Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 31 de maio de 2013

IMOS DE EXCURSIÓN!!!

O xoves 30 de maio fixemos a saída de fin de curso. Un día de convivencia con todos os nenos e nenas do CRA no Camping Fieitás do Grove. Alí nos agardaban os monitores con todo preparado e organizado para pasalo ben. Pola mañán xogamos, cantamos e fomos á praia. Xa de volta comimos xuntos e descansamos. E pola tarde fomos ao monte a xogar cos vivacs e merendamos. Un día cheo de emocións, de risas e de bos momentos... que nos deixaron completamente esgotados! Agora toca descansar e disfrutar da festa do Viño en familia. Vémonos o luns!!










mércores, 29 de maio de 2013

CUMPLES DE MAIO

 
 
Hoxe celebramos os cumples de maio: ARÓN fixo 5 anos e WENCES mais IRIA fixeron 4. A profe non puido nin probar a tarta porque todos quixemos repetir. Pasámolo moi, moi ben. A pena foi que choveu e non puidemos saír ao patio. Polo demais...festa rachada!!
 
Parabéns, mociños!!












martes, 28 de maio de 2013

A PERSISTENCIA DA MEMORIA



Para nós é o cadro dos reloxos fritidos de DALÍ. Ou dos reloxos brandos, como feitos de plastilina. Observamos que hai 4 reloxos. Un está do revés, non se lle ven as agullas nin os números. Por riba del hai formigas. Outro ten unha mosca pousada riba del. Outro está colgado dunha árbore e outro por riba dun...dun...dun...profe, iso que é?
 
Soubemos que é un cadro moi famoso, que está no MOMA de Nova York e que moitos artistas fixeron as súas propias obras baseándose nel.






DALÍ E OS CHUPA CHUPS

 
 
Sabedes que ten que ver DALÍ e os CHUPA CHUPS? Pois que foi este grande artista quen deseñou o logo destes famosos caramelos con pau (picade aquí e podedes ler máis información) A nós o que máis nos gustou foi que a profe nos deu un a cada un para zugar á tarde despois de merendar!
 
 

REFRÁN DO MES DE MAIO


venres, 24 de maio de 2013

CALENDARIO POÉTICO CURSO 2013-2014

Aquí vai a nosa pequena homenaxe aos CANTARES GALLEGOS de ROSALÍA DE CASTRO no 150 aniversario da súa publicación. Os maiores xa sabemos o poema ADIOS RÍOS ADIOS FONTES de memoria e gústanos moito recitalo!
 


 

PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

Pequeno Azul e Pequeno Amarelo eran amigos. Un día déronse unha aperta tan, tan grande que se volveron de cor...verde!! Nós comprobámolo de primeira man. Mirade que ben o pasamos!
 






 

martes, 21 de maio de 2013

MOZA NA VENTÁ

 
Hoxe en Leiro buscamos e miramos os libros que atopamos que falan de DALÍ. Neles recoñecimos cadros como "o dos reloxios", os ovos do tellado da súa casa museo, fotos de DALÍ e da súa muller GALA... Houbo un cadro que nos chamou a atención: MOZA NA VENTÁ. Escribimos o seu título e debuxámolo nós. Pero ademais estivemos observándoo con moita atención e quitamos moitas conclusións...
 
 
 
 
P: Imos mirar este cadro un momento a ver que vemos...
- A auga non se move?
P: Ti vela moverse?
- Es que no es un vídeo, Arón, si fuese un vídeo...
P: Qué é logo?
- Unha muller (varios)
- Unha muller mirando pola ventá.
- É unha ventá aberta.
- Mirando unha cidade.
P: Que ve pola ventá?
- Adios ríos... (citando a Rosalía)
- Yo estoy viendo un barco.
- Ve una ciudad.
- Eu vexo un "belén".
P: Un "belén"? Que é un "belén"?
- Un "belén" que ten unha vela.
P: Non será un veleiro?
- Non, un "belén".
P: Pero un belén é outra cousa. Que é un belén?
- Un belén es una cosa que está hecha de piedra, del Niño Jesús (contesta un compañeiro)
- É unha ala.
- No, es una bandera para que le sople el viento y después ya se mueve el barco.
P: E isto?
- Unha cidade.
P: E isto?
- El agua.
- A min me parece que é unha ala.
P: E isto?
- O mar.
- O río.
- Auga.
- Ou o río Umia.
- Y el barco que tiene más atrás es la ala.
P: E isto?
- El cielo
P: E como está?
- Oscurro.
- Es que iba a llover chhhhhhh
P: Parece que vai chover?
- Si.
- A min non.
P: Entón quedamos en que é unha muller. E que está facendo?
- Mirando pola ventá.
P: E esta ventá de onde será?
- Su casa.
- Es una ventana muy rara porque no tiene la otra puerta.
P: Por iso é rara? Porque só ten unha porta? Cantas tiña que ter, logo?
- Dúas!
P: Que ten arredor da ventá?
- Cortinas.
P: E para que quere as cortinas?
- Por si hace mucho sol pues para tapar porque no tiene persiana.
P: E aquí que hai?
- Unha manta.
- Unha manta para taparse.
- Unha chaqueta.
P: Terá frío esa muller? Fará frío aí?
- A min paréceme que lle vai caer a manta á auga.
- Yo creo que si hace frío porque el viento está presentando la lluvia.
P: Que roupa leva a muller?
- Solo tiene un pantaloncito.
P: Isto é un pantalón?
- Non, unha falda!
- E unha camiseta de manga corta.
- La señora seguro que se llama Lara.
- Yo creo que se llama Noa.
- Chámase Arón.
- Felipe.
P: Pero é unha moza ou un mozo?
- Unha moza!
- Non sei se será Fernando Fernando.
P: Logo terá que ter nome de moza. Arón é nome de moza?
- Noooon!!
P: E Felipe?
- Nonnnn!!
- Pues entonces se llama Marta!
- Eres tú porque eres la profe.
- O Celeste!
- O Alba!
P: E como vedes a esta moza: contenta, triste...?
- No se ve, no se ve la cara, que está mirando para el otro lado. Solo se le ve un poco de moflete y el pelo.
- Pues dale la vuelta!
P: E que estará pensando mentres mira pola ventá?
- Ay, que bonito es este país!
- Que bonito es el país de Leiro!

PELELLIÑO COCIÑEIRO

Un novo PELELLIÑO veunos visitar: PELELLIÑO COCIÑEIRO. Con moito traballiño preparou un pastel riquísimo e por culpa dos Pelelliños can e gato... imaxinade o que puido pasar! Ao final, coa axuda de todos os pelelliños fixeron unha tarta moi especial.
 
 

xoves, 16 de maio de 2013

FESTA DOS MAIOS


Hoxe celebramos a FESTA DOS MAIOS na sede do CRA, en Leiro. Non puidemos subir ao Monte do Castro por mor da choiva pero como as ganas de festa non faltaron, pasámolo moi ben. Fixemos colares de flores para adornar o noso maio e cantámoslle coa axuda do grupo Alecrín, que un ano máis veu acompañarnos e traernos a súa música e as súas cancións. Moitas grazas polo agarimo co que nos tratades sempre!! Tamén queremos agradecer ás  familias a cantidade de flores que trouxéchedes para adornar o noso maio e ás profes Ángeles e Ana polo bonito que o deixaron. Que pasedes unha boa fin de semana e vémonos o luns.






mércores, 15 de maio de 2013

DÍA DAS LETRAS GALEGAS



O vindeiro 17 de maio celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano 2013, o autor homenaxeado é ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Ao longo desta semana estivemos aprendendo cousiñas sobre este escritor, actor, dramaturgo...


 
 
 

domingo, 12 de maio de 2013

XOGAMOS A ENCESTAR



Coa parte de arriba da botella fixemos un xogo de encestar que nos gustou moito. Coma coa maceta, puxemos o noso nome e decoramola ao noso gusto con pegatinas. Logo pintamos un rolo de cartón do papel hixiénico con rotuladores e puxémolo de agarradeira. Grampámoslle un cacho de la, na punta atamos o tapón da botella e listo. A xogar!!!!
 

martes, 7 de maio de 2013

CUNHA BOTELLA DE PLÁSTICO PODEMOS FACER...

Nós partímola pola metade e imos facer coa parte de abaixo unha maceta (coa de arriba xa vos contaremos, que aquí todo se aproveita!). Unha maceta personalizada: co noso nome e decorada ao noso gusto. E grazas á profe María que nos trouxo boa terra e uns bulbos de flores, plantamos cada un o que máis nos gustou. Agora están na ventá da nosa aula e cada día imos mirando como medran. A maioría xa agromaron!! Que flor será e de que cor, terémolo que descubrir máis adiante, cando saian. Xa nos tardan!