Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 23 de decembro de 2022

FESTEXAMOS O NADAL

 

Picade aquí para ir ao vídeo en lingua de signos 
Dinosauros no Nadal

O xoves 22 de decembro celebramos o festival de Nadal no Auditorio de Ribadumia. Acompañados dos nenos e nenas da guardería e as súas profes e das nosas familias, festexamos que chegou o Nadal e desexamos unhas felices festas a toda a comunidade educativa. 

Contacontos da man organizado pola ANPA, teatro, o vídeo en lingua de signos, as badaladas, unha merendola ben saborosa á que convidaron as familias de 3 anos, actuacións por escolas e a visita do Apalpador. Non faltou nadiña! 

Moitas grazas a todas as familias por participar!


















xoves, 22 de decembro de 2022

NADAL EN FAMILIA

 Sofía e a súa familia quixeron compartir connosco o que pasou na súa casa. Vaia cos elfos de Papá Noel! Hai que andar con sentidiño!





E na casa de Aroa prepararon esta sobremesa de Nadal para o festival. Que ben imos merendar!


mércores, 21 de decembro de 2022

FESTEXAMOS O NADAL CO ELFO FEDERICO

 Cando chegamos á escola...estaba tooodo colocado para xogar e festexar que xa chegou o Nadal. Que ben o pasamos! Boa viaxe de volta con Papá Noel, Federico! Grazas por visitarnos estes días!















CUMPLE DE VALERIA

 Hoxe acompañamos a Valeria nas súas catro voltas ao redor do sol. Parabéns, Valeria! Canto medraches!








luns, 19 de decembro de 2022

PABLO FAI 3

 Hoxe acompañamos a Pablo nas súas tres voltas ao redor do sol, que celebrará o vindeiro día 23. Parabéns, Pablo! Canto medraches!









O ELFO FEDERICO E A NEVE

 A proposta do elfo Federico de hoxe era...xogar coa neve! Coa neve?, pensamos. E de onde a sacamos? Pois tan sinxelo como mesturar bicarbonato e auga fría! E deixar voar a imaxinación...









domingo, 18 de decembro de 2022

BOCADILLOS DE RENO

 Esta fin de semana a proposta do obradoiro de cociña en familia era...facer bocadillos de reno aproveitando a receita que atopamos neste enlace. E quedaron ben saborosos! Moitas grazas a todas as familias por participar!


Os bocadillos de reno de Sofía


Adán e os seus bocadillos de reno


venres, 16 de decembro de 2022

AS GALLETAS DE NADAL DO ELFO FEDERICO

 Hoxe chegamos á escola e o elfo Federico estaba rodeado: fariña, limón, azucre, ovos... Que pasaba? Pois que quería que fixéramos galletas de Nadal! Que saborosas quedaron e que ben ulía mentres estaban enfornadas! Bo proveito, Federico!









xoves, 15 de decembro de 2022

O ELFO FEDERICO E O APALPADOR

 Hoxe o elfo Federico apareceu cun feixe de folios de cores. E cando fomos mirar: eran cartas para o Apalpador! Así que Papá Noel e máis o Apalpador deben ser amigos. Escribímolas e pegamos agasallos que nos gustaría que trouxese ao cole para compartir. Se son de madeira, pode traelos o Apalpador. Se son doutro material, pode encargarse Papá Noel😉









mércores, 14 de decembro de 2022

A BAILAR!

 Hoxe descubrimos esta canción que nos namorou. Os amigos de PATO van cantando, vanlle sacando letras ao seu nome e o nome vai cambiando. Imos facelo cos nosos nomes, a ver que ocurre!




POSTAIS PARA VÓS

 Lembrades o obradoiro de postais que fixemos co elfo Federico o luns pasado? Pois ocurríusenos que podíamos envialas cos nosos mellores desexos ás persoas que viven na residencia de maiores de Ribadumia para que saiban que desde a nosa escola nos lembramos deles. Bo Nadal e moi feliz 2023!










O ELFO FEDERICO CANTANTE


 Vaia co elfo Federico! Hoxe apareceu montado na radio e agarrado a un micrófono xigante. E sabedes que quería? Que cantásemos e bailásemos panxoliñas de Nadal!








martes, 13 de decembro de 2022

CHEGOU O NADAL Á BIBLIOTECA!

 Hoxe atopamos unha carta de Zapatocas que nos falaba do Nadal, do calendario de advento e de contos. Chegou a maxia do Nadal á biblioteca!