Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 31 de maio de 2022

luns, 30 de maio de 2022

TI SI QUE ES UN BO PEIXE!

 



Hoxe viñeron visitarnos Uxía a científica e Roque o peixeiro. Con eles coñecimos peixes e mariscos, os seus nomes en varias linguas, como se pescan e como preparalos en saborosas receitas que reforzan a nosa saúde.

E para rematar...puxémonos a bailar!















RODRIGO E MATEO, REIS COMEFROITAS DE MAIO

 Temos dúas novas coroas de Comefroitas! Parabéns, Mateo e Rodrigo!




sábado, 28 de maio de 2022

ALICIA FAI 6!

 Hoxe a nosa amiguiña Alicia está de aniversario e onte quixemos acompañala nas súas 6 voltas ao redor do sol. Parabéns, Alicia! Canto medraches!









xoves, 26 de maio de 2022

IMOS Á ILLA DE CORTEGADA!!

 Por fin chegou o día! Viaxamos á Illa de Cortegada, onde o bosque cheira a loureiro e a marisco! Embarcamos no porto de Carril e puxemos rumbo á máis grande das illas do Arquipélago de Cortegada. Acompañados da monitora Marina e partindo das ruínas da ermida da Virxe dos Milagres,  percorrimos a illa por un itinerario circular visitando a árbore máxica, coñecendo a historia dos seus antigos habitantes e a vila fantasma, descubrindo os animais que a habitan e as árbores que forman parte da súa paisaxe. Sabedes que aquí está o maior bosque de loureiros do sur de Europa? Benvidos á Illa de Cortegada!

Preparados para comezar a aventura!

Xa se ve a Illa de Cortegada

Chegamos ao Porto de Carril

Unha estrela de mar!

Poñemos os chalecos para ir seguros




Mirade todo o que imos atopar na Illa!

Imos ao barco


Aí chega!

Subimos a bordo

Listos para navegar!








Xa chegamos






A ermida da Virxe das Milagres

Preparados? Comezamos a camiñar!




As outras Illas do Arquipélago de Cortegada



De noite poderíamos observar as constelacións

Repoñemos forzas

Que rico o bocata!

Ñam, ñam

Merenda con vistas

A merendar!


Vacalouras



A árbore máxica


Hotel de insectos

Hora de voltar

Ata a próxima, Illa de Cortegada!