Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 28 de febreiro de 2013

A TODA MÁQUINA!

 
Do 2 ao 24 de marzo podedes visitar, no Pazo da Cultura de Pontevedra, o XIV SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. O tema deste ano: A TODA MÁQUINA! Picade aquí para ver todas as actividades: contacontos, teatros, concertos... que se van organizar (día, hora e breve explicación da actividade). 

RESUMO DO MES DE FEBREIRO


mércores, 27 de febreiro de 2013

REFRÁN DE FEBREIRO

EN FEBREIRO CHOVE NO RUEIRO
 

CAMELIAS PARA ROSALÍA

Os maiores xa a coñecían e os pequenos coñecérona esta semana: ROSALÍA DE CASTRO e os seus poemas chegan para quedar con nós. Soubemos que o 24 de febreiro foi o aniversario do seu nacemento e que escribiu un libro de poemas: CANTARES GALLEGOS, que tamén está de aniversario, nada máis e nada menos que 150 anos da súa publicación. Nós quixemos homenaxeala agasallándolle flores. E que flores temos no noso cole? CAMELIAS! Pintámosllas e logo fixemos unha roda arredor da árbore que se enche de camelias de cor rosa todos os anos e lle da cor ao noso patio.
Xa dentro escoitamos a Amancio Prada cantar ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES e unha Alborada que lle tocaron os gaiteiros a Rosalía na Illa de Arousa o pasado domingo. Se queredes escoitalas outra vez, aquí tedes os vídeos e atentos porque... Profe, profe, está Rosalía no bombo!!

 

martes, 26 de febreiro de 2013

AXUDAMOS!!

 
A partir de hoxe imos colaborar na recollida de tapóns para que un meniño, amigo dun antigo alumno do noso cole, poida conseguir o andador que necesita. No cole de Leiro estará a caixa onde podemos botar todos os que vaiamos recollendo nas nosas casas. 
 
Na listaxe de abaixo podedes comprobar que tipo de tapóns serven, por se houbese algunha dúbida. Ou picando aquí.

LISTADO ACTUALIZADO A 3 DE OCTUBRE DE 2.012 DE ACUERDO A CRITERIOS MAS RESTRICTIVOS DE LAS FABRICAS DE RECICLAJE POR LOS CUALES SOLAMENTE SE ADMITEN TAPAS Y TAPONES, NUNCA ENVASES:

1- Tapones de botellines de agua, Coca-Cola, refrescos...
2- Tapones de detergentes tipo Norit.
3- Pistolas de limpiadores tipo KH-7, Cristasol.(siempre que se retiren los muelles y partes de metal)
4- Tapones de limpiadores tipo Pronto.
5- Boquillas de productores que se pulverizan del tipo Toke.
6- Boquillas tipo sifón de Mistol Concentrado.
7- Tapas de queso fundido tipo Filadelfia (si llevan la pegatina retirada)
8- Tapas de plástico de botes de pintura para pintar paredes.
9- Tapas de plástico de botes de suplementos para culturistas tipo Nitro-Tech.(sin pegatinas)
10- Tapones de los dispensadores Ketchup y Mahonesa de las que se utilizan en hamburgueserías.
11- Tapones de pastas de dientes.
12- Tapones de desodorantes de roll on tipo Dove.
13- Tapas de Coca-Cola y refrescos que se utilizan en los Burger King y Mc Donalds para tapar los vasos de esas bebidas.
14- Tapas de tuppers para llevar comida.

15- Tapón de tetra-briks de leche y también la boquilla siempre que no tenga restos de carton del brik.
16- Tapa de los polvos de talco.
17- Tapa de la cajas de chicles Orbit.
18- Tapa de cajas del tipo de toallitas Dodot.
19- Tapa de los pintalabios.
20- Tapas de botes del tipo Eko, Nescafé, Cola Cao, Nesquik.
21- Tapones de bolis Bic y Rotuladores.
22- Tapas de recipientes tipo Queso Burgo de Arias.
23- Pegamento de barra tipo Pritt
24- Vasitos dosificadores de medicamentos
25- Tapones de los bolis de insulina para diabéticos.
26- Tapas de leches infantiles tipo Milupa.
27- Tapas de potitos "cocina mediterranea" de Hero Baby
28- Tapas de frutas Naturness de Nestle.
29- Las cápsulas de tapar las jeringas.
30- Las tapas de los chupetes que se utilizan para que no se manchen.
31- Las tapas de los regalices tipo Zara.
32- La tapa del envase de mascarilla de Delyplus.
33- La tapa de los tapers para llevar comida de los chinos.
34- Tapones de bombonas de butano.
35- Tapones de suavizantes.

36- Tapones de los botes de espuma para el pelo.
37- Tapones de las gominas del pelo.
38- Tapones de los botes de espuma de afeitar tapones.
39- Tapones de champús y geles de baño.
40- Tapones de las cremas hidratantes.
41- Tapones de los enjuagues bucales.
42- Tapones de los botes de nata en spray.
43- las tapas de los botes de especias.
44- Tapas de los recipientes en los que reciben las chuches al por mayor las tiendas.
45- Tapa, rosca y tapa grande los biberones.
46- Capuchas de cepillos de dientes.
47- Los recipientes similares a los de los huevos Kinder en los que se guardan los guantes de los tintes de pelo.
48- Tapas que utilizan algunos pendrive.
49- Tapas de pates La Piara.
50- Tapas de membrillo tipo Don Quijote.
51- Tapones de cremas solares
52- Tapones de botellas de aceite de oliva, girasol...
53- Tapones de botellones de aceite de coche tipo Repsol

HOXE MERENDAMOS...ROLO VEXETAL!


Coas leitugas que plantamos coa profe Ana na horta como ingrediente estrela, fixemos un ROLO VEXETAL para merendar hoxe en Leiro. A receita é sinxela: só necesitamos unha plancha de biscoito e ir engadindo o resto dos ingredientes por capas: queixo de untar, xamón cocido, atún, queixo en lonchas e leituga. Cando  os temos todos e con moito coidado, enrolamos o biscoito e envolvémolo con papel de aluminio ou film. Deixámolo reposar ata a hora da merenda (unha horiña e media) e logo cortamos e servimos. Houbo a quen lle encantou e non deixou nadiña, outros apartaron a leituga (que terá o verde que ten tan poucos amigos?) e outros miraban para o seu prato con cara de susto. Pero todos probamos, que é o que conta e algún ata descubriu que lle gustaba! Aquí vos deixamos algunha foto. Na GALERÍA subiranse moitas máis. Probade a facelo na casa cambiando algún ingrediente e xa nos diredes a receita do rico que vos saiu.

luns, 25 de febreiro de 2013

O PELELLIÑO PALLASO

Un novo Pelelliño de Anxo Fariña veu visitarnos ao cole: PELELLIÑO PALLASO. Canto rimos coas aventuras dos Pelelliños no circo: pallasos que se tiran pasteis, leóns que quedan durmidos e elefantes que limpan todo coa axuda da súa trompa. Benvidos ao circo dos...PELELLIÑOS!!!!

domingo, 24 de febreiro de 2013

24 DE FEBREIRO: ALBORADA PARA ROSALÍA DE CASTRO






Hoxe, 24 de febreiro, grupos de gaiteiros de toda Galicia están chamados para dar unha Alborada de gloria a Rosalía de Castro no aniversario do seu nacemento. Na prensa recóllese este chamamento en diferentes artigos e na páxina http://rosaliadecastro.org/ podemos atopar toda a información: manifesto, letra e partitura da Alborada, a súa historia...




martes, 19 de febreiro de 2013

O CAMALEÓN DE TONI

Hoxe Toni trouxo a mochila viaxeira de volta á biblioteca de Leiro e traía unha sorpresa para amosarnos: un CAMALEÓN!!. Fíxoo na casa cunha pinza da roupa, pinturas, papel e plastilina a partir dunha idea que viña nun dos moitos libros que van na mochila: JUGANDO CON PINZAS.
Moitas grazas a Toni e á súa familia por compartilo con nós. Quedouvos precioso!!

WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ



 
Na biblioteca de Leiro agardábanos un conto moi especial: WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ. Unha historia de esperanza desde KENIA na que as árbores e as mulleres cobran protagonismo desde a primeira páxina. WANGARI MAATHAI recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 2004. 
Picade no título se queredes ler o conto. A nós gustounos moito!
Máis información sobre a Premio Nobel da Paz, WANGARI MAATHAI.


venres, 15 de febreiro de 2013

JUANITA VÉN XOGAR CON NÓS: FOTOGRAFÍA DE CHEMA MADOZ

 
 
 
Hoxe, á volta do patio, pareceunos escoitar un ruido que viña da zon a da biblioteca. A profe mirou e agachadiña nunha bolsa estaba...JUANITA!! Canto tempo desde a súa última visita! Que ganas tiñamos de vela. Como xa sabíamos que para xogar con ela había que respectar as normas de xogar a pensar, axiña as lembramos: sentar en círculo, escoitar, falar, erguer a man para falar, pensar coa cabeciña, respectar aos demais e pasalo ben.
 
 
Démonos a man para facer unha roda, sentamos en círculo e Iria lembrounos que mellor poñer as pernas como o Escriba sentado, para así estar máis cómodos. Juanita estaba preparada para amosarnos o que nos trouxera na súa bolsa. Que é? Unha foto!
 
A profe preguntounos: que aparece na foto?
Varios: Unha pipa!!
Ar: Unha pipa. Unha pipa do Apalpador!!
Ne (repite): Unha pipa do Apalpador!
Prof: Ímola mirar un pouco mellor, a ver que vos parece.
Ar: Me parece un tobogán.
F: Es una pipa, eh?
Ar: Un tobogán
F: No, porque arriba no se puede entrar.
Varios: Unha pipa.
Prof: Seguro? Ad., que é isto?
Ad: UNha pipa do Apalpador.
Prof: Que será, Jo.?
Jo: Unha pipa do Apalpador.
Prof: Agora ímonos fixar outra vez porque esta pipa ten algo por aquí, por aquí arriba. A ver que ten...Que ten por aquí arriba?
Ar: Ten un pao de pipa.
W: Tiene unos agujeritos.
Prof: A ver, escoitamos o que dixo W., que ve el por aquí arriba?
Varios: Agujeritos!
Prof: E as pipas que vós coñecedes teñen buratiños?
Varios: Siii
Prof: Si? Teñen buratos?
J: Ten agujeros, como as flautas.
F: Una flauta-pipa!
Ar: É unha flauta-pipa!!
Prof: Primeiro dixemos que era unha pipa, unha pipa do Apalpador. Pero despois W. dixo que tiña buratiños e entón cos buratiños J. dixo que parecía unha frauta. E logo F. dixo que era unha frauta-pipa.
F: Una flauta-pipa es que se parece a una flauta y a una pipa.
Prof: E para que serve unha frauta-pipa?
Ar: É para poñer esta punta na boca (sinala a boquilla).
Prof: E que fas con ela?
Ar: Pois soplo e faise unha pompa e despois baixa por aquí e convértese e saen nubes. (polo burato grande)
Prof: Como funciona esta pipa?
F: Yo creo que es una flauta-pipa. Yo creo que si soplas por aquí (sinala a boquilla) sale música y por aquí (burato grande) sale la música y le pones los dedos por los agujeros.
Prof: Ahhh, sae música...
To: Soplo "tititi" y sube así.
Prof: S., para que serve?
S: No sé.
L: Parece una carretera.
Prof: Como funciona, At.?
At: No sé
W: Va por aquí (por arriba) una nube azul y sale por aquí (por abajo)
Prof: Dixéchedes que era unha frauta-pipa. Cando sopramos unha frauta, que sae?
Varios: Música!!
Prof: E desta frauta-pipa sairá música?
Varios: Siiii.
Prof: Que música? A ver, escoitade a ver se sae. Escoitade... (Todos calan e escoitan) Sae música?
Varios: Siii.
Prof: E que música?
Ar: Eu non escoitei nada.
Prof: A ver, escoitade. Que música sae, To.?
To: Tututu (poñendo as mans coma se tocase unha frauta).
Prof: Imos pechar os ollos para escoitar mellor a música. A ver, To., como fai?
To: Tututu, tututu
Prof: Iri, Jo., como fai?
Iri: Mmmmmm
J: Tututuuuu
Prof: Que ben soa! Imos tocar todos a ver como soa a nosa música.
Todos tocamos, cada un ao seu xeito, e soa ben!: Mmmmm, tutututu, titititi...
Prof: Que ben soa a frauta-pipa! De quen será??
Todos: Do Apalpador!!!! (E póñense todos a chillar cada vez máis alto)
Prof: Ohhh, non podemos chillar así, que Juanita se asusta!!
W: Lo siento, Juanita...!
Varios: Perdona, Juanita, perdona.
(O ton de voz volta á normalidade)
Prof: Alguén de vós ten unha frauta-pipa na súa casa?
Varios: Nooooon
Prof: E unha pipa?
Varios: Nooooon
Prof: E unha frauta?
Varios: Yo si!
To: Papi sí.
 
O diálogo remata e Juanita quere saber se nos gustou o que nos trouxo para xogar a pensar. Ten un cartel con cariñas e vainos ir chamando de un en un para que toquemos a cariña vermella se non nos gustou nada o que fixemos. A cariña verde se nos gustou regulín-regulete e a cariña amarela se nos gustou moito.
 
Ar: A amarela, a amarela!!!


 
A profe pega o cartel na pizarra, Juanita vai chamando e de 19 que estamos hoxe, a 4 non lles gustou o que fixemos, a 1 regular e a 14 gustoulles moito.
Despedímonos de Juanita cunha chea de bicos voadores ata a seguinte visita. Chao Juanita e grazas por vir xogar con nós!!
 
 

xoves, 14 de febreiro de 2013

MARILUZ AVESTRUZ

Este divertido libro fálanos doutro animal que atopou Félix en Kenia: a avestruz.
No vídeo podedes ler o conto de MARILUZ AVESTRUZ e ao mesmo tempo aprender a súa canción.
 
 
 

O NOSO RECUNCHO DE KENIA MEDRA

Pouco a pouco van chegando ao cole libros, atlas, peluches, información de internet, fotos... para ir argallando o RECUNCHO DE KENIA. Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración.


sábado, 9 de febreiro de 2013

FESTA DE ENTROIDO


O venres celebramos a FESTA DO ENTROIDO en Leiro. Este ano o tema que eliximos foi KENIA e cada aula foi disfrazada de algo relacionado con este país. En SISÁN foron de CEBRAS, en LOIS de LEÓNS, en LEIRO de GUEPARDOS e en RIBADUMIA de FOTÓGRAFOS DE SAFARI. Cantamos (unha canción preciosa que aprendemos co profe Felipe e que podedes escoitar e cantar no vídeo de abaixo), xogamos, disfrazámonos, bailamos, fixemos un pasarrúas, merendamos as especialidades de Entroido que fixeron as familias dos nenos e nenas de 3 anos e xogamos co paracaídas. Unha mañá na que o tempo acompañou e que disfrutamos xuntos. Agora toca disfrutar das vacacións de Entroido en familia. Vémonos o xoves 14 de febreiro no cole!

