Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 8 de marzo de 2019

O PAÍS DA IGUALDADE

Hoxe falamos de inxustizas e falamos de igualdade. No país dos mandóns, as nenas, as mamás e as avoas non podían facer outra cousa que estar na casa e traballar alí. Nunca saían nin tiñan tempo de divertirse. Naquel país ninguén era feliz. Un día fixeron unha xuntanza e decidiron que non ían facer caso aos mamalóns que mandaban.  Recolleron os seus dereitos nunha constitución asinada por todos e todas e mudaron a situación, convertindo o seu país no PAÍS DA IGUALDADE.





Ningún comentario:

Publicar un comentario