conto de Entroido. Xa temos os personaxes elixidos, o reparto feito e a historia inventada. Agora falta colorealo, montalo e poñerlle un título. En breve xa o publicamos. Estade atentos!










domingo, 28 de xaneiro de 2018

DRACO E ANDREIA


Draco estaba xogando no seu castelo cun amigo cando se enfadou e coa rabia botou lume pola boca. O seu enfado fixo que queimara o seu osiño de xoguete preferido e case queimara o seu mellor amigo. A fada Andreia axudará a Draco a entender as súas emocións e a controlalas para que el e os que están ao seu redor sexan máis felices. Como o fará? Imos con eles de viaxe ao Reino das Emocións!

martes, 23 de xaneiro de 2018

O MOLETIÑO DE PAN

A segunda aventura de Sabela e as súas zocas máxicas acaba de comezar. A avoa de Sabela mándaa á vila mercar un moletiño de pan. Ao longo deste trimestre acompañaremos a Sabela no camiño á vila. Que atopará? Poñede as vosas zocas máxicas que imos con ela!



xoves, 18 de xaneiro de 2018

DESEÑAMOS UN PARQUE CANINO



Hai uns días na prensa saía unha noticia que estivemos comentando hoxe: En Sanxenxo fixeron un parque canino para levar as túas mascotas a xogar, correr, facer exercicio... En internet buscamos fotos de parques caninos e vimos vídeos nos que aparecían moitos tipos de xogos para saltar, subir, baixar, correr... Había zonas para bañarse, bebedoiros, areeiros... Tamén vimos que era moi importante seguir unhas normas para empregar o parque como recoller as cacas ou que o can saiba portarse ben coa xente e cos demais cans. 
Despois puxémonos a deseñar o noso parque canino. Quedaron tan chulos que calquera can estaría encantado de vir xogar nel.




mércores, 17 de xaneiro de 2018

RODRIBICO E O MAR

Hoxe coñecimos a Rodribico, un paxariño que quería coñecer o mar. E alá fomos con el voando a coñecer os cangrexos, os peixes, o polbo, as algas e as estrelas de mar.






COMO FACER UNHA PAXARIÑA DE PAPEL?




En internet hai moitos vídeos para aprender a facer paxariñas de papel. A verdade é que non resulta nada doado. Hai que pregar o papel moitas veces e de xeito complicado para as nosas manciñas. Vimos algún vídeo e custáballe ata á profe! Pero despois de practicar varias veces saían paxariñas e paxariños de papel a ducias! E xa podemos contar o conto de Antonio Rubio e Óscar Villán así de ben. Probade na casa a ver se vos saen!








luns, 15 de xaneiro de 2018

HUGO E LUCÍA VEÑEN VISITARNOS

Hoxe tivemos unha visita moi especial: Lucía e Hugo, antigos alumnos da Escola de Ribadumia e  que xa están en Primaria, viñeron visitarnos e contarnos un conto. Despois nós tamén lles contamos Paxariña de papel e eles quixeron participar na dramatización. Que ben o pasamos con vós! Moitas grazas pola visita! Agardamos que a disfrutárades moito!



sábado, 13 de xaneiro de 2018

PAXARIÑA DE PAPEL



Paxariña de papel traía unha sorpresa: personaxes para contar o conto de xeito diferente! Axiña quixemos probar a ver que tal nos saía. (Neste vídeo nos inspiramos) A vindeira semana, máis sorpresas con este contiño!


CROCODILO

Seguimos coñecendo máis títulos da colección Do berce á lúa de Antonio Rubio e Óscar Villán. Con Crocodilo aprendemos as cores, comezando coa verde.











xoves, 11 de xaneiro de 2018

CANICROSS




Hoxe coñecimos, a partir dunha noticia da Voz de Galicia, un deporte que podes facer co teu can e que nos fascinou: o canicross. No primeiro vídeo un veterinario explícanos a importancia da alimentación e do coidado dos cans que practican o canicross e dous canicrósers móstranos cal é o equipo necesario para practicar este deporte e como entrenan. No segundo vídeo pódense ver varios participantes nunha carreira de canicross polo monte e mesmo meniños practicando este deporte cos seus cans.







mércores, 10 de xaneiro de 2018

LOBO GRANDE & LOBO PEQUEÑO


O APALPADOR, PAPÁ NOEL E OS REIS

Un dos temas de conversa da volta de vacacións do Nadal son os Reis, Papá Noel, o Apalpador e os agasallos que nos deixaron. Hoxe ademais puidemos ver a Joel, Breixo, Hugo e Lucía recibindo a visita sorpresa do paxe real na casa (picade no enlace e a partir do minuto 56:55 poderedes velos). Hai que andar atentos, non vaia ser que o vindeiro ano chame á nosa casa!






A LOTARÍA DE NADAL

Nas vacacións algúns vimos ou escoitamos parte do sorteo de Nadal. Hoxe puidemos ter nas nosas mans un décimo de lotaría e observamos todos os números que aparecían. Mirade cantos!




luns, 8 de xaneiro de 2018

COMEZAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE!

O primeiro día despois das vacacións é un día de reencontros e sorpresas. E como novidade primeira atopamos os agasallos que o Apalpador, Papá Noel e os Reis nos deixaron na escola para compartir. Moitísimas grazas, gustáronnos moito! Logo fixemos as rutinas e atopámonos cunha chea de cambios: de ano, de mes, de estación, de calendario... Coas pilas cargadas para comezar un novo trimestre de curso, desde a Escola de Ribadumia desexámosvos un feliz ano 2018!


Veterinarios de Ribadumia coidando o canciño