Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 29 de febreiro de 2016

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Un ano máis celebramos no CRA a Xornada de Portas Abertas na que están convidadas todas as familias con nenos e nenas que comezan o 2º ciclo de Educación Infantil para o vindeiro curso. Comezamos coñecendo as escolas e rematamos a xornada en Leiro, percorrendo as instalacións e disfrutando do conto A Ratiña presumida. Agardamos que disfrutárades desta xornada e agardámosvos o curso que vén na nosa escola. 
A partir de mañán e ata o 29 de marzo podedes entregar a vosa solicitude de admisión. Benvid@s ao CRA de Ribadumia!



29 DE FEBREIRO

Hoxe, 29 de febreiro, é un día especial. Só cada catro anos é ano bisesto e febreiro ten 29 días. 2016 é ano bisesto e ten 366 días. O seguinte ano bisesto será entón no 2020. Google adícalle o seu doodle hoxe cuns coelliños que nos gustaron moito. Picade na imaxe para saber máis sobre por que existen os anos bisestos.








xoves, 25 de febreiro de 2016

OLIVER E HUGO TRAEN CUNCHAS AO COLE




E díxonos como había que pasalas pola cariña para notar a súa suavidade. Moitas grazas Oli! Gustáronnos moito!


E Hugo foi á praia recoller unha chea de cunchas. Agora xa sabemos como é a parte plana da cuncha de vieira. Moitas grazas, Hugo!

mércores, 24 de febreiro de 2016

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Un ano máis celebramos o aniversario do nacemento da poeta Rosalía de Castro. No 2016 fai 179 anos! No cole escoitamos a canción de Uxía, Rosalía pequeniña e ilustrámola: Rosalía fada, Rosalía pirata, Rosalía poeta...







Tamén limos o poema Parece unha rosa. Picade na imaxe para escoitalo.




















martes, 23 de febreiro de 2016

AVENTURA EN CANARIAS

Picade na imaxe para xogar!



PINTADERAS CANARIAS


As pintaderas canarias son uns dos elementos máis populares da arqueoloxía canaria. Os aborixes as usaban para adornar os seus corpos ou selar as propiedades familiares dentro dos graneiros colectivos. Elaboradas en barro cocido ou madeira, están decoradas con motivos xeométricos.




Guanche canario (pica na imaxe para saber máis)




DICIONARIO DE CANARISMOS

En Canarias empregan moitas palabras diferentes ás que empregamos nós. Xa coñecemos tres: GUAGUA, CHOLAS e PAPAS. Se queredes aprender máis mirade no enlace da Academia Canaria de la Lengua.




venres, 19 de febreiro de 2016

LUCÍA E BREIXO TRAEN TESOUROS DO MAR

Vaia sorpresa hoxe cando na entrada Breixo e Lucía apareceron cunha chea de tesouros para amosarnos. O seu pai traballa no mar e como sabe que andamos a voltas coa bichería que vive na nosa ría trouxo para poder observar no cole un ourizo de mar, unha esponxa, un caranguexo ermitaño, un coral cunha alga longuísima, ostras... Moitas grazas á familia de Lucía e Breixo! Quedamos abraiados!





mércores, 17 de febreiro de 2016

PLAN PROXECTA: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Ao longo deste curso estamos desenvolvendo un proxecto sobre hábitos de vida e alimentación saudables dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación. Hai xa un tempo que coñecimos un grupo de amigos, Os Arroases, que grazas a que descubriron as propiedades (forza, visión, intelixencia, axilidade...) que lles aportan os peixes como a sardiña, o mellixón, a troita, a pescada...están a protagonizar unha chea de aventuras. Se queredes ler a primeira aventura picade aquí.




Acompañados por Luís, o patrón do Mascato, aprenderán como funciona o peirao, a lonxa, o traballo da xente do mar e adquirirán hábitos de alimentación e vida saudables que os axudará a afianzarse como grupo e a medrar como persoas.



Un dos Arroases, Serxio, é un apaixoado dos mexillóns. Falamos na clase de que os mellillóns son moluscos bivalvos (que teñen dúas cunchas) comestibles e Rodrigo, ao día seguinte trouxo unha chea de cunchas diferentes. E así é como estamos na nosa clase comezando a nosa colección de cunchas. Se mellora o tempo e podedes ir á praia a buscar algunha, traédeas ao cole para poder observalas e clasificalas!


VOLCÁNS DE CANARIAS










O arquipélago canario ten orixe volcánica. Nas Illas Canarias podemos visitar unha chea de volcáns que nalgún momento entraron en erupción e foron formando cada unha das illas. Agora os volcáns están durmidos pero puidemos ver vídeos onde aparecía o Teneguía, na illa de La Palma, o último que entrou en erupción nos meses de outubro-novembro do ano 1971. O máis famoso é o Teide, na Illa de Tenerife, considerado o pico máis alto de España con 3.718 metros.





SORRISO DE PLÁTANO




Cun plátano de Canarias por sorriso e unha chea de recortes fixemos uns retratos para o noso particular museo. Cando chegou a profe Montse a visitar as obras de arte, cada artista fixo de guía da súa creación, contándolle como o fixera, que materiais empregara... Ao final da visita o museo tiña unha sorpresa para a nosa querida visitante: un plátano de Canarias! que cortamos en anaquiños e compartimos antes de marchar.



xoves, 11 de febreiro de 2016

QUESADILLAS HERREÑAS


Doce típico da illa de El Hierro, coñecimos as quesadillas porque saían na canción Adivina lo que es. Ninguén sabía que eran, así que houbo que investigar e atopamos a receita neste enlace do blog Recetas canarias y lo que surja. No vídeo pequerrechiño vimos como as metían no forno. Se alguén se anima a facelas na casa, non esquezades traernos a proba!


venres, 5 de febreiro de 2016

FESTA DE ENTROIDO: FANTASÍA CANARIA

O noso disfrace deste ano quixo ser unha homenaxe ao Carnaval canario. Debeu de ser por iso que fixo un día de sol precioso! Na Casa da Cultura de Ribadumia bailamos, fixemos un antiface e contamos contos. Despois xogamos no patio mentres preparaban a merendola que trouxeron as familias dos nenos e nenas de tres anos (moitas grazas!!) e ao acabar... disfrazámonos!! Aproveitando o bo tempo fixemos un desfile polas rúas no que nos acompañaron as familias e amigos que fomos atopando polo camiño! Rematamos xogando co paracaídas e voltamos. Unha xornada de festa na que o pasamos fenomenal. Moitas grazas ás mamás que participaron vindo disfrazadas!! Agora a seguir disfrutando destes días de troula e vémonos no cole á volta, o xoves 11 de febreiro.