Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 21 de decembro de 2017

FESTA DE NADAL

Hoxe celebramos a festa de Nadal no Auditorio de Ribadumia. Agardamos que a disfrutáredes moito! Que teñades unhas moi boas festas !








CUENCOS TIBETANOS NA ESCOLA DE RIBADUMIA

Hai xa un tempo que a familia de Alba nos contou que tiña unha amiga que podía vir á escola a amosarnos como traballaba cos cuencos tibetanos. Chamámola para ver se podía vir antes das vacacións de Nadal e Mercedes veu sen dubidalo. Trouxo os cuencos tibetanos e contounos moitas cousas sobre eles: para que serven, de que material están feitos, a súa procedencia... Tamén nos ensinou como tocalos para que soen e notar as vibracións. Foi unha sesión moi interesante e na que o pasamos moi ben! Desde a Escola de Ribadumia queremos darlles as grazas a Alba e a súa familia por convidarnos a coñecer a Mercedes e a Mercedes polo agarimo co que nos tratou en todo momento. Moitísimas grazas e agardamos repetir!






CUMPLE DE DECEMBRO: LEO FAI 3




O máis pequerrechiño da clase xa vai facer 3 anos e antes de marchar de vacacións de Nadal fixo a torta para convidarnos á festa do seu cumple. Parabéns, Leo!!









mércores, 20 de decembro de 2017

FACEMOS SACOS TERAPÉUTICOS DE SEMENTES E LAVANDA

Na Escola de Ribadumia fixemos sacos térmicos con lavanda do noso xardín e sementes de diferentes tipos. A parte da costura fíxoa a profe María (moitas grazas á nosa costureira preferida!) Neste enlace podedes ler máis información sobre os sacos terapéuticos: para que serven, como empregalos...






martes, 19 de decembro de 2017

APRENDENDO A SER PERSOAS VOLUNTARIAS E SOLIDARIAS




Rematamos a campaña de recollida de xoguetes polo Nadal como colaboradores da Fundación Amigos de Galicia. Hoxe viñeron por Leiro a buscar os tapóns que había e todos os xoguetes que xuntamos. Unha vez máis grazas ás familias pola vosa colaboración e por facer que os vosos nenos e nenas aprendan o valor da solidariedade.


luns, 18 de decembro de 2017

OS ARROASES, PRIMEIRA AVENTURA

Hoxe contamos no cole a primeira aventura dos Arroases. Os maiores xa a coñeciamos pero gustounos moito lembrala. E os máis pequenos coñecimos a historia e os personaxes. Despois debuxamos unha chea de amigos dos Arroases e seguimos apuntando os que saen na prensa estes días. Ademais temos un libro moi chulo onde saen os nomes en galego, castelán, inglés, francés...con debuxos e datos sobre cada un deles. Canto estamos aprendendo!

Picade na imaxe para ler o conto




mércores, 13 de decembro de 2017

PREPARATIVOS DE NADAL

O festival, a portada dos traballos e moitas cousas máis que andamos a preparar estes días!





Para o festival de Nadal os nenos e as nenas da Escola de Ribadumia imos cantar e bailar Na casa da miña avoa de Mamá Cabra. Picade no vídeo se queredes escoitala!



martes, 12 de decembro de 2017

CARTA PARA O APALPADOR



A biblioteca de Leiro xa se vestiu de Nadal e no recuncho dos contos apareceron O Apalpador, Papá Noel, Os Bolechas...O Apalpador de Xoán G. e Antón e o Apalpador foron os contos que limos hoxe.

E despois escribímoslle a nosa carta ao Apalpador pedíndolle un xoguete de madeira para compartir na nosa escola. Ímola ter preparada por se aparece no festival de Nadal e así xa lla damos.



mércores, 6 de decembro de 2017

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO COS BOLECHAS



Onte participamos no encontro do Día Internacional do Voluntariado que se celebrou na Cidade da Cultura de Santiago e no que varios centros escolares de Galicia que formamos parte de proxectos relacionados co voluntariado nos xuntamos para recibir a Guía do Voluntariado dos Bolechas e o Carné de voluntario.
No CRA de Ribadumia ao longo do curso participamos en varias iniciativas solidarias nas que necesitamos a colaboración das familias do noso alumnado e de toda a comunidade educativa:
- Colaboramos coa Fundación Amigos de Galicia como punto de recollida de tapóns ao longo de todo o curso e neste momento somos tamén PUNTO DE RECOLLIDA DE XOGUETES PARA A CAMPAÑA DE NADAL (lembrade que o 18 de decembro é o último día para participar!). 
- Facemos recollida de roupa para unha ONG. 
- Coidamos do noso xardín e da horta escolar.
- Coidamos da nosa biblioteca e dos libros que temos nela como lugar de disfrute da lectura compartida e de procura de información.
- Estamos a desenvolver un proxecto sobre o coidado das mascotas e a responsabilidade de telas.
En todas estas iniciativas e moitas outras que irán xurdindo ao longo do curso participamos e aprendemos a que xa desde pequeniños podemos facer moito co noso voluntariado miúdo.
Nestes enlaces poderedes atopar máis fotos e vídeos da xornada: