Imaxe: Ricardo Liniers Siri

sábado, 30 de xaneiro de 2016

CONTO DE ENTROIDO: O DÁLMATA PERDIDO

Xa rematamos o noso conto de Entroido (ideado, inventado e coloreado por nós). Este ano leva por título: O dálmata perdido. Agardamos que vos guste tanto como a nós!


















venres, 29 de xaneiro de 2016

AS ORDES DO MECO





O vindeiro luns comezamos a semana de Entroido seguindo as ordes do Meco

Luns: Algo na cabeza
Martes: un mandil
Mércores: Cara pintada
Xoves: Vimos en pixama
Venres: festa de Entroido na Casa da Cultura de Ribadumia. Disfrazámonos alí!

DESEXOS DE PAZ


martes, 26 de xaneiro de 2016

CANTARELA DOS NENOS




Pintamos un mandala moi especial: o mandala dos nosos amiguiños e amiguiñas do cole. Cada un pintouse a si mesmo no mandala dos demais. Así cando o levemos e o miremos na casa, lembrarémonos deles e levarémolos no corazón.
E tamén aprendemos a Cantarela dos nenos, poema que escribiu Xosé Neira Vilas e que agora cantamos co vídeo que fixeron no CEIP Praza de Barcelos para celebrar o Día da Paz do ano 2013.

Podedes atopar esta e outras cancións no disco Rolada das Cantigas. Na Virada.

A POMBA MARI PAZ

O venres pasado escoitamos uns golpiños na ventá e cando fomos mirar... alí estaba a pomba Mari Paz, cunha mensaxe no seu peteiro. Rodrigo leuna e despois escoitamos a historia desta pombiña que nos pedía axuda: encher o mundo de desexos de paz. Levamos para casa o debuxo dunha pomba na que tiñamos que escribir unha palabra relacionada coa paz e despois con todas formaremos un gran desexo de paz. Axudádenos!


mércores, 20 de xaneiro de 2016

RECUNCHO DE CANARIAS

Hoxe tivemos sesión no cole de investigación. Temos material que foi chegando para o recuncho de Canarias e había que revisalo. Mapas, información de barcos para ir dunha illa a outra, o plano do Teide e información sobre o teleférico, parques acuáticos, o Loro Parque... 



martes, 19 de xaneiro de 2016

AS ILLAS CANARIAS

Un mapa e unha misión: atopar os nomes das sete Illas Canarias, identificalas, poñerlles un número e ao lado de cada número escribir o nome da illa correspondente. 


MALALA, PREMIO NOBEL DA PAZ






O 30 de xaneiro celébrase o día da paz e da non violencia. Este curso estamos coñecendo a Malala, a nena que recibiu o Premio Nobel da Paz, e a súa historia.
Aproveitando este recurso que atopamos na rede reflexionamos sobre as diferencias entre a escola do país de Malala e a nosa. Non nos gustaría nada ter que separarnos os nenos das nenas na escola e o de deixar de estudar por ser nena xa nin pensalo. Nós tamén quixemos poñer o noso gran de area nunha escola para Malala e entre todos puxémoslle tellado e un patio con cubos e areeiro. Tesoiras, rotuladores de cores, pizarra, témperas e pinceis, cadeiras e mesas... Xuntos polo dereito das nenas a estudiar!!

Se queredes ler o cómic-resumo da historia de Malala picade aquí. Se os maiores queredes coñecer un pouco máis sobre a vida de Malala picade aquí



TrabajodeMalala from moonhooney



Gustounos a frase de Malala: Un neno, un mestre, un libro e un lapis poden cambiar o mundo. Falamos da historia de Malala, reflexionamos sobre o que lle ocurriu, sobre as inxustizas, sobre a importancia de estudiar, de aprender, de ir ao cole... E buscamos palabras relacionadas con todo isto para escribir arredor de Malala. Palabras que nos chamaron a atención, que nos pareceran importantes na súa historia: valentía, paz, amigas, libro, irmáns, papá e mamá...

Fonte: Actiludis





INVERNO

Chegou o inverno e co cambio de estación o frío e a choiva veñen visitarnos máis a miúdo. Lembramos as cancións do inverno que cantabamos os outros anos e que tanto nos gustan e aprendemos unha poesía. Repartimos un verso para cada un e entre todos recitámola completa. Nun par de voltas xa a sabiamos enteira!


Enlace canción Invierno, invierno
Enlace canción Con la nariz colorada





mércores, 13 de xaneiro de 2016

ZAPATOCAS EN CANARIAS



Onte na biblioteca tiñamos unha sorpresa: carta de Zapatocas! Nela cóntanos que agora está en Canarias e nos convida a investigar con el nas illas afortunadas. Como punto de partida déixanos un novo libro da colección De la A a la Z: Canarias. 
Así que xa sabedes onde imos pasar este segundo trimestre. Se tedes na casa material relacionado co tema: fotografías, mapas, contos, libros...que queirades compartir connosco, podedes achegalo á escola. 


Hoxe coñecimos a bandeira e o escudo de Canarias e o significado das cores e dos debuxos que aparecen.


E ademais escoitamos unha canción que nos gustou moito coa que xogamos a adiviñar o nome das 7 Illas Canarias. Picade no vídeo e tentade adiviñalas!




domingo, 10 de xaneiro de 2016

LOTARÍA DE NADAL

Non tocaron millóns pero moitos de nós vimos na tele o día 22 de decembro como os meniños cantaban números e premios. Así que no cole cada un co seu décimo cantou o seu número e de premio...compartilo cos amigos!


xoves, 7 de xaneiro de 2016

XA CHEGOU O 2016!

Hoxe voltamos á escola despois das vacacións de Nadal. Foi unha mañán de reencontros e novidades: ano novo, calendario novo (grazas Uriel e Sofía!), cambio de estación... E unha sorpresa moi grande: o Apalpador, Papá Noel e os Reis lembráronse de nós e deixáronnos puzles, xoguetes e contos para compartir. Hugo atreveuse co puzzle máis difícil e coa axuda da profe conseguimos rematalo: o mapa de España por onde anda Zapatocas de viaxe!
Benvid@s ao segundo trimestre!






martes, 5 de xaneiro de 2016

QUE TAL DE VACACIÓNS DE NADAL?


Feliz 2016! Despois de moitos días de vacacións seguro que a volta ao cole vén chea de novidades! Lucía mandounos unha foto ao mail da escola na que sae facendo de reposteira e preparándolle a tarta de cumple para súa nai. Se a fixeches igual de rica que no cole, seguro que non quedou nadiña!
Animádevos a enviarnos a escoladeribadumia@gmail.com as vosas fotos das vacacións para que poidamos compartilas!


Rodrigo tamén disfrutou moito das vacacións de Nadal participando na Cabalgata de Reis e despois abrindo os seus agasallos.




E no cole cada un de nós debuxou o que fixo nas vacacións. A que non sabedes o que máis se repetiu?: abrir agasallos de Nadal.