Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 30 de abril de 2015

FESTA DOS MAIOS 2015


Hoxe celebramos a festa dos maios en Leiro. Démoslle a benvida á primavera cantando, facendo colares de flores e vestindo ao maio. Un ano máis darlles as grazas ás profes Ana e Ángeles, que tanto traballo pasan poñendo o noso maio así de precioso. E moitas grazas tamén a Sofía, a mamá de Uriel, que fixo posible, xunto co demais músicos, que a nosa festa se enchera de muiñeiras, jotas, pasosobres... da man do tambor, a gaita, o bombo e as pandeiretas. Moitas grazas a todos por colaborar coa escola na educación dos vosos meniños e meniñas. Que pasedes unha feliz fin de semana. Vémonos á volta, o martes 5 de maio!











xoves, 23 de abril de 2015

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO 2015





Vaia sorpresa que levamos! Despois da merenda apareceron coma por arte de maxia tres músicos: Montse, Rosana e Jose, acompañados dun saxofón, dunha guitarra eléctrica e dun tambor. Montaron o decorado e nun plis-plas, comezou a actuación. Primeiro cantamos para comezar con bo pé e nesas estabamos cando petaron na porta. E quen era? Un cabaleiro, nun cabaliño montado, que nos falou do Día do Libro e de Cervantes. Co que nos gustan a nós os libros, os contos e as historias! Os músicos de Bremen e A cebra Camila fixéronnos rir e pasalo pipa. Tamén cantamos no intermedio e mesmo rapeamos!! E para acabar, un agasallo: un marcapáxinas dos músicos de Bremen! ( Rodrigo lembrounos que é e como se emprega, por se había algún despistado) 


Moitísimas grazas aos tres músicos que con tanto agarimo prepararon esta festa do día do libro: Montse, Rosana, Jose, sodes os mellores. O voso esforzo levou premio: toda unha escoliña chea de nenos e nenas disfrutando co voso traballo. Ata a próxima, cando queirades! Un bico enorme para os tres!












DIANA FAI 5






venres, 10 de abril de 2015

FÉLIX EN BERLÍN

Na derradeira carta que Félix mandou a Sofía desde Australia, prometeulle que ía voltar no seguinte avión á casa porque a botaba moito de menos. Sofía vive en Berlín, a capital de Alemania. Desta vez a Félix non lle fai falta escribir ningunha carta a Sofía. Logo de aterrar no aeroporto de Frankfurt, Félix collerá un tren que o deixará por fin en Berlín. Sofía e papá irán agardalo á estación. Félix trae un mapa con todos os lugares que leva visitado!! Xa de volta á casa, percorrerán xuntos a cidade de Berlín e con eles iremos coñecendo os lugares máis famosos e as curiosidades desta cidade alemana.


NOVAS DESPOIS DAS VACACIÓNS








A profe Rosana e a nosa compañeira Nerea aproveitaron as vacacións de semana santa para coñecer de primeira man algún dos animais que Félix nos contou que vivían en Australia. Rosana trouxo plumas de emú e comprobamos que son moooooi suaves, ademais de ver que son dobres!! E nun pequeno vídeo vimos como comía e paseaba entre a xente.
Nerea trouxo un album cheo de fotografías que foi explicando e onde vimos canguros, golfiños, mouchos reais, aguias, suricatas, serpes... 

Moitas grazas, mozas!! Gustáronnos moito!!

mércores, 8 de abril de 2015

JUANITA TRAE A BOLSA CARGADA! QUE TRAE?





Juanita aparece despois do recreo coa bolsa cargada. Por que pesará tanto? Axiña o descubrimos! Sentamos en círculo, lembramos as normas de xogar a pensar, comprobamos que trouxo o seu selo e miramos dentro da bolsa. Aparece un obxecto do tamaño dunha man, que pesa bastante. Un neno aventura de inmediato: Es un coral! Facemos unha primeira observación, imos pasando o obxecto e pensamos, sen falar, que pode ser (tocámolo, ulímolo, mirámolo por riba e por abaixo, mesmo o “escoitamos…) Nunha segunda rolda, cada un vai dicindo o que lle parece que é, comenta algo que lle sorprende, engade información… (os demais tentamos escoitar caladiños):

-          Es un coral donde se esconden los peces para que nazcan los bebés. Es su casa…y ahora es una piedra (N)
-          E ten peixes? (P)
-          No, ahora no (N)
-          Puede ser que se hayan ido a dar una vuelta (W)
-          (Co obxecto posto nunha orella a modo de teléfono fai que escoita) (U)
-          Cóntache algo? (P)
-          Si, cen (U)
-          E como che conta?(P)
-          Ata nove, ata dez (U)
-          E que será?(P)
-          É unha pedra onde viven os peixes (U)
-          Hai un peixe aí?(P)
-          Non (U)
-          A lo mejor se marchó porque ya era una piedra (N)
-          Aquí hai un bicho (U)
-          No es un bicho, es un palo (N)
-          Es un coral(W)
-          Ti viches algunha vez un coral? (P)
-          No (W)
-          E como sabes que é un coral? (P)
-          Porque tiene pinta (W)
-          A min paréceme un coral (Ad)
-          E que é un coral?(P)
-          É o que está en Australia debaixo do mar (Ad)
-          Yo vi uno de esos cuando estaba buceando. Era de un pez pequeño que dormía en esa roca. Un pez bebé. Esta es una piedra de coral. (O)
-          Eu teño peixes no Curuto (U)
-          É unha cuncha dunha tortuga (Lu)
-          E onde vai a tartaruga? (P)
-          Xa morreu (Lu)
-          Se parece a un coral (La)
-          Parece que vivía un caracol ahí (O)
-          Un caracol marino (An)
-          Es una casita de peces y cangrejitos. Bebés y mamás. Es una casita de piedra.(R)
-          Se parece a una almeja (H)
-          Tiene un agujero (O)
-          No tiene salida (An)
-          Entón por onde se meten?(P)
-          Por abajo (W)
-          E saen por arriba? (P)
-          Nooon, por arriba non poden saír, non ves que teñen unha tapa? (Ad)
-          Pesa (O)
-          Es una piedra, es una roca, es una tortuga papá (O)
-          Os peixes entran polo burato e saen outra vez polo burato (Ad)
-          E isto onde está? Onde hai máis destes? (P)
-          En el mar! Es de madera! (O)
-          Parécevos que é de madeira? (P)
-          Noooooon (varios)
-          É de roca
-          É de pedra
-          A que está pintado? (O)
-          De que cor é? (P)
-          Blanco e gris! (varios)
-          Se hizo piedra. Cuando un niño hizo esto con pinturas…(O)
-          No, no lo hizo un niño, que es piedra! (N)
-          Pero hizo en un papel grande y gordo y duro. Y lo pintó y luego lo puso allí en el mar. Y después salió un piraña y después lo convirtió en piedra. (O)
-          Noooo, que no son mágicas (N)


Acaba a sesión cando un neno di que quere marchar e unha nena di que ten fame. Decidimos avaliar e aparece na bolsa de Juanita un post-it cunha palabra: CORAL. Ohhhhh, acertamos!!!, din varios.  Acabamos retratando a Juanita e escribíndolle canto a queremos.