Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 23 de decembro de 2016

SABEDES QUE EN ISLANDIA PASAN A NOITEBOA LENDO?

Picade na imaxe para ler o artigo completo no diario El País.


Aínda estades a tempo de engadir un libro á vosa lista de desexos para o Nadal. Neste enlace aparecen varias suxestións

HUGO GAÑA O CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DO CONCELLO

E o seu debuxo aparece na felicitación que o Concello de Ribadumia envía a todos os veciños e veciñas desexándolles felices festas. Noraboa, Hugo!!!




mércores, 21 de decembro de 2016

OS BOLECHAS BO NADAL

Picade na imaxe para entrar na páxina de Nadal dos Bolechas, ver os vídeos e xogar aos xogos.


FESTIVAL DE NADAL NO AUDITORIO DE RIBADUMIA




Hoxe celebramos o festival de Nadal no Auditorio de Ribadumia. Contamos contos, fixemos un gorriño de Papá Noel, desfrutamos dun contacontos en inglés con Kids and us e cantamos panxoliñas. Rematamos a mañá coa visita do Apalpador, ao que lle entregamos as cartas que escribimos cos nosos desexos. A ver se nos deixa algo na escola! 
Desde a Escola de Ribadumia desexámosvos unhas felices festas e un moi feliz ano 2017. Vémonos o 9 de xaneiro!

Podedes buscar as fotos que nos fixeron para La Voz de Galicia neste enlace. A ver se atopades as oito nas que sae o noso festival de Nadal!











venres, 16 de decembro de 2016

XUNTANZA EN LEIRO: OBRADOIRO DE PLÁSTICA E DE MEDIOAMBIENTE

Hoxe tivemos un día de xuntanza en Leiro para facer dous obradoiros nos que o pasamos fenomenal e co que aprendimos moito. 
A primeira parte da mañán fixemos unha postal de Nadal coa axuda de Noe, a mamá de Hugo, e da súa compañeira Pris. Coloreamos coas ceras, entintamos con esponxas, pegamos algodón para facer a neve e empregamos unhas máquinas especiais para troquelar as cartolinas e facerlles relieves con motivos navideños. Quedounos preciosa! Moitas grazas Noe e Pris polo voso tempo e por enseñarnos a facer cousas tan bonitas!







Logo merendamos, xogamos no patio e rematamos a xornada aprendendo a separar os residuos nun obradoiro medioambiental.






martes, 13 de decembro de 2016

OBRADOIROS DOS SENTIDOS: O OÍDO

Hoxe fixemos o último dos obradoiros adicados aos sentidos na biblioteca e faltábanos o oído. Vimos uns vídeos que falaban do oído e os seus coidados e despois xogamos a adiviñar os sons que saían dunha máquina moi divertida. Seguimos clasificando maracas en función do son que facían (podían ter dentro arroz ou garavanzos) e gañaron as maracas de arroz por 10 a 6. Acabamos o obradoiro tocando a batería cos nosos dediños a modo de baquetas.









LA BELLA DESPIERTA

É un dos poemas do libro de Mar Pavón: Versos liantes, contantes y sonantes, que conta unha versión diferente de La Bella durmiente na que a moza esperta cos bicos do espertador e ao príncipe non lle parece moi ben...


venres, 2 de decembro de 2016

xoves, 1 de decembro de 2016

CARTA PARA O APALPADOR


Despois de ler o conto do Apalpador e escoitar a canción de Paco Nogueiras do seu libro-disco: Brinca vai!, dispuxémonos a escribirlle a carta ao Apalpador. A ver se nos deixa algo para compartir no cole!