Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 30 de marzo de 2017

O ARROAZ URIEL



Uriel probou os precebes e explicounos con todo detalle como había que abrilos e que parte se comía. Parece que lle gustaron ben! Vaia arroaz estás feito, Uri!

Diploma de capitán arroas que levamos todos ao rematar o curso

COMO MEDRAN OS COGOMELOS!


Cada día a encargada ou encargado rega con agarimo os cogomelos, que están medrando moitísimo! Estamos abraiados!

mércores, 29 de marzo de 2017

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR: SAÍDA Á ILLA DE AROUSA

Dentro do programa O sabor da aventura está no mar, do Plan Proxecta, hoxe os Arroases convidáronos a ir á Illa de Arousa a coñecer un pouco máis como traballan os mariñeiros e mariñeiras no porto, na lonxa... Despois puxemos as botas de auga e coñecimos de primeira man e a pé de praia o traballo das mariscadoras e rematamos a xornada cunha merenda mariñeira poñéndonos as botas por segunda vez na mañá. Moitas grazas a Gus, Amaia, Teresa e os Arroases por esta nova aventura! Pasámolo fenomenal!




















luns, 27 de marzo de 2017

MÚSICA, MESTRA!




Hoxe a profe Raquel trouxo unha chea de instrumentos (gaita, tambor, saxofón e clarinete) e escoitamos como soaban. Algúns puidemos comprobalo nós mesmos! Gustáronnos moito, Raquel! Moitas grazas!

CALENDARIO DE ARTE: LUÍS SEOANE E O MAR

Xa comezamos a traballar no calendario de arte do curso 2017-2018! Desta vez imos coñecer ao gran artista Luís Seoane e doce das súas obras relacionadas co mar axudados polo libro de Loli Beloso: Luís Seoane para as nenas e nenos galegos. Non deixedes de seguir esta entrada para ver como vai avanzando!
























E con todos os cadros que coñecemos de Luís Seoane fixemos un xogo de emparexar cadro-título. Podemos comprobar se o fixemos ben buscando no calendario e despois mirando se o código de cores da parte traseira coincide. Bravo Arroases!




xoves, 23 de marzo de 2017

CULTIVAMOS COGOMELOS


Á escola de Ribadumia chegou unha caixa cun kit de Seta's Pocket e as instruccións para o cultivo de cogomelos. Un agasallo de Hugo e a súa familia, que xa o probaron na súa casa e pediron outro para que o probásemos no cole. Esta semana comezamos e en dez días, a ver se o facemos ben, teremos a nosa primeira colleita de "setas de ostra". Que emoción!

XA ESTAMOS EN PRIMAVERA!!!




Esta semana chegou a primavera e nós celebrámolo lendo poesías de Xosé Neira Vilas do seu libro O xardín de Irene, ilustrado por Leandro Lamas, debuxando flores e vendo toda a chea de colores que trae esta nova estación a Galicia (vídeo de La Voz de Galicia). Traballo que realizamos en parellas de diferentes idades nas que cada un fixo unha parte, axudámonos a escribir, repartimos o traballo, agardamos a que o compañeiro acabase e nos tocase a nós... Moito traballiño para o pequenos que somos pero o resultado mereceu a pena!