 

xoves, 7 de febreiro de 2013

XOVES: UN BIGOTE PINTADO

 
 
Como o de Dalí, de pirata, como o dun gato, como o dun león, de coelliña... cada un elixiu o bigote que máis lle gustou para pintar na cariña. E despois tamén o pintamos nas nosas fotos. Na variedade está o gusto! Mirade que guapos!
 
 

mércores, 6 de febreiro de 2013

EL SUEÑO DE DALÍ

 
 
 
Xa sabemos máis cousiñas de DALÍ. Naceu en Figueras (Barcelona) o 11 de maio de 1904. Era catalán. Falamos do día que nacemos cada un, que é o día do noso cumple e de que nós somos galegos porque nacemos en Galicia. A Dalí gustáballe moito pintar soños. Mirade este vídeo, que nos gustou moito: El sueño de Dalí.
 
 
 
 

HAY CASAS

 
"Hai casas pequenas pero co corazón grande,... hai casas que convidan a entrar,... hai casas rodantes inquedas e cheas de liberdade...pero como a miña casa ningunha!". Hoxe no cole contamos e miramos este fermoso album para rematar falando das nosas casas: onde están, se son grandes ou pequenas, se teñen ou non xardín, que vemos desde a ventá... Hay casas.
 
 
 
 
 

MÉRCORES: UNLLAS PINTADAS

A ver se sabedes de quen son estas manciñas coas unllas pintadas de cores! Cada día vimos máis guapos!!
 

martes, 5 de febreiro de 2013

PEQUEÑA MASAI

É o título do conto que nos agardaba hoxe na biblioteca de Leiro. As tribos masais viven en KENIA, teñen a pel da cor do chocolate, visten de cor vermella e levan adobíos e colares de moitas cores. A nosa PEQUENA  MASAI do conto ten moitos amigos animais alí en KENIA. Pero teñen que andar con coidado porque un home cunhas tesoiras moi grandes anda na procura de elefantes para cortarlles os colmillos e facer caixas, colares e aneis. Na procura de rinocerontes para facer mangos de coitelos e na procura de crocodilos para facer bolsos e zapatos coa súa pel. Coa axuda da pequena Masai seguirán a salvo.
 
 

COÑECENDO A SALVADOR DALÍ

Como xa sabedes, para conmemorar o DÍA DA PAZ fixemos un mural baseándonos no cadro de DALÍ: A ROSA MEDITATIVA. De tanto falar del, picounos a curiosidade e quixemos saber máis cousiñas deste xenial artista. Na biblioteca de Leiro atopamos dous libros que falan de DALÍ e da súa obra. Chamounos moito a atención o seu bigote e os ovos xigantes que puxo no tellado da súa casa-museo. Pouco a pouco seguiremos investigando sobre el. A ver que descubrimos, xa vos contaremos.
 

MARTES: UNHA FLOR NA ROUPA

 
Flores de todos os tamaños e cores encheron a nosa escola hoxe: naturais, de plástico, de papel, tecidas... cosidas ou pegadas. Calquera tipo valía. Mañán engadimos as unllas pintadas!

LIBRO DOS DISFRACES

Cun catálogo de disfraces (custou atopalo, que coa crise xa non os fan) e as nosas fotos, eliximos cada un o disfrace que máis nos gustou e a profe disfrazounos para facer un libro. A nós gustounos moito, é moi divertido!! A ver se nos coñecedes!
 
 

luns, 4 de febreiro de 2013

LUNS: ALGO NA CABEZA

 
Cabelo de pallaso, orellas de reno, rastas, sombreiro de equitación, antenas, plumas de india, corniños de demo...calquera cousa nos valeu hoxe para botar unhas risas mirándonos uns aos outros e a algún para perder a vergoña que lle daba poñer o seu adobío. Ata o sol saíu para ver o guapos que estabamos. Benvido Entroido!!!