Luns de xuntanza na Casa da Cultura de Ribadumia.
Co gallo da Semana da prensa na escola, aprendimos como se fai unha noticia con Maruxa e Mónica, xornalista e fotógrafa, respectivamente, da Voz de Galicia. Mirade aquí a noticia na prensa.
Anxo Moure encheu a biblioteca de contos solidarios e de palabras máxicas: paztinete, pazdeireta, non á guerra, non á fame, comercio xusto, Sáhara, nais tecedeiras...
E con Pakolas a rock and rollear! Quenllas, tiburóns... cantos animais saen a cantar e bailar!
Día frío pero xa recende a primavera! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario